Iniciar sesión: Acceso

Saídas, visitas, excursións...

Recollida de Recordos e Sesión de Cine

01/30/2019 09:00
01/30/2019 14:00
Africa/Addis Ababa

Visita ás Residencias da Terceira Idade do Concello: Santa María de Ois e Fonte do Santo para recoller os recordos aportados polos/as usuarios/as ao noso proxecto sobre o Pasado.

Concerto de Música Medieval no Aulario do CEIP Vales Villamarín

04/13/2018 10:00
04/13/2018 13:00
Africa/Addis Ababa

O venres, 13 de abril, asistiremos a un concerto de Música Medieval no Aulario do noso centro adscrito, convidados polos/as compañeiros/as de Educación Infantil.

A información respecto ao desenvolvemento da actividade pódese consultar no documento adxunto

Visita á Exposición do Proxecto sobre Diversidade no CEIP Vales Villamarín

06/06/2017 09:45
06/06/2017 13:00
Africa/Addis Ababa

O alumnado e mestres de 6º nivel de Educación Infantil do CEIP Vales Villamarín (Betanzos) convídannos a unirnos a eles para visitar a Exposición do material producido polo alumnado de Primaria dentro do Proxecto sobre Diversidade que se desenvolveu ao longo do curso.

Leo, a mascota da Biblioteca do Vales fainos chegar a invitación (Documento anexo)

Saída a Pena Furada

05/22/2017 10:00
Africa/Addis Ababa

As Escolas Unitarias de Coirós visitan o xacemento arqueolóxico de Pêna Furada (Coirós). Esta actividade complementaria se enmarca dentro do proxecto de traballo sobre Diversidade que vimos levando a cabo durante este curso e que nos achega aos lugares significativos do noso concello.

Convivencia Intercentros en Betanzos

06/16/2017 09:00
06/16/2017 14:00
Africa/Addis Ababa

As Escolas Unitarias de Coirós visitan o edificio de Primaria do centro adscrito CEIP Vales Villamarín (Betanzos) co obxectivo de achegarnos aos espazos, profesorado e compañeiros/as que acollerán aos nenos/as que comezarán 1º curso de Primaria o próximo setembro.

Convivencia Intercentros en Coirós

06/09/2017 09:00
06/09/2017 14:00
Africa/Addis Ababa

O alumnado de 6º nivel do centro adscrito CEIP Vales Villamarín (Betanzos), que compartirá aulas de 1º Primaria cos nenos/as das unitarias de Coirós e Paderne do mesmo nivel o próximo curso, visítannos en Coirós nunha oportunidade máis de achegarnos e coñecernos.

Representación teatral na Galiña Azul de Coirós

O 2 de febrero compartimos parte da xornada lectiva cos/coas compañeiros e compañeiras da Escola de Educación Infantil de 1º ciclo de Coirós.

Xornada Convivencia Escolas de Coirós (02.02.2017)

02/02/2017 09:45
02/02/2017 13:30
Africa/Addis Ababa

O 2 de febreiro de 2017 as Escolas Unitarias de Coirós celebraremos unha nova Xornada de Convivencia co seguinte programa de actividades:

10:15- Asistancia á representación teatral "Zapatos" a cargo de Caramuxo Teatro. Esta actividade levarase a cabo na Escola de Educación Infantil de 1º Ciclo (Galiña Azul) de Coirós.

Visita ao CEIP Vales Villamarín: " III A familia en Concerto "

11/25/2016 09:45
11/25/2016 13:00
Africa/Addis Ababa

As Escolas Unitarias de Coirós visitamos o centro adscrito.

Actividades previstas: 

-Visita á Biblioteca de Primaria

-Asistencia e participación no "III A Familia en Concerto"

VI Xornada de Convivencia C.E.I.P. Vales Villamarín (6º nivel E.I.) / Escolas Unitarias de Coirós en Coirós

06/10/2016 09:00
06/10/2016 14:00
Africa/Addis Ababa

Un ano máis recibimos ao alumnado de 6º nivel de Educación Infantil do C.E.I.P. Vales Villamarín (Betanzos) en Coirós para compartir experiencias e xogos. (Programa de actividades adxunto)

Unha nova oportunidade para interactuar cos/as nenos/as cos que compartiremos aulas de Primaria o próximo curso.

Distribuir contido

Eventos

« Septembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

O tempo en Coirós