Skip to Content

WEBINARIO PARA FAMILIAS CON MIEMBROS SORDOS

 

Para máis información podedes acceder a súa web AQUÍ.

ESPAZO LECTURA DECEMBRO 2020

ACTUALIZACIÓN DOCUMENTOS COVID

                                     

Atoparedes a actualización dos documentos Covid da escola nos seguintes enlaces: 

Plan de continxencia

 

Plan de actuación

                         

Lembrade que ante calquera dúbida relacionada coa COVID-19, podedes chamar ao voso Centro de Saúde de referencia ou ao teléfono 

                    900 400 116

 

PREMISAS SOBRE A MÁSCARA

O USO DA MÁSCARA:

  • Uso obrigatorio en maiores de 6 anos e recomendable nos menores de 3 a 5 anos.
  • Deberá cubrir dende o tabique nasal ata o queixón. Axustala ben a nosa cara. O tamaño debe ser adecuado á idade.
  • Antes de poñela é necesario hixienizar as mans. Lembrade que para poñela e quitala só se toca nas tiras.
  • No caso de tocala e ao quitala lavaremos ben as mans con auga e xabón.
  • IMPORTANTE: Limpeza correcta da máscara. É necesario extremar as precaucións no uso do tempo e limpeza correcta dela. Segundo as instrucións do fabricante.

 No ámbito da comunidade educativa as máscaras que se utilizarán serán as mesmas que no ámbito comunitario. Estas serán as máscaras hixiénicas ou as máscaras cirúrxicas. A utilización de máscaras con válvulas exhalatorias están prohibidas en Galicia no DOG nº 126, por Resolución do 25 de xuño de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

Máscaras hixiénicas reutilizables que cumpran coa normativa UNE 0065.

Máscaras cirúrxicas: norma UNE-EN 14683:2019 AC.

Máscaras consideradas equipo de protección individual (EPI). As máis habituais contan coa denominación FFP2. Norma reguladora: *Regulamento UE 2016/425 e UNE-EN 149:2001+A1:2010

 

ESPAZO LECTURA NOVEMBRO 2020

CONTOMAR 26 DE OUTUBRO

Actividade para hoxe ofrecida por EspazoLectura.

AXUDAS MUNICIPAIS GASTOS ESCOLARES

O Concello de Baiona pon en marcha unha liña de axudas municipais para apoiar ás familias en situación de vulnerabilidade cos gastos escolares

O  Concello de Baiona puxo en marcha  un programa de atención urxente e prioritaria dirixido a paliar as situacións de emerxencia social de persoas e familias en situación de vulnerabilidade ante a Covid-19. A liña de axudas centrarase en cubrir as necesidades escolares das familias do municipio. 

 

O proxecto permitirá axudar ás familias que teñen dificultades para afrontar os gastos de adquisición do libros de texto e material escolar, así como os gastos de transporte, asegurando que en Baiona todos os nenos e nenas poidan desenvolver o  curso de forma adecuada, sexa cal for a súa situación económica. 

 

“O obxectivo destas axudas é rebaixar a carga económica das familias derivada dos gastos escolares. Con todo iso, queremos continuar colaborando coas familias, canto máis en orde ao seu enfraquecemento económico tras a crise do coronavirus, e traballar sempre para reforzar unha educación pública de calidade. Desde o  Concello, como administración máis próxima, debemos poñer o noso gran de area para que a situación que están a vivir sexa o menos  gravosa posible e poidan saír adiante”, conclúe o Alcalde.

 

Desde o departamento de Servizos Sociais municipal redactáronse as bases que se outorgarán seguindo criterios sociais. As persoas interesadas poderán consultalas na web municipal (www.baiona.org). O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar desde mañá 17 de outubro. As solicitudes deberán presentarse no rexistro do  Concello de Baiona para o que é necesario solicitar cita previa na web municipal ou chamando ao 986356779. Do mesmo xeito, tamén se pode facer a tramitación electrónica da solicitude a través da sede electrónica da páxina web do  Concello de Baiona. 

