Skip to Content

CALACÚS 5 ANOS

Na horta de Tontón había moitas cabazas, e os nenos e nenas de 5 anos elixiron unha para convertila nun calacús. Así tamén aproveitaron para investigar sobre as partes dunha cabaza tanto por fora como por dentro. 

Todas as fotos aquí.

 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS DECORADAS

A participación dos nenos e nenas de 5 anos na exposición de cabazas foi dun 100% e todas moi orixinais.

No seguinte enlace podedes ver todas as fotos das cabazas dos nenos e nenas de cinco anos.

 

CABAZAS FALADORAS

Os nenos e nenas de 5 anos fixeron unhas cabazas faladoras, cunha boca moi grande, para representar o final do conto “Corre corre, Cabaciña”.

Mirade todas as fotos aquí.

 

ESQUELETOS BAILARINS

Aproveitando que aos nenos e nenas de 5 anos lles gustou moito a canción dos esqueletos, realizaron uns moi moviditos para decorar a aula.


Aquí podedes ver todas as fotos.

 

UN OUTONO TERRORÍFICO!

Os nenos e nenas de 5 anos plasmaron coas súas mans figuras típicas do Samaín como monstruos, pantasmas, arañas e morcegos.

Así de terrorífico quedou o mural… 


Aquí podedes ver máis fotos.

 

CORRE, CORRE, CABACIÑA!

MOITAS GRAZAS FAMILIAS POR VIR VER A NOSA ACTUACIÓN DE CORRE, CORRE, CABACIÑA!

ESPERAMOS QUE VOS GUSTASE.

LECTURA COA TEACHER VANESA

A TEACHER VANESA ONTE DESLUMBROUNOS COA LECTURA MISTERIOSA E TENEBROSA, RELACIONADA CON ESTAS DATAS TAN SINALADAS, DO CONTO A BRUXA REGAÑADENTES.

MUJAJAJAJA QUÉ BEN O PASAMOS!

 

GRAZAS TEACHER!

CALACÚS DE 3 ANOS

OS PEQUENOS E PEQUENAS DE TRES ANOS, NON FORON MENOS, E DESEÑARON COAS SÚAS FAMILIAS ESTÁS FERMOSAS E TERRORÍFICAS CABAZAS!

GRAZAS POR PARTICIPAR FAMILIAS!!!!

AS CABAZAS FALADORAS

OUTRO TRABALLIÑO MÁIS DOS PEQUENOS E PEQUENAS DE 4 ANOS!!

MERENDOLA TERRORÍFICA!

PARA CELEBRAR O SAMAÍN XUNTÁMONOS AS TRES CLASES DA ESCOLA O AREAL E FIXEMOS UNHA MERENDOLA QUE ELABORARON ELES E ELAS MESM@S.

 

OS DE TRES ANOS ENCARGÁRONSE DAS PANTASMAS DE PLÁTANO E CHOCOLATE. 

OS DE CATRO ANOS ELABORARON AS CABAZAS MÁXICAS CON MANDARINAS E PÓLAS DE GOMINOLA.

E POR ÚLTIMO, OS DE CINCO ANOS, CREARON ESCOBAS DE BRUXA CON PAN E QUEIXO. 

UNHA MERENDA SAUDABLE E TERRORÍFICA! TODAS AS FOTOS AQUÍ

 

Distribuir contido


by Dr. Radut