LETRAS GALEGAS 2019

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos" e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

Este ano dedícanse a Antonio Fraguas, o cal fixo un importante labor na defensa da nosa cultura.

Na escola, un curso máis, fixemos diferentes actividades relacionadas con esta data.

 

UN MURAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


AS PEGADAS EN GALEGO

Esta fermosa actividade iniciouse o curso pasado. Cada nena/o da escola elabora a súa pegada cunha palabra en galego e un debuxo relacionado coa mesma. Ademais complétase co seu nome e o curso ao que pertence. Unha vez rematadas entregáronse en dúas librarías de Baiona e a biblioteca munipal, que se encargarán de repartilas como agasallo durante a tarde do 16 e a mañá do 17 de maio. Así poderemos espallar as nosas letras en galego tratando de chegar a moita xente. Lembrade que o ano pasado unha das nosas pegadas chegou a Polonia.


 

 ACTUACIÓN DE ESTEBAN DE TARABELOS

Un ano máis Esteban deleitounos cunha función entretidísima titulada “Sabela e o paxaro máxico”. Quedamos coa boca aberta coa representación e o escenario que nos montou.

 

 

OUTRAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CON ESTE DÍA

Na escola tamén se realizaron outras actividades para dar a coñecer ao noso alumnado a vida e obra do homenaxeado. Fixeron xogos na pizarra dixital, pequenos traballos en papel, escoitaron versos…

 

 

E xa para rematar, para os máis curiosos/as  deixamos unha ligazón na que podedes descargar un díptico con máis información sobre Antón Fraguas.

http://seminariogalan.org/2019/ditico_aff.pdf

PAKOLAS

OS NENOS E NENAS DO AREAL O PASADO VENRES DESFRUTARON MOITÍSIMO DA ACTUACIÓN DE PAKOLAS NO AUDITORIO DE BAIONA.

SEMANA DO LIBRO

DEIXAMOS NA GALERÍA DA WEB ALGUNHAS FOTOS DAS LECTURAS QUE COMPARTIRON AS FAMILIAS DO AREAL DURANTE A SEMANA DO LIBRO. GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.

CELEBRACIÓN CONXUNTA ANIVERSARIOS

¡VOLTAMOS DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!

DEIXAMOS NA GALERÍA AS IMAXES DA CELEBRACIÓN DOS ANIVERSARIOS DO SEGUNDO TRIMESTRE.

PARA A OCASIÓN, ELABORAMOS UN BISCOITO DE NATA E FRESAS!!

XUNTANZA COS PAIS/NAIS DO ALUMNADO QUE REALIZARÁ 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL NO CURSO 2019 - 2020

Convócase ás familias do alumnado que realizará 4º de educación Infantil o vindeiro curso a unha xuntanza informativa co equipo docente.

Esperámosvos o martes día 14 de maio, ás 16:15 h.

 

                            

 

Farase entrega da documentación para a formalización de matrícula

EXPOSICIÓN REVITALIZA

Queridas familias, dende onte ata o vindeiro xoves, temos na escola unha exposición sobre a compostaxe: beneficios, importancia, forma de facelo... Non dubides en pasarvos polo centro e adicarlle 5 minutos á lectura dos paneis informativos.

VISITA Ó COMPOSTEIRO DE SABARÍS

Esta mañá, os nenos e nenas de O Areal, visitaron o composteiro de Sabaris, grazas ao Plan revitaliza da Deputación de Pontevedra. Ensináronnos o seu funcionamento e lembráronnos os produtos que se poden depositar nel (aínda que na nosa escola xa o facemos).

Lembramos ás familias a importancia do uso do composteiro, para reducir a porcentaxe de lixo.

E aproveitamos para indicar que se pode e non introducir no mesmo:

  • Pódense depositar restos de comida crúa ou cociñada, restos de xardín, pousos de café e restos de infusións, filtros e panos de papel (sen tinta), la en bruto, cortes de cabelo…
  • NON se poden botar ao compostador materiais sintéticos ou químicos nin aqueles que non sexan biodegradables (vidro, metal, plástico), aglomerados de madeira, deterxentes, medicamentos…

Para saber máis, podedes visitar a web: https://www.depo.gal/es/plan-compost-revitaliza/como-podo-compostar

DIA DA MULLER. 8M

https://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/sociedad/2018/03/06/100-galleg...

 

¡FELIZ DIA DA MULLER A TODAS!

MERENDA DE ENTROIDO 2019

TEDES NA GALERÍA DA PÁXINA WEB DO COLE, ALGUNHAS FOTOS DA MERENDOLA DE ENTROIDO QUE CELEBRAMOS HOXE NA ESCOLA.

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR COLABORAR NA MERENDA! OS VOSOS FILL@S DESFRUTARON MOITÍSIMO!!

CON ESTE DÍA POLO TANTO, DAMOS POR REMATADO O MECO.

DÍA DE ROSALÍA

ONTE, 24 DE FEBREIRO FOI O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO PORQUE É A DATA DO SEU NACEMENTO. NA ESCOLA NON NOS ESQUECEMOS DESA DATA TAN IMPORTANTE E DURANTE A PASADA SEMANA ESTIVEMOS A FALAR DA COÑECIDA ESCRITORA E ELABORAMOS ESTE FERMOSO MURAL.

NA SÚA CREACIÓN COLABOROU TODO O ALUMNADO DO CENTRO, NEL PÓDESE VER UNHA ESTROFA DO POEMA “PARECE UNHA ROSA”.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA MOITO!