A FAMILIA DE LARA DE 4

HOXE A NAI E O PAI DE LARA DE 4 ANOS, VIÑERON Á BIBLIOTECA DE TONTÓN A LERNOS DOUS CONTOS. O PRIMEIRO TITULÁBASE “PACO”. ESTE CONTO NARRA UNHA HISTORIA SOBRE AS AVENTURAS DUN RATO E UNHA LÚA; E… TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL DA MASCOTA DA SÚA CASA, MANCHITAS.

O SEGUNDO CONTO, FOI “SE EU FOSE UN GATO” UNHA HISTORIA NA QUE LARA TIVO O SEU PELUCHE FAVORITO PARA CONTALA.

MOITAS GRAZAS Á FAMILIA DE LARA POR VIR!!!

A NAI DE SERGIO

HOXE A NAI DE SERGIO VIU Á BIBLIOTECA DE TONTÓN A LEERNOS “DANIELA PIRATA”, UN CONTO MARABILLOSO.

DANIELA, A PROTAGONIST, TROUXONOS UN COFRE CHEO DE TESOUROS DE CHOCOLATE!! SOMOS UNS AFORTUNADOS/AS.

MOITAS GRAZAS POR VIR A COMPARTIR CONNOSCO A LECTURA!!

OS PAIS DE PEDRO E DANI

HOXE A FAMILIA DE PEDRO E DANI VIRON Á BIBLIOTECA DE TONTÓN A LERNOS DOUS CONTOS. O PRIMEIRO SOBRE UNA MEIGA MOI PECULIAR, QUE PRECISAMENTE ERA GUAPA SENDO FEA. E O SEGUNDO SOBRE UNS PIRATAS.

GUSTÁRONNOS MOITO.

GRAZAS POR VIR A COMPARTIR A LECTURA CONNOSCO.

CLAVES PARA UN BO USO DAS REDES SOCIAIS

O CFR de Vigo invita ás familias a participar na seguinte sesión formativa:

Claves para un bo uso das redes socias no IES A Guía, o día 13 de decembro de 2018 en horario de 17:00 a 20:00

 

Para asistir a dita sesión poden inscribirse a través do correo electrónico cfr.vigo@edu.xunta.es ou a través do teléfono 986202370

O PAI DE BRAIS

HOXE O PAI DE BRAIS VIU Á BIBLIOTECA DE TONTÓN A LERNOS O CONTO TITULADO: A VIAXE DE ARLO, UN LIBRO CHEO DE AVENTURAS SOBRE DINOSAUROS.

GUSTOUNOS MOITO, GRAZAS POR VIR E COMPARTIR A LECTURA CONNOSCO!

A FAMILIA DE IARA E MAEL

HOXE A FAMILIA DE IARA E MAEL VIÑERON Á BIBLIOTECA DE TONTÓN A CONTARNOS UN CONTO, COMO VEDES, VIÑAN MOI BEN ACOMPAÑADOS, POLA SÚA IRMÁ EREA E POLA OSA VILLARINA.

 

MOITAS GRAZAS POR VIR!

A NAI DE BREIXO

HOXE A NAI DE BREIXO VIU Á BIBLIOTECA DE TONTÓN A LERNOS DOUS CONTOS. UN DELES, TITULÁBASE “O DINOSAURO BURLÓN” UN CONTO EN FORMATO POP-UP CHEO DE MAXIA COS NENOS E NENAS QUE ESTIVERON NA ESCOLA O CURSO PASADO O RECORDABAN MOI BEN POLO PROXECTO DOS DINOSAUROS DO ANO ANTERIOR.

 

O OUTRO FOI “MIS PEQUEÑOS MIEDOS”, UN FASCINANTE CONTO CHEO DE FERMOSAS ILUSTRACIÓNS.

 

MOITAS GRAZAS POR VIR E COMPARTIR A LECTURA CONNOSCO.

A NAI DE NICO

HOXE A NAI DE NICOLÁS VEU A CONTARNOS UN CONTO MOI PERSONALIZADO SOBRE O NOSO AMIGUIÑO NICO!

GUSTOUNOS MOITÍSIMO DESCUBRIR AS PROFUNDIDADES DO MAR!

 

MOITAS GRAZAS POR VIR A VISITAR A NOSA BIBLIOTECA!

A PROFE YOLI

HOXE A PROFE YOLI CONTOUNOS UN CONTO SOBRE PANTASMAS UHH…!!!!

DAMOS ASÍ POR REMATADO O SAMAÍN!

 

MOITAS GRAZAS POLA TÚA LECTURA!! ENCANTOUNOS!!!

SAMAÍN 2018

O PASADO 31 DE OUTUBRO FESTEXAMOS NA ESCOLA O SAMAÍN. OS NENOS E NENAS RECITARON UN CONXURO PARA FACER UNHA APÓCEMA QUE NOS LIBEROU DE TODOS OS MEDOS.

ADEMAIS PASAMOS UN DÍA MOI ENTRETIDO CON DIFERENTES ACTIVIDADES COMO O TALLER DA FROITA, OS BAILES DE ESQUELETOS OU A ESCOITA DA HISTORIA DE TERROR!

ESPERAMOS QUE O PASARADES XENIAL!!

DEIXÁMOSVOS UNHA MOSTRA DA DECORACIÓN DOS CALACÚS DA CLASE DE 3, 4 E 5 ANOS! MOITAS GRAZAS POLA VOSA IMPLICACIÓN E COLABORACIÓN.