Festas e celebracións
IX Xornada de Convivencia CEIP Vales Villamarín- Escolas Unitarias de Coirós en Coirós
Enviado por cftorices o Sáb, 07/06/2019 - 14:00Un curso máis recibimos en Coirós ao alumnado de 6º nivel de Educación Infantil do centro adscrito CEIP Vales Villamarín.
Esta xornada de convivencia enmárcase no Plan de Acollida que comparten os centros da comunidade educativa e que persigue o obxectivo de promover actividades de coñecemento e interactuación entre os/as nenos/as que o próximo curso compartirán aulas na Etapa de Educación Primaria á que se incorporan.
Festa Entroido 2019 en Betanzos
Enviado por cftorices o Xov, 02/28/2019 - 21:26Compartiremos este xornada festiva co alumnado do centro adsxrito, CEIP Vales Villamarín (Betanzos), participando das actividades organizadas para a ocasión segundo o programa adxunto
Último día lectivo Curso 2018-19 e Festa Fin de Curso
Enviado por cftorices o Ven, 05/18/2018 - 16:46Último día lectivo do curso 2017-18. Horario e servizo de transporte habituais.
En Horario de tarde (a partires das 18:00 horas) no Centro Social do concello celebrarase a Festa de Fin de Curso, coa asistencia de familias e amigos/as.
VIII Xornada de Convivencia CEIP Vales Villamarín-Escolas Unitarias de Coirós en Coirós
Enviado por cftorices o Ven, 05/18/2018 - 16:35Un ano máis, recibimos ao alumnado de 6º nivel de Educación Infantil do noso centro adscrito, CEIP Vales Villamarín (Betanzos) para celebrar unha xornada lectiva común no marco do Plan de Acollida que involucra aos centros da comunidade educativa.
A programación de actividades detállase no programa adxunto.
Día das Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno
Enviado por cftorices o Ven, 05/18/2018 - 16:23Xornada non lectiva por celebración Día das Letras Galegas
Día das Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno
Lucía Casal, mestra especialista en Audición e Linguaxe, lanza unha proposta desde a Escola de Fontelo-Ois, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas: Recoller material da tradición oral galega. A temática e formato da recollida será libre.
O obxectivo é recopilar a colleita dos diferentes centros educativos cos que ten relación.
Día da Muller 2018
Entre a nova bibliografía que andamos adquirindo para a biblioteca de aula contamos coa colección “Pequena &Grande” da editorial Alba, que nos axudan a coñecer a biografía de mulleres destacadas en diferentes eidos .
Comezamos a súa lectura con motivo da celebración do Día da Muller e acompañarannos, como material de apoio, nas próximas sesións sobre igualdade.
Día da Paz 2018
Para conmemorar o Día da Paz 2018 contamos coa aportación que Pilar, axente de igualdade do concello, nos trae a unha das sesións semanais sobre Igualdade que compartimos con ela
Día da Muller 2018, festivo local en Coirós
Enviado por cftorices o Mér, 02/28/2018 - 02:29O 8 de marzo de 2018, Día da Muller, será día non lectivo nos centros educativos de Coirós por ser festivo local
Día de Rosalía de Castro 2018
Pilar, responsable da Biblioteca Municipal do Concello, proponnos colaborar nas actividades de conmemoración do Día de Rosalía de Castro, escritora galega que se homenaxea cada 24 febreiro (data do seu nacemento).
Partindo das primeiras estrofas do poema Adiós ríos, adiós fontes puxémos a crear rimas cun esquema paralelo e montámolas nun vídeo. (Arquivo Adxunto: Rosalía de Castro 2018.flv)
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
