PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019/2020.

 

 

Rematado o prazo para presentar solicitudes de admisión, as demandas non superan as vacantes ofertadas, polo que NON SERÁ PRECISO BAREMAR

 

 

 

 

Calendario do procedemento de admisión e matrícula

 Os prazos previstos na normativa vixente son os que se indican a continuación:

1. Reserva de praza no centro de orixe: 1-15 de febreiro.

2. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

 Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

3. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

 Se non se formaliza a matricula, pérdese a vacante adxudicada e pérdese a praza escolar do centro educativo no que estaba matriculado o alumno/a anteriormente.

 As familias poden consultar o estado de tramitación das súas solicitudes:

-A través da aplicación “admisiónalumnado” (htpp: www.edu.xunta.es/admisionalumnado

-Utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

 Prazo de presentación da solicitude de admisión.

 O prazo de presentación das solicitudes de admisión será do 1 ao 20 de marzo, ambos os dous inclusive.

 Documentación.

1. A SOLICITUDE: será única e terá carácter vinculante.

O impreso será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e poderá descargarse da páxina web da consellería.

Irá dirixida á dirección dos centros públicos e presentarase no centro indicado en primeiro lugar.

Cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia.

A solicitude debe cubrirse totalmente, sen enmendas ou correcións.

A solicitude terá que estar asinada por calquera dos/titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a firma de ambos os dous  proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles

2. A solicitude de admisión deberá ir acompañada da documentación acreditativa do requisito de idade: Fotocopia do LIBRO DE FAMILIA/DNI (presentar o orixinal para poder compulsar a copia).

3. No caso de separación ou divorcio será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a fotocopia da RESOLUCIÓN XUDICIAL correspondente para a súa comprobación polo centro educativo (presentar o orixinal para poder compulsar a copia).

4. No caso de denegar a comprobación de datos por parte da administración, achegaránse fotocopias dos DNIs do solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

Se houbera máis demandas de solicitudes que vacantes ofertadas, haberá que presentar a DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE

BAREMO (10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión):

-Irmáns no centro - Renda da unidade familiar -Familia numerosa

-Traballar no centro - Discapacidade -Familia monoparental

-Proximidade do domicilio familiar ao centro / Proximidade do lugar de traballo ao centro

-Criterio aprobado polo Consello Escolar do Centro: domicilio na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (1 punto).

Normativa reguladora.

 Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 

- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de  educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Postos escolares vacantes .

As vacantes existentes no centro, para o curso 2019/2020 son as seguintes:

4º de Educación Infantil (3 anos): 22, máis 3 reservadas para alumnado con neae.

5º de Educación Infantil (4 anos): 1

6º de Educación Infantil (5 anos): 12

Servizos ofertados.

A EEI O Areal conta con tres aulas do segundo ciclo de Educación Infantil:

4º de E. I. – nenos/as de 3 anos

5º de E. I. – nenos/as de 4 anos

6º de E. I. – nenos/as de 5 anos

O equipo docente está composto por:

- 4 mestras especialistas en Educación Infantil,

- 1 mestra especialista en Lingua Inglesa

- 1 mestra especialista en Audición e Linguaxe

- 1 mestra de relixión católica, ven 3 horas á semana desde o CEIP de Fontes-Bahíña.

- 1 orientadora, ven un día á semana desde o CEP de Sabarís.

O horario escolar é de xornada continuada de mañá: de 9:00 h. a 14:00 h.

A EEI O Areal comparte o transporte escolar co CEP de Sabarís.

A ANPA da escola organiza as actividades extraescolares, durante a tarde.

A zona de influencia da EEI O Areal é a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, en Baiona, ata a curva do manco.

A EEI O Areal está adscrita  ao CEP de Sabarís.