SAÍDA Á PRAIA

OS NENOS E NENAS DO AREAL FOMOS A LIMPAR A PRAIA CO MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DÍA DO MEDIOAMBIENTE (QUE FOI O 5 DE XUÑO, PERO QUE POR CONDICIÓNS METEREOLÓXICAS NON POIDEMOS IR).

APROVEITAMOS UN RATIÑO PARA XOGAR COA ARENA E DESFRUTAR COS COMPAÑEIR@S!!

PODEDES VER AS FOTOS AQUÍ.

 

ARTAI CUMPRE 5 ANOS

PARABÉNS ARTAI! ESPERAMOS QUE PASES UN DÍA XENIAL =)

MOITAS GRAZAS POR ESAS GALLETAS, ESTABAN DELICIOSAS!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

HOXE VISITÁRONNOS NO TEMPO DE LECER OS NENOS E NENAS QUE COMEZAN O VINDEIRO CURSO!

ESPERAMOS QUE PASARADES UN BO RATO COS NENOS E NENAS DA ESCOLA.

VISITA AO CEP DE SABARÍS

ONTE OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 5 ANOS FOMOS O CEP DE SABARÍS.

ENSINÁRONNOS AS AULAS, TIVIMOS O CONTACONTOS “MONCHO E A MANCHA” E DESFRUTAMOS DUNHA MERENDA NA COMPAÑA DOS ALUMNOS/AS DO COLE.

 

¡¡¡ TEMOS MOITAS GANAS DE QUE COMECE O CURSO QUE VEN!!!

A NAI DE SERGIO

O PASADO VENRES, A NAI DE SERGIO, CONTOUNOS “LA LLAVE DE LOS SUEÑOS” NA BIBLIOTECA DE TONTÓN, FACENDO USO DUNHA TÉCNICA INNOVADORA QUE É O KAMISHIBAI.

GRAZAS POR ESAS CHAVES QUE ABREN OS NOSOS SOÑOS.

IMPORTANTE

O VINDEIRO MARTES DÍA 12 DE XUÑO ÁS 16:30 HORAS TERÁ LUGAR A REUNIÓN DE FIN DE CURSO DO ANPA E OS SEUS ASOCIADOS.

TEMAS A TRATAR:

- FESTA DE FIN DE CURSO

- EXTRAESCOLARES CURSO QUE VEN

- ESTADO DE CONTAS

- ACTUALIZACIÓN XUNTA DIRECTIVA

 

RÓGASE ASISTENCIA.

 

GRAZAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

RECORDÁMOSVOS QUE O VINDEIRO MARTES 12 DE XUÑO, HABERÁ XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA ESCOLA PARA OS NENOS E NENAS MATRICULADOS NO CURSO QUE VÉN (2018/2019).

O HORARIO SERÁ DE 12:00 A 12:45 HORAS.

ANIVERSARIOS MAIO

NO MES DE MAIO CUMPRIRON ANOS MARINA, YASMÍN E ÍKER DA CLASE DE CINCO ANOS.

PARABÉNS NENOS E NENAS!

NOVAS SEMENTES NO HORTO DE TONTÓN

ESTES ÚLTIMOS DÍAS ESTIVEMOS A PLANTAR DIFERENTES SEMENTES: CENORIAS, CABACIÑO, MELÓN,  CHÍCHAROS, MILLO E FABAS.

AQUÍ OS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DO NOSO TRABALLO.

ESPERAMOS QUE O TEMPO NOS PERMITA SEGUIR TRABALLANDO NO NOSO HORTIÑO.

RECIBIMOS NOVAS

Estamos moi contentos na escola do Areal! Onte recibimos outro correo electrónico con unha nova fantástica sobre a nosa actividade de fomento do galego. A pegada de Mariano chegou a Wroclaw, unha fermosa cidade de Polonia. A persoa que nos escribiu conseguiu a pegada mercando o xornal Faro de Vigo. Mandounos unha foto con ela e un saúdo grande para todo o alumnado e profesorado da escola.

 

Grazas Mac Ako. Saúdos tamén desde “O Areal”  :-)