Instrucións da Consellería de Educación:
Instrucións da Consellería de Educación:
-
A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.
-
Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.
-
A avaliación comprenderá o periodo desde o 8 de xaneiro ata o 13 de marzo.
-
O día 3 de abril sairán publicadas as notas a través de AbalarMóbil. Sería convinte que todo o mundo se dera de alta na aplicación EspazoAbalar