Iniciar sesión: Acceso

Inicio

Admisión novo alumnado para o curso 2017-2018

Comeza o procedemento de Admisión de Novo Alumnado para o próximo curso 2017-18.

Unha vez rematada a xestión de Reserva de Praza, no centro adscrito, para a totalidade dos nenos/as de 6º nivel de Educación Infantil que se incorporarán ao 1º nivel de Educación Primaria, publicamos o número de postos vacantes que ofertamos para o próximo curso (Adxunto 1).

A normativa que rexerá o proceso pódese consultar no Adxunto 2.

VIRUTAS Y EL ARCOIRIS

Nos incorporamos ao proxecto de traballo sobre Diversidade que se está desenvolvendo este curso no centro adscrito CEIP Vales Villamarín.

O fío condutor será o texto “Virutas y el Arcoirirs” Gastrocuento  de Marta Álvaro e Susana Fernández, que edita a ONG Infancia con Futuro.

"NIDITOS DE AMOR"

Estos primeiros días do segundo trimestre andamos estreando proxectos …

“Niditos de Amor” naceu dun texto de Rosa Medina Domenech, profesora titular de La Historia de la Ciencia na Universidade de Granada  (Niditos de Amor.pdf).

O COCIÑEIRO ANTÓN E A PASTELEIRA TOMASA

O 16 de decembro pasado as Escolas Unitarias de Coirós celebramos unha  das Xornadas de Convivencia preparatorias da celebración do Nadal.

Dentro do programa de actividades contamos coa participación do Teatro Calavera,  que nos presentaron a  O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa.

Festival de Nadal

18/12/2015
18/12/2015
Atlantic/Bermuda

Bo Nadal 2015!

Con esta video-felicitación que adxuntamos queremos desexar o mellor Nadal posible e un Ano 2016 cargadiño de experiencias e logros.

A escola estará aberta para compartilo.

II Festival "A familia en Concerto"

O 26 de novembro visitamos o noso centro adscrito, C.E.I.P. Vales Villamarín, para asistir a unha das xornadas de concertos que esa semana se levaron a cabo dentro do II Festival A Familia en Concerto, que se organiza desde o departamento de Música con motivo da celebración de Santa Cecilia.

Magosto 2015 na Galiña Azul de Coirós

 As Escolas de Educación Infantil (1º e 2º Ciclo) do Concello de Coirós  programamos un Magosto conxunto para o 11 de novembro (Programa da actividade adxunto).

Quedamos  na Escola de Educación Infantil (1º Ciclo) de Coirós.

Os días previos preparamos un agasallo para ofrecer aos compañeiros/as anfitrións….

 UN COMECASTAÑAS!

Visita á unitaria de Carnoedo

O pasado xoves día 11 de xuño, fomos de visita á unitaria de Carnoedo. Alí representamos a nosa obra como preestreno e estaban invitados tamén a unitaria de San Pedro de Nós.
Fixemos a obra e despois nos invitaron a unha gran merendola e xogamos cos demais compañeros. Pasámolo xenial.

A profe Tania de Carnoedo colgó no blog da escola un vídeo. Para poder velo clicar aquí.

http://picarexadas.blogspot.co.uk/

V Xornada de Convivencia co CEIP Vales Villamarín en Coirós

O pasado 5 de xuño as Escolas de Educación Infantil Fontelo-Ois e Coirós de Arriba celebramos unha nova Xornada de Convivencia co alumnado de 6º nivel de Educación Infantil do C.E.I.P. Vales Villamarín de Betanzos, acompañados das súas titoras (Montse, Marina, Carmen e Ana), Merchi (mestra de apoio) e Lucía (orientadora do centro e das escolas unitarias adscritas)

Distribuir contido

Eventos

« Xullo 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

O Tempo en Ois