A PROFE YOLI

HOXE A PROFE YOLI CONTOUNOS UN CONTO SOBRE PANTASMAS UHH…!!!!

DAMOS ASÍ POR REMATADO O SAMAÍN!

 

MOITAS GRAZAS POLA TÚA LECTURA!! ENCANTOUNOS!!!

SAMAÍN 2018

O PASADO 31 DE OUTUBRO FESTEXAMOS NA ESCOLA O SAMAÍN. OS NENOS E NENAS RECITARON UN CONXURO PARA FACER UNHA APÓCEMA QUE NOS LIBEROU DE TODOS OS MEDOS.

ADEMAIS PASAMOS UN DÍA MOI ENTRETIDO CON DIFERENTES ACTIVIDADES COMO O TALLER DA FROITA, OS BAILES DE ESQUELETOS OU A ESCOITA DA HISTORIA DE TERROR!

ESPERAMOS QUE O PASARADES XENIAL!!

DEIXÁMOSVOS UNHA MOSTRA DA DECORACIÓN DOS CALACÚS DA CLASE DE 3, 4 E 5 ANOS! MOITAS GRAZAS POLA VOSA IMPLICACIÓN E COLABORACIÓN.

 

A FAMILIA DE VALENTINA E DANIELA

HOXE A FAMILIA DE VALENTINA DE 5 ANOS E DE DANIELA DE 3 ANOS VIÑERON Á BIBLIOTECA DE TONTÓN A CONTARNOS DOUS CONTOS!!

O PRIMEIRO TITULÁBASE “UFF… UN HERMANITO”, UNHA HISTORIA QUE RELATA O QUE MOITOS NENOS E NENAS DA NOSA ESCOLA ESTÁN VIVINDO.

NO SEGUNDO CONTO, APARECÍA OLAFF, UN DOS PERSONAXES FAVORITOS DO NOSO ALUMNADO!!

UNHA VEZ MÁIS AGRADECEMOS ÁS FAMILIAS A VOSA IMPLICACIÓN E COLABORACIÓN NO QUEFACER DA ESCOLA.

MOITAS GRAZAS POR VIR!

LECTO-ESCRITURA

ESTA ENTRADA NO BLOG, XURDE POLAS INQUEDANZAS DALGUNHAS FAMILIAS DA ESCOLA. CON ISTO PRETENDEMOS AXUDAR E FACILITAR O INICIO DA APRENDIZAXE DA LECTO-ESCRITURA EVITANDO CONTRADICCIÓNS ENTRE CASA E ESCOLA.

CON ISTO, NON PRETENDEMOS QUE TEÑAN TRABALLO “EXTRA” NA CASA, SÓ SE TRATA DE QUE, SE OS VOSOS FILL@S DE FORMA ESPONÉNATEA VOS PIDEN AXUDA RELACIONADA COA LECTRO-ESCRITURA (BEN NUN DEBUXO, NA TAREFA DE TONTÓN…) SEXAMOS QUEN DE REMAR NA MESMA DIRECCIÓN.

TEDE COIDADO Á HORA DE CORREXIR OS NENOS/AS POSTO QUE PODE OCASIONAR FRUSTACIÓN. TRÁTASE DE FACER CORRECCIÓNS POSITIVAS, REFORZAR MOITO QUE O FAN BEN E VALORAR O SEU ESFORZO. QUE O INTERÉS APAREZA É O QUE QUEREMOS, NON QUE SE CONVIRTA NUN TRABALLO IMPOSTO.

ASÍ QUE, CON TODO ISTO, DEIXÁMOSVOS ALGÚNS CONSELLOS IMPORTANTES:

 

1. COLLER BEN O LAPIS:

É MOI IMPORTANTE QUE AGARREN CORRECTAMENTE O LAPIS, TANTO SE ESCRIBEN, COMO SE DEBUXAN OU PINTAN.

2. VALORAR O ESFORZO E O INTERESE:

É MOI IMPORTANTE RESPETAR O RITMO DE APRENDIZAXE, PARA NON CAUSAR FUTURAS FRUSTACIÓNS. NUN PRIMEIRO MOMENTO, AS LETRAS COMEZAN SENDO DEBUXOS QUE POUCO A POUCO SE APROXIMAN A LETRAS CONVENCIONAIS, POLO QUE DEBEREMOS VALORAR SEMPRE O ESFORZO QUE FAN. NON DEBEMOS PRESIONAR NIN COHIBIR ÓS CATIV@S NOS SEUS INTENTOS.

 

3. SONS E NOMES DAS LETRAS:

AÍNDA QUE TRABALLAMOS OS NOMES DAS LETRAS “M=EME”; S=ESE” ACOSTUMAMOS A USAR O SON DA LETRA, POR EXEMPLO: “M=mmmm…”; “S=ssssss”.

 

4. DIRECCIONALIDADE DAS LETRAS:

SE QUEREN ESCRIBIR O NOME, COPIAR UNHA PALABRA OU ESCRIBIR LETRAS SEN MÁIS, TEDE EN CONTA A DIRECCIÓN DAS LETRAS Á HORA DE FACER O SEU TRAZO! AQUÍ TEDES UN EXEMPLO DE COMO AS FACEMOS NA AULA:

 

5. OS NÚMEROS:

SE ESCRIBEN OS NÚMEROS, PASA O MESMO QUE COAS LETRAS. É NECESARIO QUE UTILICEMOS A MESMA DIRECCIONALIDADE. ESTÁ É A QUE NÓS EMPREGAMOS:

 

6. MOTRICIDADE FINA E GROSA:

TODAS AS ACTIVIDADES NAS QUE SE TRABALLE MOTRICIDAD GROSA (XOGOS CO BALÓN, ZANCOS, XOGOS CON AROS, COORDINACIÓN E EQUILIBRIO, XOGO DOS BOLOS, XOGOS DE PUNTERÍA, IMITACIÓN DE ANIMAIS…) E MOTRICIDADE FINA (EXERCICIOS DE PRENSIÓN CON PINZAS DA ROUPA POR EXEMPLO, FACER NUDOS, ABOTONAR E DESABOTONAR, PLASTILINA, XOGOS MAGNÉTICOS, USO DE POMPÓS, ENCAIXABLES…). ÁMBALAS DÚAS MOTRICIDADES, SERÁN NECESARIAS PARA UN CORRECTO DESENVOLVEMENTO DA LECTO-ESCRITURA.

 

SE TEDES ALGUNHA CUESTIÓN NON DUBIDES EN PREGUNTAR.

A FAMILIA DE ARTAI

HOXE OS PAIS DE ARTAI VIRON A CONTARNOS VARIOS CONTOS… NO PRIMEIRO MOSTRÁRONOS A IMPORTANCIA DA AMIZADE E O BON QUE É TER UN AMIG@.

DESPOIS DESTA LECTURA, ACERCÁRNOS A FESTA DO SAMÍN QUE ESTÁ TAN PRETO, CUNS CONTOS QUE NOS DESCOBRÍAN HISTORIAS NA OSCURIDADE!! QUE MEDO!!!!

 

MOITAS GRAZAS POR VIR Á BIBLIOTECA DE TONTÓN E PASAR CON NÓS UN BO RATO!

A NAI DE XOSÉ E GUSTAVO

HOXE, A NAI DE XOSÉ (DE CINCO ANOS) E DE GUSTAVO (DE CATRO ANOS), CONCIENCIOUNOS A TRAVÉS DE “RANA DE TRES OJOS” DA IMPORTANCIA DE CONSERVAR LIMPO A NOSO MEDIO AMBIENTE. DE PASO AMENIZOUNOS CUNHA LECTURA QUE DEIXOUNOS COA BOCA ABERTA!

MOITAS GRAZAS POR VIR!

26 DE SETEMBRO

LEMBRAMOS ÁS FAMILIAS QUE MAÑÁ, 26 DE SETEMBRO, NON HABERÁ ESCOLA DEBIDO Ó FESTIVO LOCAL SAN COSME E SAN DAMIÁN.

 

QUE DESFRUTEDES DO DÍA!

 

UN SAÚDO.

BENVIDO UN ANO MÁIS TONTÓN

O vindeiro venres 5 de outubro comezaremos coa biblioteca de Tontón, polo que, aquelas familias que o desexen poderanse apuntar para vir os venres a contarlles un conto ás 13:00 horas ós nenos e nenas da escola.

Como cada ano, empezamos polas familias do alumnado de maior idade, polo tanto 6º de Educación Infantil. (Tedes a lista no taboleiro de anuncios na entrada da escola).

Esperamos a vosa participación xa que é un momento moi especial para os vosos fillos e fillas.

 

“Aprender a leer es lo más importante que me ha pasado en la vida”.

Mario Vargas Llosa.

CALENDARIO ESCOLAR 2018 2019

OBRADOIRO NA BP DE BAIONA