Skip to Content

Botella da Calma

A botella da calma é unha ferramenta que axuda os nenos e nenas  a ser capaces de parar un momento no seu ocupado día. A botella (ou bote de vidro) ten flocos de purpurina que  ó axitar se aceleran (como os nosos pensamentos e emocións cando estamos nerviosos, irritados ou asustados) e que deixando a botella, os flocos comezan a moverse cada vez máis lento para asentar no fondo. Polo tanto, sempre que facemos esta actividade con eles, é importante explicar isto, para que comprendan que, igual que a botella,  nos tamén podemos estar axitados ou tranquilos. Podemos explicarllo deste xeito:

"Unha vez que a nosa botella está axitada podemos preguntar: Que lle pasa? Unha resposta pode ser que o brillo se move moi rápido fóra de control!

 E seguimos preguntando: Nos vos pasa algunha vez que perdedes o control e vos veñen moitos pensamentos a cabeza, respirades moi forte e tendes o impulso de movervos máis rápido, pegar ou berrar?

Cando vos digan que si, podedes preguntar en que situacións lle pasou e se non din nada poden poñerse exemplos para axudarlles a situarse, por exemplo: cando vos enfadades e tendes ganas de tirar cousas, ou berrar moi alto, ou dicir cousas que realmente non sentides a  alguén ... tamén cando estades nerviosos para ir ao médico, unha nova excursión ou moitísimas gañas de facer algo e non vos chega a hora ...  o voso corazón vai máis rápido e a respiración tamén se acelera tan rápido como flocos de purpurina en movemento.

Cando xa explicastes isto, e o entenderon (non vos preocupedes si as primeiras veces os pequenos non se quedan ben coa historia, coa práctica irano comprendendo), dicímoslles que ante estas situacións hai cousas que nos axudan a calmarnos, a facer máis lenta a respiración e o latido do noso corazón. A isto chámaselle autocontrol. O igual que os copos da botella se calman cando a deixamos quieta, ós nosos sentimentos e emocións pásalles o mesmo. Imos probar!

Axitamos a botella e pousámola. Agora miramos como a purpurina se vai relaxando ata que queda toda no fondo. Vistes? Se darnos conta xa estades máis relaxados, igual que a purpurina!

 

 



page | by Dr. Radut