Skip to Content

Fin de trimestre

Chega o fin de trimestre, e con el as vacacións. Pero non queremos marchar sen vivir a maxia do Nadal co noso alumnado. Onte celebramos os aniversarios do trimestre cunha merendola en cada aula, fixemos unhas deliciosas piruletas de mazá, chocolate e cereais.

 

Hoxe, por outro lado, tivemos moitas sorpresas. Primeiro recibimos a visita as Elfas (apareceron pola nosa ventá! Menudo susto!) que nos trouxeron uns regaliños (grazas á nosa ANPA).

 

 

Tamén tivemos regalos de Tontón e Violeta! Encontrámolos pola biblioteca!

Xa para remtar celebramos o noso fin de ano, tomando gusanitos coas badaladas e unha merendola xuntos.

Fin de festa, levamos as nosas creacións para casa e...

 

Vémonos pronto!! Desfrutade ao máximo das vacacións!! Bo nadal e feliz ano!!

Nadal no Areal

Están sendo uns días máxicos e divertidos. O xoves 16 recibimos a dous compañeiros de correos aos que agradecemos que se acercasen á escola, levar as nosas cartas ás súas maxestades de Oriente e ensinarnos como se envían as cartas.

 

Por outro lado, o venres 17 saímos a dar unha volta por Sabarís onde miramos o Belén feito cosas nosas casiñas en colaboración con COEMSA (grazas familias pola participación e esforzo!!). Quedou precioso e podedes miralo exposto no multiusos-mercado de Sabarís.

Tamén entramos dentro onde bailamos moito ao ritmo da música que nos tocaron, pasámolo xenial!!

Non esquecimos antes de marchar de visitar o buzón real e cantar a nosa panxoliña xunto ao gran cascanoces.

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS AO CONSELLO ESCOLAR

Hoxe tivo lugar a reunión da Xunta Electoral onde se proclamaron os candidatos elixidos para formar parte do Consello Escolar.

 

En representación dos pais/nais dos alumnado:

- Dona Olga Betancourt Hernández

- Dona Paula Barbará Pousa

 

En representación do profesorado:

- Dona Cristina Vega Bastero (continua)

- Dona Concepción Trapero Carnero

 

En representación do Concello de Baiona, continúa Don Óscar Careño Miniño.

 

Proximamente convocarase aos membros a unha reunión para constituír o Consello Escolar.

VOTACIÓN DOS MEMBROS REPRESENTANTES DAS FAMILIAS NO CONSELLO ESCOLAR

O vindeiro martes 23 de novembro de 2021, terá lugar o acto de elección das persoas que representarán aos pais/nais no noso Consello Escolar. Para favorecer a conciliación familiar/laboral establecemos dúas quendas de horarios, de 9:15 a 10:15 horas e de 15:45 a 16:20 horas.

Podedes votar tanto o pai como a nai de cada alumno/a, sendo imprescindible amosar o DNI para poder depositar o voto.

No taboleiro do centro, está exposto o censo electoral para a súa supervisión e corrección de erros se é o caso.

A ANPA propuxo coma representante a Dona Olga Betancourt Hernández, e como suplente a Aroa Prado Vidal.

Vós tedes que escoller o/a outro representante entre as candidatas seguintes:

Dona: Noelia Franco Rouco

Dona: Paula Barbará Pousa

Se estades de acordo en que vos represente, tedes que marcar o recadro que hai ao lado do seu nome na papeleta de votación. De non ser así, contabilizarase o voto como en branco.

Agradecemos a vosa participación e colaboración.

CANDIDATURAS PROCLAMADAS E MEMBROS DA MESA ELECTORAL

No seguinte documento, deixamos as candidaturas proclamadas e os membros elexidos no sorteo público celebrado, hoxe 17 de novembro de 2021, para formar parte da mesa electoral o vindeiro 23 de novembro.

Próximamente anunciaremos máis información sobre as datas e horas concretas da votación.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

DATAS DE INTERESE PARA AS FAMILIAS:

Hoxe, 8 de novembro, publicouse o censo no taboleiro do centro. Podedes consultalo e poderán facerse reclamacións ata o 15 de novembro.
 
A partir de mañá, 9 de novembro e ata 16 de novembro, estará aberto o prazo para a admisión de candidaturas de nais e pais, que teredes que notificar á escola, achegando o pdf SOLICITUDE DE CANDIDATURAS, que podedes descargar premendo nesa ligazón.
 
 O mércores 17 de novembro, anunciaránse as candidaturas presentadas e será o sorteo para formar parte da mesa electoral dos pais/nais.
 
O martes 23 de novembro, realizarse a votación das nais e pais no soportal da escola en horario de 9:15 a 10:15 horas e de 15:45 a 16:20 horas.
 
O venres 10 de decembro, constituirase o novo Consello Escolar.
 
Antes do 17 de decembro, remitirase a documentación á Xefatura Territorial.
 
O proceso levarase a cabo cumprindo sempre con todas as medidas hixiénico-sanitarias e de
seguridade. Esperamos contar coa vosa participación e colaboración.

REPRESENTANTES CONCELLO E ANPA

A XUNTA ELECTORAL do proceso de renovación dos representantes no Consello Escolar da EEI O AREAL, de Sabarís – Baiona, establece como prazo de admisión de candidatos/as do Concello e da ANPA, os próximos dez (10) días, do 3 ao 12 de novembro, ambos inclusive.

O 12 de novembro será o último día para enviar ao centro a Candidatura do Concello e do membro da ANPA.

COMPOSICIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Convócase aos membros da Xunta Electoral á primeira reunión o vindeiro martes 2 de novembro ás 16:00 horas.

CONXURO CONTRA O MEDO

Hoxe fixemos unha poción máxica contra o medo. Estaba deliciosa. O ingrediente principal era a froita. Aprendemos a comer saudable á vez que nos divertimos. Próximamente todas as fotos na aula virtual.

 

 

SORTEO DA XUNTA ELECTORAL

 O vindeiro 29 de outubro de 2021 ás 9:15 horas da mañá, terá lugar o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral que velarán polo cumprimento da normativa na renovación do consello escolar 2021.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut