Skip to Content

INFORMACIÓN BÁSICA CURSO 2020 / 2021

Deixámosvos na aula virtual e na seguinte ligazón o PDF da información básica para o desenvolvemento do curso 2020/2021.

.

PAUTAS PARA O VERÁN A.L.

PAUTAS PARA A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE NA CASA DURANTE O VERÁN

➔ Desenvolver as capacidades comunicativas do neno/a FALÁNDOLLE e ESCOINITÁNDOO/A atentamente, sen interromper e contestando as súas preguntas.

➔ ENSINARLLES A RESPECTAR OS TURNOS DE CONVERSA. Non falar ao mesmo tempo que o neno/a, esperar a que remate.

➔ FALAR DESPACIO E DE FORMA CLARA. Non empregar frases moi complexas nin abusar de diminutivos.

➔ NON SOBREPROTEXELO/A porque tenden a utilizar poucas palabras:

◆ Non darlle as cousas se só as sinala cando realmente pode pedilas con algunha palabra.

◆ Tampouco darlle as cousas cando as pide con frases incompletas se é capaz de dicilo mellor.

◆ Non respostar por el/ela aínda que a súa linguaxe sexa pouco comprensible.

◆ Deixar que se exprese libremente.

➔ NON SER EXCESIVAMENTE CORRECTORES E ESIXENTES. Corrixir de forma indirecta, dándolle o modelo correcto.

➔ Cando o neno/a sexa capaz de expresarse con palabras, axudarlle a PRODUCIR FRASES CURTAS engadindo máis palabras.

➔ Debedes acostumalos a ser INDEPENDENTES, vestirse e espirse sós, comer, bañarse, recoller xoguetes… (poden facer moitas cousas se se lles deixa aprender).

➔ PODEDES FALARLLES SOBRE PERSOAS, OBXECTOS E FEITOS que estén presentes no momento, aproveitando calquera situación cotidiana (baño, comida, vestido, paseo, xogo…)

➔ REALIZAR ACTIVIDADES CONXUNTAS. Elixir algo para facer xuntos, canto máis novidoso mellor. Por exemplo: facer un puzzle, ordenar un caixón, facer un bocadillo, encher a bolsa da praia… Non importa como saia a tarefa senón compartir ese momento. Evitar dar ordes, senón realizar preguntas abertas: ¿Donde o poñemos?, ¿Agora que facemos?...

➔ PRACTICAR XOGOS DE ESCOITA: ler contos, imitar o son de animais, cantar cancións, facer xogos de adiviñas a partir de descricións dun obxecto (ex: é unha froita vermella e redonda) ou da súa función (serve para escribir). ➔ XOGAR A: “veo-veo”, adiviñar os sons que escoitamos, facer ximnasia coa lingua (praxias linguais), poñer caras feas, dicir nomes de obxectos que aparecen nun debuxo, agrupar obxectos por familias (froitas, xoguetes, alimentos, roupa…) E O MÁIS IMPORTANTE Estar sempre dispoñible para comunicarvos co voso fillo/a, facéndolles sentir o voso interese polo que vos quere dicir, prestando atención e valorando as súas vivencias, acercándovos o máximo posible ao seu mundo. 

BO VERÁN!

 

PD. Tedes o PDF no curso MATERIAL INFORMATIVO na aula virtual da escola ou facendo clic AQUÍ

CAMPAMENTO VIRTUAL DE VERÁN CON AFUNDACIÓN

Afundación propón un campamento virtual na casa de balde con numerosas actividades que darán comezo o vindeiro 22 de xuño.

Entre outras actividades tedes:

- Talleres musicais con Mamá Cabra.

- Obradoiros de teatro.

- Cociña de verán.

- Obradoiros de plástica e instrumentos musicais.

Podedes consultar toda a información facendo clic AQUÍ

DOCUMENTOS DE INTERESE

Familias, tedes na aula virtual da escola no curso MATERIAL INFORMATIVO dous documentos de interese.

O primeiro son unha serie de recomendacións do paso de Educación Infantil á Educación Primaria, elaboradas polo Departamento de Orientación do Areal.

E o segundo documento é un caderno de actividades para desenvolver en familia. Consta de variados recursos de gran interese para os pequenos/as, xogos, contos, relaxación...

FORMALIZACIÓN DE MATRICULA

Os nenos/as que pasen a primaria, recordade que debedes formalizar matrícula no NOVO centro do 1 ó 10 de xullo.

BONO SOCIAL

Deixámosvos o documento sobre a solicitude do bono social para aquelas familias que estean interesadas.

Podedes acceder no seguiente link:

https://drive.google.com/file/d/1QVNeSkS1wlrAVAgFU9GEdRHZ6XTBfiC5/view?usp=sharing

 

 

ECO-RETOS

#AFUNDACIÓNENCASA

Outra fin de semana máis. Dende #Afundación, todas as semanas, envíannos propostas para facer na casa cos máis pequenos/as, co nome de #AfundaciónEnCasa.

Podedes entrar facendo click AQUÍ e ver todas as propostas que nos ofrecen (contos, experimentos, actividades...).

 

PEGADAS EN GALEGO

 

Aquí tedes o resultado da actividade “pegadas en galego”! Moitas grazas ás familias que fixeron posible, coa súa colaboración, que a actividade se puidera levar a cabo. Esperamos que vos guste e que as nosas pegadas cheguen moi, moi lonxe.

Podedes ver o vídeo na aula virtual ou a través da seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1t8M9n0AWZZU2ZKBE-jWoV1fVUQfNgm1N/view?usp=sharing

AUDIOCONTO "AS PITAS BAIXO A CHOIVA"

Como comentamos na entrada das Letras Galegas, tiñamos preparado un audiconto adaptado para traballar neste día especial. Aquí tedes a versión que podedes descargar a través da seguinte ligazón ou entrando na aula virtual da escola.

https://drive.google.com/file/d/1661GaS5OHROmjZiTgBBvqi3dWq47TRKT/view?usp=sharing

Animámosvos a que despois de escoitar o conto fagades algunha actividade libre (manualidade, debuxo, etc…) e no la enviedes ao correo da escola. A nós encántanos ver os traballos que realizadas nas vosas casas!

Distribuir contido


by Dr. Radut