 

-BASES

Podedes atopar as bases na páxina web do concello.

DOCUMENTOS DE INTERESE

Nas seguintes ligazóns deixámosvos documentos de voso interese:

 

- Programa de acollida EEI O Areal

- Plan de continxencia EEI O Areal

- Plan de actuación ante a situación COVID-19 na EEI O Areal

 

Este documento está aberto a achegas da comunidade educativa co fin de mellorar a nosa resposta cara á covid-19.

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

 

A RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, estable.ce o proceso de renovación do Consello Escolar.

“a xunta electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, constituirase entre os días 13 e 16 de outubro de 2020, ambos os dous incluídos.”

O vindeiro venres 16 de outubro realizarase o sorteo para escoller ao membro dos pais/nais que formará parte da xunta electoral e o seu suplente.

Vos deixamos o enlace e un pequeno resumo do referente á representación dos pais/nais.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32096

 

 

DECRETO 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria.

O consello escolar.

Artigo 36º

O consello escolar do centro é o órgano a través do cal participan na súa xestión os distintos membros da comunidade escolar.

Artigo 37º

O consello escolar das escolas de educación infantil e colexios de educación primaria estará composto polos seguintes membros:

3. Centros de tres, catro ou cinco unidades.

a) O director, que será o seu presidente.

b) Un concelleiro ou representante do concello do municipio no que estea situado o centro.

c) Dous mestres elixidos polo claustro. Un deles, designado polo director, actuará como secretario, con voz e voto no consello.

d) Dous representantes dos pais de alumnos.

 

Artigo 39º

1. Dos representantes que lles corresponden ós pais no consello escolar un será proposto pola asociación de pais máis representativa, os outros serán elixidos por votación ante a mesa electoral polos pais, nais ou titores de acordo co procedemento establecido no Decreto 92/1988, do 28 de abril.

A xunta electoral solicitaralle, cando proceda, á asociación de pais de alumnos do centro, legalmente constituída, que teña maior número de asociados por proposta dun representante para o consello escolar, dando un prazo de 10 días para o efecto.

2. No caso de non existir proposta da asociación de pais de alumnos para ocupa-la praza que lle corresponde á mesma, esa vacante cubrirase conxuntamente e co mesmo procedemento que os outros representantes dos pais. Para efectos de futura renovación parcial, asignarase a praza correspondente á proposta da asociación de pais de alumnos ó candidato máis votado.

 

Artigo 40º

Cando deban ser elixidos tódolos membros e cando se constitúa o consello escolar dos centros de nova creación, cada elector fará constar na súa papeleta un máximo dun, dous, tres ou catro nomes segundo corresponda elixir menos de tres, tres, catro ou máis de catro representantes respectivamente.

Artigo 41º

1. Sen prexuízo do establecido no artigo 49º.2, dous anos despois de que se constitúa o consello escolar con tódolos membros, levarase a cabo a primeira renovación parcial del e serán substituídos os seguintes membros:

 

c) Centros que teñan tres, catro ou cinco unidades: un mestre e un pai.

2. Dous anos despois substituiranse os membros non considerados na renovación parcial anterior:

c) Centros que teñan tres, catro ou cinco unidades: un mestre e o pai proposto pola asociación de pais de alumnos.

 

Artigo 43º

O consello escolar do Centro terá as seguintes atribucións:

a) Establece-las directrices e elaborar propostas para a elaboración do proxecto educativo do centro, aprobalo, avalialo e, se é o caso, introducir modificacións, sen prexuízo das competencias que o claustro de profesores ten atribuídas en relación coa planificación e organización docente.

b) Elixi-lo director do centro

c) Propoñe-la revogación do nomeamento do director, logo de acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous tercios.

d) Decidir sobre a admisión de alumnos, con suxeición ó establecido na lexislación vixente.

e) Aprobar e modifica-lo Regulamento de réxime interior do centro.

f) Resolve-los conflictos e impoñe-las correccións con finalidade pedagóxica que correspondan a aquelas conductas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia no centro.

g) Aproba-lo proxecto de orzamento do centro e a execución del.

h) Aprobar e avalía-la programación xeral anual do centro, respectando, en todo caso, os aspectos docentes que competen ó claustro.

i) Aproba-la programación das actividades extraescolares e complementarias e avalia-lo seu desenvolvemento.

l) Establece-las directrices para a participación do centro en actividades culturais, deportivas e recreativas.

m) Establece-los criterios de colaboración con outros centros, entidades ou organismos.

n) Promove-la renovación das instalacións e equipamento do centro, e vixia-la súa conservación.

ñ) Analizar e valorar-lo funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados da avaliación que do centro realice a Administración educativa.

o) Colaborar coa inspección educativa nos planos de avaliación de centro, nos termos que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableza.

p) Regula-lo procedemento de autorización das saídas voluntarias entre clase ou en períodos de lecer do alumnado do centro.

 

 

 

 

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario. (DOG, 29/04/88). Corrección de erros, DOG, 03/05; 24/05, e 15/06/88). Modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril (DOG do 17 de maio) e polo Decreto 324/1996)

 

 

Artigo 30.- (Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto). "A organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, que se constituirá en cada centro, nas datas que fixe a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que estará integrada polo director ou directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do persoal de administración e servicios, e, de se-lo caso, un alumno ou alumna de educación secundaria; designados os catro últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes."

Artigo 31.- Serán competencias da citada xunta:

a) Aprobar e publica-los censos electorais, que deberán reflexar, en todo caso, nome apelidos dos electores.

 b) Concreta-lo calendario electoral, de acordo co estableido no artigo 29° do presente Regulamento.

c) Ordena-lo proceso electoral.

d) Admitir e proclamar candidaturas.

e) Promove-la constitución das distintas mesas electorais.

f) Resolve-las reclamacións presentadas contra as resolucións das mesas electorais.

g) Proclama-los candidatos elixidos e remiti-las correspondentes actas á Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 

 

 

Elección dos representantes dos pais

Artigo 38.- (Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto).

"A representación dos pais no Consello Escolar correspóndelles a estes ou os representantes legais dos alumnos, independentemente do número de fillos escolarizados no centro. O dereito a elixir e ser elixido correspóndelle ó pai e a nai, ou, se é o caso, ós titores legais."

Artigo 39.- A elección producirase ente os candidatos admitidos e proclamados como tales pola xunta electoral. Para este efecto constituirase unha mesa electoral integrada polo director do centro, que actuará como presidente, e catro pais ou titores legais, designados por sorteo público entre os que non se presenten como candidatos, actuando como secretario o de menor idade. A Xunta deberá preve-lo nomeamento de suplentes, designados tamén por sorteo. A mesa electoral encargarase de presidi-la votación, conserva-la orde, velar pola pureza do sufraxio e realiza-lo escrutinio.

 Artigo 40.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no centro, propostos por cada unha das asociacións de pais de alumnos existentes no mesmo ou avalados para iso pola sinatura de 10 electores.

Artigo 41.- O censo electoral deberá expoñerse no taboleiro de anuncios do centro con 10 días, alomenos de anticipación á data fixada para o acto electoral, para a comprobación e posible reclamación por parte de pais e titores legais dos alumnos.

 

Artigo 42.- (Redactado conforme ó establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto). "O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector, que deberá acreditala súa personalidade mediante a presentación do documento nacional de identidade ou calquera outro documento acreditativo, fará constar na súa papeleta un, dous ou tres nomes da lista de candidatos e candidatas, segundo corresponda elixir menos de tres, tres ou mais de tres, respectivamente."

 

 

NOVAS NORMAS

NORMAS ESCOLA:

 

 

NORMAS AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL:

 

 

NORMAS DO BAÑO:

 

 

 

Guía para a volta á escola: https://drive.google.com/file/d/1MJi95LScM1vFgQ_a_v6fauyAF0v9VjH9/view

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut