Skip to Content

REUNIÓN 31 DE MAIO DE 2022 - NOVO ALUMNADO

PROCESO DE ADMISIÓN 2022/2023

Rematado o prazo para presentar solicitudes de admisión, as demandas non superan as vacantes ofertadas, polo que NON SERÁ PRECISO BAREMAR.

No mes de maio teremos a reunión co novo alumnado que comeza no centro o vindeiro curso. Avisaremos da data e hora por este medio.

MES DA POESÍA

COLABORACIÓN COA GALIÑA AZUL DE BAIONA

A Galiña Azul de Baiona pide colaboración co seguinte:

  • Xoguetes de exterior e colchonetas

  • Valados ou medios de separación para poder manter as burbullas entre aulas

  • Casiñas ou tobogáns para fóra

  • Contos

 

Podedes ampliar información na seguinte ligazón https://drive.google.com/file/d/1p-FjPifxmpeCqCCNIoIl_VutL-h8bxRw/view?usp=sharing

 

PROCESO DE ADMISIÓN 2022/2023

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html

ORDEN de 18 de decembro de 2020 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201222/AnuncioG0598-211220-0001_es.html

ORDEN de 12 de marzo de 2013 por la que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumando para la admisión del alumnado https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_es.html

 

O vindeiro luns 1 de marzo, comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o curso 2022/2023. Rematará o 21 de marzo.

Debido á COVID-19, este curso hai que seguir unhas medidas de prevención, recollidas no Plan de actuación do centro:

- Só se poder acceder ao edificio da escola con cita previa. Para evitar aglomeracións, aquelas persoas que queiran recoller impresos ou entregar solicitude de xeito presencial, chamarán ao 886110151 ou 886110152 de 9:10 a 10:00 h.

Non se atenderá a ninguén que non teña cita previa.

 

- Entrarase polo portal pequeno e nos dirixiremos á rampla do despacho. (A primeira que se ve segundo entras no recinto escolar).

 

-Para acceder á escola, débense realizar a hixienización de zapatose mans. Na entrada do despacho, existe felpudo hixienizante e dispensador de xel hidroalcohólico.

 

- Debe vir unha única persoa e non traer aos nenos/as.

 

Documentación necesaria para a solicitude de admisión.


1. A SOLICITUDE: será única e terá carácter vinculante.

  • O impreso de solicitude pode descargarse na aplicación: admisiónalumnado

(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

  • No caso de non poder ou non querer descargala, pódese recoller no centro, seguindo as medidas indicadas.

  • Igualmente, pódese cubrir a solicitude e tramitar a presentación a través da aplicación ou presencialmente (instrucións na aplicación). Sempre anexando a documentación necesaria.

  • Se se opta pola entrega presencial, imprescindible pedir cita e seguir as instrucións citadas.

  • Irá dirixida á dirección dos centros públicos e presentarase no centro indicado en primeiro lugar.

  • Cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia.

  • A solicitude debe cubrirse totalmente, sen enmendas ou correcións.

  • A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

 

2. A solicitude de admisión deberá ir acompañada da documentación acreditativa do requisito de idade: Fotocopia do LIBRO DE FAMILIA/DNI(presentar o orixinal para poder compulsar a copia).

 

3. No caso de separación ou divorcio será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a fotocopia da RESOLUCIÓN XUDICIALcorrespondente para a súa comprobación polo centro educativo (presentar o orixinal para poder compulsar a copia).

 

4. No caso de denegar a comprobación de datos por parte da administración, achegaranse fotocopias dos DNIs do solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

5. Cubrir todos os apartados do baremo polos que poida computar. (instrucións no impreso).

  • Se houbera máis demandas de solicitudes que vacantes ofertadas, haberá que presentar a DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO(10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión).

 

Non obstante, consultaranse de forma automática a través de admisionalumnado (salvo oposición expresa que conste na solicitude) e non será necesario acreditar os datos relativos a:

Domicilio fiscal e renda per cápita da unidade familiar

Condición de familia numerosa

Discapacidade do alumnado, proxenitores, titores ou irmáns recoñecida pola xunta de Galicia.

 

Na valoración do criterio de irmás ou irmáns matriculados en centros educativos públicos, consideraranse os escolarizados na EEI O Areal e no CEP de Sabarís.

 

Aos efectos da valoración do criterio de proximidade do centro ao domicilio familiar, a certificación do padrón municipal de habitantes expedida polo órgano competente do concello, será o principal medio de acreditación das circunstancias da unidade familiar: domicilio familiar, membros da familia que conviven nel e data de alta na vivenda. Toda persoa que resida habitualmente nun concello está obrigada por lei a inscribirse no seu padrón.

 

Para a valoración da renda per cápita da unidade familiar, as persoas interesadas deberán facer constar a cantidade correspondente á base impoñible no caso de declaración conxunta, ou á base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar, no caso de declaración individual. A tal efecto, constará a cantidade que resulta da suma das casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible do aforro) da correspondente declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) do ano 2020; cando non presente a declaración do IRPF, constarán os ingresos segundo os datos tributarios que facilite a Axencia Estatal de Administración Tributaria. Esta cantidade dividirase polo número de membros da unidade familiar referido ao día 28 de febreiro de 2022.

Enténdese por familia monoparental a composta por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento. Para a valoración do criterio de familia monoparental, a persoa interesada terá que presentar a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.

Criterio complementario aprobado polo Consello Escolar do Centro: domicilio na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (1 punto).

 

Postos escolares vacantes.

As vacantes existentes no centro, para o curso 2022/2023 son as seguintes:

4º de Educación Infantil (3 anos): 22, máis 3 reservadas para alumnado con NEAE.

5º de Educación Infantil (4 anos): 9 prazas

6º de Educación Infantil (5 anos): 3 prazas

 

Servizos ofertados.

A EEI O Areal conta con tres aulas do segundo ciclo de Educación Infantil:

4º de E. I. – nenos/as de 3 anos

5º de E. I. – nenos/as de 4 anos

6º de E. I. – nenos/as de 5 anos

 

O equipo docente está composto por:

- 4 mestras especialistas en Educación Infantil

- 1 mestra especialista en Lingua Inglesa (e unha auxiliar de conversa en lingua inglesa durante 4 meses).

- 1 mestra especialista en Audición e Linguaxe.

- 1 mestra de relixión católica, ven 3 horas á semana desde o CEIP de Belesar.

- 1 orientadora, ven unha xornada e media á semana desde o CEP de Sabarís.

 

O horario escolar é de xornada continuada de mañá: de 9:00 a 14:00 h.

 

A EEI O Areal comparte o transporte escolar co CEP de Sabarís.

 

O comedor está xestionado pola ANPA do CEP de Sabarís coa colaboración da ANPA da EEI O Areal.

A ANPA da escola organiza as actividades extraescolares. Canceladas pola Covid-19, xa que é necesario preservar os grupos de convivencia estable.

A zona de influencia da EEI O Areal é a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, en Baiona, ata a curva do manco.

A EEI O Areal está adscrita ao CEP de Sabarís.

 

 

LIGAZÓN Á DESCARGA DA SOLICITUDE PARA QUÉN O DESEXE: https://drive.google.com/file/d/1OPj_KIqGkArcSbTCtKynvEii1PGmjZOj/view?usp=sharing 

POSTOS ESCOLARES VACANTES CURSO 21/22

 

As vacantes existentes no centro, para o curso 2022/2023 son as seguintes:

 

4º de Educación Infantil (3 anos): 22, máis 3 reservadas para alumnado con NEAE.

5º de Educación Infantil (4 anos): 9 prazas

6º de Educación Infantil (5 anos): 3 prazas

ORDES DO MECO

CONTACONTOS DO LIBRO DEDAS

Hoxe 11 de febreiro ás 17:00 horas, no multiusos de Sabarís, podedes acudir ao contacontos do libro Dedas. Lectura recomendada para nenos e nenas de 1 a 6 anos.

 

 

RESUMO PROTOCOLO COVID-19

Día da PAZ e da NON VIOLENCIA

 

 

Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA no cole. Fixemos as nosas pombas máxicas coas palabras de paz preferidas e gravamos un vídeo cantando e bailando a canción de Mamá cabra "baile da paz" para o centro de día para personas maiores de Baiona. 

Distribuir contido


by Dr. Radut