Skip to Content

AUDIOCONTO "AS PITAS BAIXO A CHOIVA"

Como comentamos na entrada das Letras Galegas, tiñamos preparado un audiconto adaptado para traballar neste día especial. Aquí tedes a versión que podedes descargar a través da seguinte ligazón ou entrando na aula virtual da escola.

https://drive.google.com/file/d/1661GaS5OHROmjZiTgBBvqi3dWq47TRKT/view?usp=sharing

Animámosvos a que despois de escoitar o conto fagades algunha actividade libre (manualidade, debuxo, etc…) e no la enviedes ao correo da escola. A nós encántanos ver os traballos que realizadas nas vosas casas!

LETRAS GALEGAS 2020

Como xa sabedes, cada 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas. Ese foi o día no que se publicou o libro de poemas Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. Agora, cada ano nese día, homenaxéase a un escritor ou escritora en lingua galega.

 

Este ano o homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero.

Debido á situación excepcional que estamos a vivir, non podemos realizar as actividades que cada ano desenvolvemos na escola co gallo deste día. Pero queremos achegarvos igualmente unha serie de recursos que vos poden axudar na casa a coñecer un pouco a vida e obra de Ricardo:

https://drive.google.com/file/d/1PIrlDQ6Xo5mT8Mpw855V9m_69jcKORn0/view?usp=sharing

 

Ademais destas actividades, en breve poderedes ver na nosa web unha adaptación do conto “As pitas baixo a choiva”, de Ricarllo Carvalho Calero, realizado polas mestras da escola. Ademais animarémosvos a que realicedes algunha actividade relacionada co audioconto.

 

E para rematar, publicaremos nas nosas plataformas as fermosas pegadas en galego que nos estades a enviar estes días. Como xa vos adiantamos, queremos achegalas ao maior número de persoas posible, xa que nos permiten espallar o noso agradecemento infinito, a través da nosa lingua, a toda esa xente que nos axuda nestes difíciles momentos.

ESCOLA DE LECTURA VIRTUAL

A través do pazo da cultura de Pontevedra, ofrécense 6 charas para darvos ferramentas que fomenten o amor polos libros e a creatividade nos vosos fillos/as. Realízanse mediante o salón do libro virtual todos os venres ás 18:00 horas.

Podedes acceder facendo click neste LIGAZÓN.

DÍA MUNDIAL DA DANZA

Hoxe é o día mundial da Danza, deixámosvos na seguinte ligazón unha proposta do Pazo da Cultura de Pontevedra.

A CIDADE DOS NENOS E DAS NENAS

Dende a Alcaldía de Baiona, fannos chegar a seguinte proposta. Que os nen@s conten a través do medio que lles sexa máis doado a súa experiencia no primeiro día de saída á rúa (debuxos, imaxes, vídeos...). Dita proposta ven máis detallada na carta titulada: A cidade dos nenos e das nenas, que vos axuntamos. Podedes descargala dende a aula virtual da escola no curso denominado MATERIAL INFORMATIVO DA ESCOLA.

NORMAS PARA SAÍR COS NEN@S

SEMANA DO LIBRO_DÍA 5

A última idea para a semana do libro é: "Non hai berce coma o colo". Unha proposta diferente e orixinal, que acompaña as súas verbas con música.

Deixámosvos AQUÍ o acceso á un dos arrolos da obra.

 

NOVIDADES NO BLOGUE DA BIBLIOTECA

Tedes novidades no blogue da biblioteca "Os tesouros de Tontón". Podedes acceder facendo click na imaxe do borde esquerdo da web.

SEMANA DO LIBRO_DÍA 4

O conto de hoxe é "Pétala". Este ano empregamos este conto no segundo trimestre relacionándoo coa auga.

Deixámosvos o corto que relizou a escola no ano 2013 co que participou no plan Nós tamén creamos. Podedes velo AQUÍ.

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!

#23 de Abril.

CONCURSO RELATO CURTO "O enxeño engaiolado"

Dende a Biblioteca de Baiona achégannos a seguinte información para participar nunha iniciativa polo día do libro.

"Estimad@s lectores/as, hoxe 23 abril, como ben sabedes, é a data promovida pola Unesco para conmemorar o Día Mundial do Libro e Dereitos de autor, xa que ese día, do ano 1616, faleceron: Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

En Baiona organizamos para celebralo, un concurso de relato curto.

Como tod@s estamos sufrindo o confinamento, imos aproveitar o tempo e o igual que outros escritores:

Cervantes no seu encarceramento en Arxel, Óscar Wilde en Londres ou como Unamuno ou Miguel Hernández que dende a cárcel de Torrijos (Madrid) escribiu «Nanas da Cebola», animarvos a agudizar o enxeño e a participar neste concurso de relato curto "O enxeño engaiolado", convocado pola Concellería de Cultura e o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona, para este ano 2020.

Anímadevos a participar, un cordial saúdo."

BASES DO CONCURSO:

1. Poderán participar neste concurso persoasmaiores de 16 anos.

2. As obras presentadas serán relatos breves, de entre 1500 e 4500 palabras, en galegooucastelán, e terán como tema, central ou colateral, a biblioteca, o libro ou a lectura.

3. Presentaránse a dobreespazo, en Arial 12.

4. Os orixinais enviaranse por correo electrónico (biblioteca@baiona.org), en formato PDF e asinadosbaixo pseudónimo.

5. Os datos correspondentesao pseudónimo (nome e apelidos, DNI e número de teléfono) enviaransenun segundo arquivoaomesmo correo electrónico (biblioteca@baiona.org).

6. O prazo de admisión de obras comenzará o día 24 de abril de 2020, e rematará o 24 de xuño de 2020.

7. As obras non poderán ter sido premiadas en ningún outro concurso nacional o internacional, serán orixinais e inéditas.

8. Valorarase tanto a calidade literaria como as dotes creativas do autor ou autora.

9. O xurado estará composto por especialistas no ámbito bibliotecario e literario.

10. Concederanse 3 premios, consistentes en cheques-libraría por valor de 100, 200 e 300€. Canxeables en librarías de Baiona ata o 31 de decembro de 2020. Cada premio deberasecanxearde xeito íntegro na libraría que o gañador escolla.

1º Premio: 300 €

2º Premio: 200 €

3º Premio: 100 €

11. As obras gañadoraspublicaranse na páxina Web do Concello de Baiona.

12. O fallo do xuradofarase público no Concello de Baiona e na  Bibliotecao día 30 de xuño de 2020. Ese mesmo día comunicarase a forma de entrega dos premios.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut