Inicio de sesión

ADMISIÓN CURSO 2019/2020

 

Posto que hai máis solicitudes que prazas ofertadas do 25 de marzo ao 5 de abril terán que presentar a documentación acreditativa dos criterios de admisión.

 

O HORARIO DA SECRETARÍA É DE 13 ÁS 14 HORAS

 

Documentación a presentar:

Ø

Existencia de irmáns na nosa Escola e/ou centro adscrito será dada pola aplicación admisión alumnado.

Ø

Domicilio familiar, mediante Volante histórico de convivencia no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. A data de alta no concreto domicilio deberá ter unha antigüidade mínima dun ano respecto ao inicio do procedemento de admisión, agás circunstancias debidamente xustificadas. Así mesmo o certificado deberá estar expedido no ano 2019.

Ø

Domicilio laboral, a) no caso de persoas que presten servizos retribuídos por conta allea, mediante a achega de documento expedido para o efecto polo/a empregadora/or xunto cunha copia do contrato de traballo; b) no caso de traballadoras e traballadores por conta propia, mediante a alta censual inicial ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria, con todas as posibles modificacións posteriores e alta na Tesourería Xeral da Seguridade Social no réxime correspondente; c) o persoal ao servizo das administracións públicas presentará unha certificación expedida pola xefatura de persoal correspondente.

Ø 

A condición de familia numerosa, mediante fotocopia compulsada do título oficial en vigor ou do carné familiar galego expedidos pola Consellería de Traballo e Benestar. (Cando denegue a consulta)

Ø

A condición de familia monoparental, presentar a certificación de recoñecento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica

Ø 

Concorrencia de discapacidade no pai, nai, titor legal ou nalgún irmán, mediante a certificación do grao de minusvalía expedida pola Consellería de Traballo e Benestar ou, se é o caso, do órgano competente doutras administración públicas. (Cando denegue a consulta)

Ø

Existencia de  irmáns no IES Sánchez Cantón, acreditarase mediante copia completa do libro de familia e certificación do centro correspondente de estar matriculado na ESO, 1º de bacharelato ou certificado de reserva en 1º da ESO.

 

ESTA DIRECCIÓN AGRADECE QUE SE AXUNTE A DOCUMENTACIÓN O ANTES POSÍBEL