Skip to Content

Formalización matrícula curso 2023 - 2024

O prazo para formalizar matrícula para o curso 2023 - 2024 do alumnado que inicia escolarización en 4º de Educación Infantil abrangue do 20 ao 30 de xuño.

Documentación:

- Impreso oficial (Anexo III -1) que se pode recoller no centro.

- Certificado médico.

- Fotocopia tarxeta sanitaria.

- Fotocopia DNI de ambos proxenitores.

- Impreso lingua materna e de relixión (recóllense no centro).

- 1 foto carné.

- Impreso de autorización de imaxe e saídas (recóllese no centro).

- Outra documentación, de ser o caso: sentenza, convenio regulador...

- Informe NEAE, de ser o caso.

 

Horario do centro de 9:00 a 14:00

Cole de maiores

Ante os nervios dunha nova etapa que está por comezar, primaria, onte por fin puidemos visitar o que será o noso novo cole en setembro.

Non podemos máis que sentirnos orgullosas dos nosos pequenos e pequenas que rematan etapa con nós.

Botarémolos moito de menos e sempre terán un oquiño no noso corazón.

Moitas grazas ao Ramón Artaza por darnos a oportunidade de disfrutar desta xornada.

 

Álbum: Saídas -> Cole de maiores

Vila de Muros

Ola familias!

Como ben sabedes, fai pouco que fomos de visita guiada pola nosa vila. No día de hoxe tivemos o privilexio de visitar o hotel Miraflores de man da familia de Pablo e o Otantus hotel grazas á familia de Domi. Queremos agradecervos que nos acollerades e nos fixerades a xornada de hoxe tan amena. Por aquí vos deixamos unhas fotos para que curioseedes, pero xa vos anticipamos que cousas como o jacuzzi ou as tumbonas no xardín deixáronnos enamorados.

 

Álbum: Saídas -> Muros II

Vila de Muros

Reservámonos para este tramos final do curso un novo centro de interese, a nosa vila, Muros.

Aquí podedes vernos coa guía María, por diferentes ubicacións de Muros, afondando en moitos datos de interese: historias de piratas, murallas, labirintos...

 

Álbum: Saídas -> Muros

AXUDAS PARA LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2023/2024

Infórmase que está aberto o prazo de solicitude de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria no vindeiro curso escolar.

 

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 21 de xuño.

 

Tedes toda a información na páxina web do CEIP Ramón de Artaza recollida na seguinte ligazón.

 

Así mesmo, recordámosvos que o prazo para formalizar matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut