Iniciar sesión: Acceso

Os miolos non paran ..

Por iniciativa das familias, abrimos este espazo de convivencia co fin de manter, no posible, o contacto entre o alumnado durante o tempo de confinamento que nos impón a pandemia do Coronavirus (COVID-19)

As familias, colaboradores e mestras iremos propoñendo iniciativas de traballo que permanecerán abertas á participación.

 

1ª Iniciativa : NARRAMOS UNHA HISTORIA COLECTIVA

 Partimos da frase de inicio: 

"Había unha vez un bichiño, tan pequeniño, tan pequeniño que ..."

CELTIA .. 

".. andaba por las montañas, saltando, buscando diamantes .."

 (Celtia, en principio, chámalle Corona ao Bichiño, pero despois prefire que non)

 JAIME ..

".. Después de muchos días caminando se encontró un diamante supergigante. Intentó acercarse a él pero .. ¡Oh, sorpresa!

                     

 (Na parte superior dereita do debuxo de Jaime vense as irmanciñas do Bichiño. Tamén se pode ver un Coscobello)

DANIEL RODRÍGUEZ ..

"..Apareció un Coscobello y se lo llevó .."

ROI ..

"..O Bichiño foi á cidade para quitarlle o Diamante .."

VALENTINA ..

".. O Bichiño, na cidade, visitou moitos lugares: Escolas .. Xulgados e tamén Bares .."


NOA ..

"..le dice "Adiós" al Bichito desde la ventana, así se irá para siempre .."

 MARIO ..

".. Y el Coscobello encontró con el Arcoiris y, por un momento, se olvidó del Bichiño .."

 SOFÍA ..

".. Había una vez una casa en un pueblo viejo y después la chica se encontró con un Unicornio Venenoso Bichito que murió y que después ...

.. al día siguiente, fue un Unicornio a un Arcoiris y lo encontró  ..

..y después le pusieron ahí una comida y se fue a correr..

..todo vai saír ben"

 

AHITANA ..

SOFÍA

Engade unha historía máis ..

"Había una vez una familia que estaba regando en el jardín de su casa y después se fueron a casa, durmieron y vino Papá Noel" 

 TOMAS e DANIEL preguntan se algunha destas personaxes levan casco.

SOFÍA responde: "¡Noo tienen caascoo!"

VALENTINA:

Proponnos un remate colectivo ao berro de "Todo vai saír ben!". 

 LUCA

                         

 

2ª Iniciativa : BICHIÑOS

Recollelos, contalos, observalos, debuxalos, construílos ...

CELTIA

Reúne un montón e comeza facendo un niño de ovos de bolboreta..

 

Desde a casa de Daniel aportan unha idea .. separalos por número de patas.

 

Xogando cos bichos na mesa de luz ..

NOA

Aprende qué animais comen algúns bichos ..

             

CELTIA

Conta os seus bichos ..

..e xoga con bichos que brillan na escuridade ..

          

DANIEL RODRÍGUEZ 

Proponnos un reto: Na seguinte imaxe hai un bicho, queredes xogar a encontralo?

LÍA, irmá de Celtia, descubre un VERME na esquina inferior esquerda!

 CANDELA

Fixo un Bicho Coscobello coa súa casa ..

             

LEANDRO

Enséñanos os seus bichos ..

         

JAIME

Crea un Bicho extraterrestre coa súa boca, ollos e cornos ..

MARIO

Fai 2 mariposas e un gusano ..

              

VALENTINA

Fornea Bichiños .. Coronavirus, xoaniñas, bolboretas ..

NOA

Encontra unha familia de caracois

             

ROI

Ten o plan de ver esta peli ..

                  

..E atopa este bichiño ...

                   

                  

JAIME

Pinta unha xoaniña para a colección ..

LUCA

A falta de bichiños .. margaridas! .. e as conta in english ..

             

CELTIA

Tamén pinta pedras: unha xoaniña e un Bicho Corona ..

          

A súa nai únese pintando casiñas ..

As pintan con rotuladores de tiza e as cores fluorescentes .. brillan na escuridade!

SOFÍA

Encontrou un montón de BICHIÑOS: 1 cucaracha, 1 miñoca, caracois e unha nai caracol con un bebé na barriga ..

           

                 

                  

                  

 CELTIA

Quere mostrarnos o seu minimundo de unicornios

                

 MATEO

Cumple 4 anos!! FELIZ CUMPREANOS, MATEO!!!

Fixo orugas, ás que lle s quere poñer unha cara con cellas ... ao Frida Kahlo.

 LUCA

A nai de Luca pregúntalle que é o Coronavirus: "¡Una galleta de Valentina!"

DANIEL ROSENDE

Encontra un ourizo. Chámalle "Pincho"

        

LUCA

Nun arbusto do xardín descubre  un niño! (Vídeo adxunto "13. Merlo I")

CELTIA

Ponse a investigar .. e averigua que o merlo pon 3 ou 4 ovos azulados ..

 

 

 LUCA 

Confirma que a mamá paxaro é o merlo común negro, vírona saír e entrar no niño.

SOFÍA

Tamén di que un pazaro negro, que pon ovos azuis é o merlo. 

LUCA 

Envíanos un par de fotos que lle quitou ao paxaro voando ..

 

CELTIA

Encontra estas dúas imaxes de merlos voando, para comparar ..

 

Confirmado. O paxaro que aniñou no arbusto do xardín de Luca é un MERLO. 

Bo traballo, investigadores!

CANDELA

A nai paxariño está buscando comida para os seus fillos na casa de Candela

                               

DANIEL RODRÍGUEZ

Na casa de Daniel fanse preguntas..

Canto é o período de incubación do merlo?

Cantos días levarán aí? 

Un paxariño (outro) ten as respostas..

A incubación dos ovos dura de 11 a 14 días e os poliños permanecen no niño uns 12 ou 13 días.

CONCHI

Propón axudar á mamá merlo a recoller comida poñendo comedeiros nas casas, como facemos na escola ..

CANDELA

Ponse a facer un comedeiro

CELTIA

Prepara un comedeiro por se a mamá merlo se anima a ir a Betanzos. Debuxoulle o merlo cos seus ovos azulados ..e un unicornio, claro.

           

DANIEL RODRÍGUEZ

Anima a Luca a observar se a mamá merlo é marrón ou negra, porque ás veces cuidaos as mamás e ás veces os papás.

CONCHI 

Aporta un par de imaxes para axudar a identificalos ..

 

                         FEMIA                                                              MACHO

LUCA

Dice que é o paxaro negro, é un merlo. Así que entonces (no niño) é un papá solo cos ovos, porque femia non se ve. Puxéronlle un comedeiro para que non teña que ir por comida moi lonxe.

CANDELA

Confírmanos que o merlo que viu na súa casa era un papá.

Uns días máis tarde ..

LUCA

Cóntanos que xa naceron os paxariños! (Documento Adxunto: "Merlos II")

Hai 3 paxariños no niño.

CONCHI

Aporta imaxes do nacemento dun merlo ..

 

  

 

Uns días máis e..xa teñen plumas!! (Documento Adxunto: " 24. Merlos III")

               

  CANDELA

Di que teñen unha cara moi bonita.

Outros poucos días máis .. e o niño xa lles queda pequeno.

                

Así cantan os merlos cando son maiores: O Merlo Canta

CELTIA 

Comenta: "Ostras!, que grandes"

Por fin, o 23 de abril, Día do Libro, botan a voar!! (Documento Adxunto "31. Merlos IV")

Tres días máis tarde .. o niño está baleiro. (Documento Adxunto "33. Merlos V")

 

CONCHI envíanos tarefas individuais de reforzo, contextualizadas. (Documentos Adxuntos "34, 35, 36: Os Merlos de Luca 3A, 4A, 5A") e traballabmos nelo ..

  

        

  

ALGÚN TEMPO DESPOIS .. 

O arbusto do xardín de Luca é moi acolledor .. (Documento Adxunto: "42. Merlos VI")

MARTÍN e RAÚL descubriron que na casa dos seus avós hai 3 niños pero están moi altos.

Uns días máis tarde a segunda xeración de merliños xa naceu .. (Documento Adxunto: "44. Merlos VII")

En pouco tempo medran tanto que xa están listos para voar ..(Documento Adxunto: "49. Merlos VIII")

 ROI e IRIA

Os xabaríns visitan a súa casa polas noites. Non os ven pero deixan moitos buratos. Iria e Roi aproveitan a terra para facer albóndigas de terra e auga para facerlles de trampa e espantalos.

 CANDELA

Atopou un niño pero estaba vacío. Da casa de Daniel comentan que xa voaron; se vixían arredor ao mellor ven os poliños. Pola tarde non se ven. Probarán pola mañán.

                                              

ROI e IRIA

Escoitaron un CUCO!. Fai "Cu-cú, Cu-cú". Farán un comedeiro para ver se se acerca..

                                           

Outro día, iban a facer unha empanada cando viron un caracol que os espíaba, víronlle a boca.

                 

JAIME

Encontra un niño en Queirís.

Sólo hai un ovo porque ..

"A lo mejor se han ido volando los pequeños, aprendieron a volar ellos solos o los enseñó su mamá y se fueron volando porque (los huevos) ya estaban rotos y los quitamos. El que quedó en el nido estaba roto. "

O seu irmán Abel viu uns paxaros que aínda non sabían voar.

 

 CANDELA encontra este bichiño e Celtia descubre que se chama Thea punctata

 

SOFÍA viu unha xoaniña vermella con puntos negros no xardín.

LUCA viu unha colmea nun paseo por Coirós e púxose a traballar sobre as abellas ..

 

"The bees are making honey" ..

CANDELA viu unha abella traballando nunha flor e envíanos un vídeo .. (Documento Adxunto "48. Abella traballando")

CONCHI tamén ve unha abella traballando..

 DANIEL RODRÍGUEZ 

Móstranos a unha galiña moi xenerosa ..(Documento adxunto: "43. Galiña con gatiños")

 

3ª Iniciativa : Creamos unha BANDA SONORA

Sobre un tema musical: interpretalo, versionalo, poñerlle coreografía ...

VALENTINA

Coa súa nai, interpretan Hakuna Matata.. Audio Adxunto "1. Hakuna Matata".

SOFÍA, MARIO e BRAIS

Acompañan co mesmo tema 

AHITANA

Coreografía el tema "No tengas miedo" de Anabella Queen.

 CELTIA

Con axuda da súa irmá Lía, compoñen una versión da canción Unha pouca roupiña, de MamaCabra. Audio Adxunto "2. Unha pouca roupiña" e Vídeo Adxunto "3. Unha pouca roupiña"

Transcrición da letra:

Imos pintar unhas poucas pedriñas

Contarlle aos amigos as nosas cousiñas

Buscar bichos e historias facer

sobre un bichiño que imos vencer.

Ai, meus nenos! Ai, miñas neniñas!

Anque non podamos saír da casiña,

todos xuntos podemos cantar

ao berro de "Todo ben sairá!"

LUCA

Recorda unha canción da escola (Documento Adxunto: "23. Ola, ola, la")

CELTIA

Acompaña, recordando outros temas que cantamos co coro do concello: "Cosas que me hacen feliz" e "Unha pouca roupiña".

ROI e IRIA

"Ensaian" cun audio que nos mandou María, directora do coro. 

AHITANA

Envíanos un tema musical personalizado que podemos ver neste enlace: tina y tin + ahitana

 

 4ª Iniciativa : CERTAME DE RIMAS

O calendario di que chegou a Primavera, inspiración de poetas e poetisas. Imos darlle unha oportunidade ás musas e .. Buscamos o eco das palabras, como nos ensinou Aida; se encontramos 2 palabras co mesmo eco, tratamos de poñela nun pareado, poema, ...

 EL UNICORNIO NO ESPERA

QUE LLEGUE LA PRIMAVERA (CANDELA)

HAY UN UNICORNIO EN EL CIELO

¡FELICIDADES, MATEO! (CELTIA)

PRIMAVERA

¿CUÁNDO VAMOS A SALIR AFUERA? (MARIO)

PEGASO

EMPIEZA CON LA LETRA DE PAYASO (CELTIA)

EN LA PRIMAVERA 

PINTO TELAS (DANIEL)

ME GUSTA LA PRIMAVERA

PORQUE MI CUMPLE LLEGA (VALENTINA)

HOLA, SOY LA MANZANA DE LA PRIMAVERA

Y NO SÉ PORQUÉ PERO ME METIERON EN LA NEVERA

ESPERA, ESPERA ..

QUE ANTES ERA MANZANA Y AHORA SOY PERA (MAR, irmá de DANIEL RODRÍGUEZ)

LA PRIMAVERA HA VENIDO

YO NO SÉ CÓMO HA PODIDO

PASAR POR LA CARRETERA

CON TANTOS VIRUS POR FUERA (Avoa de CANIEL RODRÍGUEZ)

POR FAVOR, PRIMAVERA,

ME DAS UN YOGUR DE LA NEVERA (DANIEL RODRÍGUEZ)

MARGARITA, ITA, ITA

QUE ERES TAN BONITA, ITA, ITA (IRIA e ROI)

SOLECITO

CALIÉNTAME UN POQUITO

POR HOY, POR MAÑANA

POR TODA LA SEMANA (MARTÍN e RAÚL VÁZQUEZ)

CON ESTA PULSERA 

LE DIGO "HOLA" A LA PRIMAVERA (IRIA e ROI)

EN PRIMAVERA

SE COME UNA PERA (DANIEL ROSENDE)

¡QUÉ BONITA ERA LA PRIMAVERA

CUANDO ESTÁBAMOS FUERA! (CELTIA)

¡QUÉ BONITA LA MARIPOSA

QUE EN LAS FLORES SE POSA! (LÍA, irmá de CELTIA)

EN PRIMAVERA

¿CUÁNDO PODEMOS SALIR FUERA? (CELTIA)

 CANDELA, EN PRIMAVERA, ERA, ERA

FUE A LA CARRETERA, ERA, ERA (CANDELA)

CONCHI ESTÁ VIENDO FLORES

DE TODOS LOS COLORES (CANDELA)

YA ESTÁ LIMPITO

PERO FALTA UN POQUITO (ROI e IRIA)

 

5ª Iniciativa : ENGLISH  ACTIVITIES

O tío David envíanos vídeos recordándonos diálogos e cancións que aprendimos con él e engadindo historias novas. (Vídeos Adxuntos "19 e 20: Tío David´s Sessions")  Algunhas respostas, nos  Audios Adxuntos "English"..

A proposta de Montse de English Activities podemos consultala no seguinte enlace:

 http://octopusgarden.org/archivos/category/books

VALENTINA

Deseñou este debuxo seguindo as instrucións dundos vídeos que nos recomendou Montse (Documento Adxunto: " 7. How to draw a cat")

              

 O Tío David envíanos unha nova sesión en vídeo. Cóntanos a historia Dear Zoo e reforza o vocabulario dos animals do conto con mímica.

CELTIA

Ve o conto, que nos mandou Montse, Pete the Cat. Gustoulle moito a canción e a mensaxe, ideal para este días.

Despois, seguindo os titoriales para debuxar, fixo estos debuxos ..

               

MONTSE envíanos un novo documento (Documento Adxunto " 9. The very hungry caterpillar")

 CELTIA

Deseña un caterpillar coa axuda de mamá ..

LUCA

 ROI

Fai un Caterpillar que comeu moito

              

MARTÍN e RAÚL VÁZQUEZ

Tamén crean un caterpillar.

DANIEL RODRÍGUEZ

DANIEL RODRÍGUEZ

Otro Caterpillar 

LEANDRO

O seu Caterpillar

                              

MARIO e BRAIS

Debuxan a Thomas & Friends.

                                            

Montse envíanos unha nova proposta (Documento Adxunto "25. How are you")

LUCA

Pinta a cara feliz  co experimento máxico de Celtia

                                             

LEANDRO

Debuxa o monstro de cores, que se ve igual aínda que se lle pinte a cara.

 CELTIA

 

 

6ª Iniciativa : IDEAS AUTOXESTIONADAS

 CONSTRUÍR

  

               

CAIXA DE COUSAS CHULAS SORPRESA (Noa)

 

O COLE DA CASA (Mateo)

(Sofía)

                         

 

DEBUXANDO

O tractor de Luca

 MURAIS AO ESTILO DE DIEGO RIVERA E PINTURAS NO CHAN (Candela)

                  

CREANDO CON AREA MÁXICA (Celtia)

CON PASTA DE SAL ..

NOA danos a receita:

1 VASO DE AUGA + 1 VASO DE SAL + 2 VASOS DE FARIÑA.

FORNO OU DEIXAR SECAR AO AIRE E LISTO!

 

CONTACONTOS DE SOFÍA 

"Había una niña que se llamaba Sofía. Salió al jardín cuando acabó de comer en casa de la abuela María (y también se llama María, Sofía) y después, antes de que se hiciera de noche, le dió de comer a su mascota unicornio; y las flores, de paso, la niña las regó."

 

 FACENDO GALLETAS

IRIA, ROI e VALENTINA

                  

NA HORTA

DANIEL ROSENDE recollendo laranxas

                  

 DANIEL RODRÍGUEZ AO TECLADO

La pata coja (Documento Adxunto: "17. La pata coja")

Sur le point d´Avignon (Documento Adxunto: "18. Sur le point d´Avignon)

 

SOFÍA

Axuda a cociñar albóndigas.

                             

 MARIO fixo de panadeiro no forno de leña que ten na casa, o Domingo de Pascua ..

 

                 

              

 

PINTAR CON MAXIA

CELTIA e LÍA mándannos este enlace para aprender a crear debuxos máxicos, por se queremos probar .. 

https://www.facebook.com/groups/442008802672411/permalink/1385417398331542/

DANIEL RODRÍGUEZ  proba con éxito!  (Documento Adxunto: "21. Pintura Máxica")

SOFÍA

Deseña un arco da vella

 

CELTIA pinta mouchos en rollos de papel hixiénico e CANDELA, un unicornio ..

 

CELTIA 

Fai Cookies e comparte a receita (in english) (Documento Adxunto: "30. Chocolate chip cookies")

  

 

MARTÍN y RAÚL VÁZQUEZ

Acordáronse dos compañeiros e compañeiras da escola e o representaron ..

 Iban a levar os barquiños a Chelo (ao río) pero co Coronavirus non poden ir.

 

LUCA

Constrúe un barco pirata

                                 

 MARIO 

Fai un puzzle de BUITA, GATUNO e KEKO.

              

VALENTINA

Pinta ela soa e tamén con Rocío ..

 

 VALENTINA e SOFÍA cociñan tortitas ..

CUMPREANOS DE MARTÍN E RAÚL VÁZQUEZ

CELTIA fai pompas e proba a ver se algunha chega a Coirós (desde Betanzos) no día especial de Raúl e Martín ..

              .. e chegan!!!

 (Documento Adxunto: "32. Cumpreanos de Martín e Raúl")

 CELTIA e LÍA

Crean unha actividade de expresión plástica moi divertida ..

 

 Encontraron a idea neste enlace:

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=3619811201426186&id=867576176649716

 

CANDELA

O Día da Nai quixo facer repostería .. é unha nave espacial!

                                        

LEANDRO e MARIO escriben ..

ROI e IRIA constrúen un Elmer como o do conto..

 AHITANA

Ten un estanque con peixes e cántalles

A HORTA DE MARIO

 

 

 AHITANA

Traballa no caderno de números da escola ..na casa

CELTIA

Acórdalle a Festa de Nadal no Centro Social e a debuxa. Na parte de atrás están as mestras, Olga e Conchi, mirando ..

 

NOA e CANDELA

Encontran unha cenoria diferente ... Que letra é?

 Os compañeiros e compañeiras teñen distintas hipóteses ..

"Una L .. (for Luca) .. una C .. una V .. 

..Es una ZANAHORIA! .. parece una zanahoria revirada.") 

A DANI (maior) parécelle .. "unha U deitadiña".

 

Chega o SAN XOÁN coas súas tradicións ..

 

 7ª Iniciativa : EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS

Marie e Irene Curie reaparecen para convidarnos a experimentar coa ciencia ...

ALGUNHAS DAS SÚAS PROPOSTAS ..

EXPERIMENTO 1: FAGAMOS DESAPARECER UNHA MOEDA

1. Colle unha moeda, un vaso e unha xarra ou outro vaso cheo de auga.

2. Pon a moeda sobre a mesa.

3. Pon o vaso vacío sobre ela.

4. Observa a moeda a través da cara lateral do vaso.

5. Comeza a encher o vaso de auga e comprobarás que, a partir de certo nivel de auga, a moeda "desaparece". 

NON É MAXIA ... É CIENCIA!

EXPERIMENTO 2: "ÁCIDO + BASE ..." (Irene Curie)

1. En dous vasos, vertemos un pouco de vinagre + un pouco de colorante (en cada vaso, un color diferente).

2. Remóvese.

3. Engádese un pouquiño de bicarbonato e ...

4. Voilá! ... Explosión!!

 

 EXPERIMENTO 3: "ARCO DA VELLA: TODO VAI SAÍR BEN"


1. Marie Curie e a súa axudante Candela fan un arco da vella con Lacasitos de cores.

2. Engaden auga.

3. Remexen ..

4. A auga tínguese de cores ... 

 

NOA lo intentó con el experimento 2 y le salió muy bien.

LÏA y CELTIA no tenían bicarbonato y lo sustituyeron por levadura en polvo y salió algo parecido ..

  

      

Tamén conseguiron mesturas con diferentes cores.

Na casa de DANIEL apareceu a moeda no fondo do vaso, por arte de Maxia!  ...Será a mesma qie desapareceu na  casa de Lía e Celtia?

SOFÍA constrúe un mundo de xoguete no que viven Marie e Irene Curie e tamén experimenta .. termina facendo un arco da vella de "Todo vai saír ben" ..

                  

LUCA fai o Experimento 2 e sáelle moi ben .. (Documento Adxunto "10. Luca experimento)

CELTIA cumpre 5 anos e prepara unha Tarta da Avoa para celebralo ..

FELIZ CUMPREANOS, CELTIA!!!

 

8ª Iniciativa: A PRIMAVERA EN IMAXES

Inspirándonos na última obra de Pin ..

Recollemos imaxes da chegada da Primavera, que non entende de pandemias ..

VALENTINA

                           

CANDELA

             

ROI e IRIA

DANIEL ROSENDE

SOFÍA

                 

CELTIA ("Primavera de Interior")

CANDELA ("As miñocas saen en Primavera")

 

NOA

                 

                

As imaxes foron xerando inspiración poética que engadimos na "4ª Iniciativa: CERTAME DE RIMAS"


VALENTINA

Fai un floreiro cos debuxos de Super Simple Songs

                

 

9ª Iniciativa: PROPOSTAS PARA ACABAR CO CORONAVIRUS

Espontáneamente xurdiron propostas dos nenos para frear ao Coronavirus. 

Recollémolas ..

CANDELA

Disfrazouse de Superheroína para quitar o Coronavirus

 TOMÁS (irmán de Daniel Rodríguez)

Diseñou unha trampa para o Coronavirus e púxoa na porta da entrada.

 VALENTINA 

Puxo un cartel na porta da entrada.

               

CELTIA

Propón acabar co Coronavirus usando espadas de madeira.

 LÍA (irmá de CELTIA)

Opta polas trampas tamén

 TOMÁS (Irmán de DANIEL RODRÍGUEZ)

Propón pedirllo aos Reis Magos, que teñen MAXÍA, non?

 LUCA

Propón acabar co Coronavirus botándolle auga cunha mangueira de bombeiros!

                

 CANDELA

Encontra ao Coronavirus, fóra da casa, onde anda coa bici.

Primeiro pensa en matalo para poder saír; observándoo mellor ve que non é verde, é marrón, así que debe estar morto xa.

                

ALINA e BRENDA (ELENA  e VALENTINA) 

As fadas tamén queren combatir ao Coronavirus.                                                            Alina e Brenda propoñen un Monstro que remate con él (Vídeo Adxunto "8. Alina e Brenda).

Este é o Monstro, ao que lle buscaremos un nome axeitado ..

                            

CATUXA propón .. MASCARILLO

Despois do esforzo estas fadas cocinillas fixeron madalenas ..

 

CELTIA

Chamou a outro ser máxico para axudar ..

                 

ALAMI e CANDELA (CAROLINA e CALNDELA)

Outra fada e a súa axudante intentan unha poción antivirus .. (Documentos Adxuntos "11 e 12. Alami e Candela 1 e 2")

 CATUXA

Xa facía tempo que no nos visitaba a nosa fada pero aquí está de novo para botar unha man coa súa poción .. (Documento Adxunto "14. Poción Máxica") 

 LÍA e CELTIA (Fada e Unicornio)

Propoñen un remedio moi útil contra o Coronavirus .. (Documento Adxunto "15 e 16. Lía e Celtia 1 e 2")

LEANDRO

Di que o Coronavirus e pequeniño; cando se tose, non se ve.

                                      

 

 10ª Iniciativa: AUTORRETRATOS CON FRIDA KAHLO

Frida Kahlo anda por Coirós de novo! 

Envíanos un vídeo "coa súa filla Fridita" (Candela) e proponnos pintar autorretratos como facía ela cando estaba mala e tiña que pasar moito tempo na cama ..

Poñémonos con elo ..

               

Autorretrato de CELTIA, con MAMÁ, CANDELA, FLORES, UN PLÁTANO, UN HÓRREO, UN ARCOIRIS ..

             

Ademais, pinta un UNICORNIO ao estilo de Frida..

 

Autorretrato de LÍA (irmán de CELTIA), con "Mirada de Exploradora"

 

SOFÍA

Creou unha das súas historias ilustradas, arredor de Frida ..

"Había una vez Frida, la mayor, que le dolía el hueso y su hija le estaba cuidando a Frida Kahlo.Un día fueron por (este camino) de piedras y ¡mira qué se encontraron! ..se encontraron un unicornio en su casa y, al día siguiente, fueron por (este camino) y se encontraron un corazón hecho de papel."

                

Conchi móstranos outras e outros artistan que tamén pintaron autorretratos, por se nos inspiran ..

DEHLY TEJERO 

TAMARA DE LEMPICKA

 

MARC CHAGALL

 

PABLO PICASSO

 

MARIO

NOA

                               

 

 11ª Iniciativa: APRENDENDO O NOSO PASADO COAS FADAS e OUTROS SABIOS.

ALINA e BRENDA fálannos sobre os Celtas (Documento Adxunto "19. Alina, Brenda e os Celtas")

DANIEL RODRÍGUEZ

Pregunta si el coche que se ve detrás también es de los celtas. ¿Usaban coches?

ALINA dice que es un trocomóvil, como el de los Picapiedra!

 

ALDARA e CATALINA cóntannos como se viviá nos castros.

CELTIA e MARIO fan castros ..

                    

 A CONCHI ocurrénselle un par de preguntas ..

AS NENAS E OS NENOS CASTREXOS TIÑAN ESCOLAS?

QUEN MÁIS PODERÍA SABELO?

Nós mesmos (como non!) temos algunha hipótese ..

DANIEL RODRÍGUEZ

Creo que se lo explicaron los padres.

(Coa súa nai reflexionan ..)

Como podemos saber nosotros si había niños que iban al colegio ..o no había colegio .. o si había una casita que era el colegio.. si no vivíamos en esa época?.. Con las Hadas, se lo preguntamos a las Hadas.

AS FADAS RESPONDEN ..

Aportando un par de imaxes

Observándoas se nos ocurren máis hipóteses ..

MARIO 

¿Puede ser la rectangular, la escuela? .. las demás son todas redondas. 

FADA ALINA (Elena, nai de Valentina)

As encargadas da educación dos nenos eran as mulleres, as nais .. e tamén se encargaban da educación dos nenos os ..druidas!

As escolas de druidas estaban nun sitio moi especial ... onde había .. árbores.

A fada Alina pregúntanos .. Onde estudarían os nenos e nenas, entón, para ser druidas?

...

Alina segue contándonos  que ..

A nosa amiga Pilar, de Igualdade, debía ser celta, no tempo dos celtas había unha plena igualdade entre nenos e nenas.

FADA BRENDA (Valentina)

Os celtas dicían .. Todos somos iguales!

LÍA (Irmá de Celtia)

Antes, os celtas, non tiñan escola pero sí, polas noites, en familia, contaban antigas lendas que contaban como funcionan as cousas. As contaban entre as familias.

CELTIA

Ao ver as imaxes, recorda que ela estivo en dous castros .. 

Castro de Viladonga

 Castro Santa Trega

 FADAS ALDARA e CATALINA (Carolina e CANDELA)

Confirman que .. Se enseñaba en coloquios e falando e de uns a outros íase aprendendo a facer as cousiñas; normalmente, se o papá era ferreiro, o fillo ou a filla tamén era ferreiro .. todos eran iguais, os homes e as mulleres.

CONCHI 

Aporta un par de imaxes de posibles escolas de druidas, para axudar a responder á pregunta da fada Alina ..

 

FADA BRENDA (Valentina)

Confírmanos que os druidas daban clase no bosque; alí, en contacto coa Natureza, podían ensinar as pócimas para que os nenos que quixeran ser druidas conseguiran memorizar mellor, en contacto coa Natureza.

LUCA

Fai un castro con pedras e o cole ao lado e aprendeu que un castro é "unha casa redonda feita con pedras"

 

 

             

DANIEL ROSENDE

Recorda cando estivo en Aldea Nova

 

              

MARTÍN e RAÚL VÁZQUEZ

Tamén constrúen castros

                              

 FADA ALINA (Nai de Valentina)

Quere saber .. Como se chaman esas construcións con 3 pedras que fixeron Martín e Raúl Vázquez?

MARTÍN E RAÚL VÁZQUEZ

Dolmenes

SOFÍA

Constrúe un castro ben grande

 

TOMÁS (Irmán de Daniel Rodríguez)

Di que se Sofía cabe dentro e deixa a casa para outro día .. poderá ter 2 casas.

NOA

Fai un Minimundo-Castro

               

En Piornedo coñeceu unha palloza

           

DANIEL RODRÍGUEZ e os seus irmáns MAR e TOMÁS

Inspirados polo castro de Sofía fixeron un ... para o gato!

Parécelles moi difícil facer o tellado. Daniel quere cubrilo por dentro con barro, que él sabe como facer ... pero non caben dentro.  

DANIEL RODRÍGUEZ 

Inspirouse nas imaxes que nos mandou Mario facendo de panadeiro .. e buscou máis información ..

                                   

..E encontrou esto ..

 

 

Parece que os castrexos tamén tiñan fornos parecidos ao de Mario nos castros..

Cociñarían tamén pan e empanadas?

LÍA, irmá maior de CELTIA

Tiña como traballo do seu cole construír unha vivenda de calquera tipo e construiu isto que comparte con nós ..

CATALINA e ALDARA (Candela e a súa nai)

Ensínannos o que facían os druidas na súa época, facendo unha pócima para nós. (Documento Adxunto "29. As druidas e a pócima").

JAIME

Nun paseo na procura de flores para facer un Maio, non viu o pincho dun pao que estaba no chan e picouse. O seu irmán Abel encontrou menta para curalo e pasouna polo pé... como un druída!!

 

12ª Iniciativa: JUGANDO A ADIVINAR CON MARINA

MARINA es una amiga de GRANADA (de ahí la transcripción en castellano de esta iniciativa, con el fin de facilitarle un acceso más cómodo).

Vamos a jugar con ella a ADIVINAR ...

Ella vive en una casa en medio del campo y tiene un gran jardín..

De ese jardín nos envía esta imagen ..

                

..Y 2 PREGUNTAS, para empezar ..

¿DE QUÉ ESTÁ HECHO ESE MONTÓN DE COSAS QUE SE VE EN LA PARTE DE ABAJO DE LA IMAGEN?

¿CÓMO LLEGÓ ESE MONTÓN AHÍ?

Van llegando respuestas ..

"Almendras" (Mario)

"A las ardillas les encantan las bellotas" (Leandro)

"Hay un almendro .. y se cayeron de él" (Mario)

"Las ardillas se llevaron las almendras .. Hay un nidito" (Leandro)

"Hay una madriguera" (Mario)

"Las llevaron a su madriguera .. (Están fuera porque) cayeron del árbol"  (Leandro)

"Las almendras cayeron del árbol"  (Candela)

"Las ardillas metieron las almendras en la madriguera" (Yeray)

"..O comidas" (Leandro)

"Dentro de la madriguera" (Yeray)

"Fuera de la madriguera" (Mario)

"En invierno reúnen la comida para dentro de la madriguera" (Leandro)

"Están guardando el alimento para el invierno" (Yeray)

"No, la comieron dentro y echaron la cáscara fuera" (Daniel Rodríguez)

"Éso no, que son las cáscaras" (Yeray)

"Son las cáscaras" (Leandro)

CONCHI pregunta si, entonces ese animal tira la basura así ..

"No, .. en verano las echan a otro sitio" (Daniel Rodríguez)

"Es un ratón que tiene allí su casita y tiene almendras, las come y las tira fuera" (Celtia)

"Las ardillas en la madriguera. Son almendras. Las ardillas tiraron la cá cara fuera" (Martín Vázquez)

"El árbol no es un almendro pero yo sí tengo un almendro"  (Raúl Vázquez)

"Es un ratón de campo"  (Valentina)

"¿Un ratón de campo? ¿Seguro? (Mario)

"La comió la ardilla .. también un ratón .. el pájaro carpintero" (Daniel Rosende)

"Las almendras las tiene que comer un pájaro porque tiene el pico muy duro" (Noa)

MARINA

Nos confirma que hay muchas respuestas correctas: "las cáscaras son de almendra .. están vacías .. las dejaron en la salida de una madriguera .."

Ahora Marina está vigilando .. a ver si descubre qué animal vive ahí; de momento, sólo sabe que es de la familia de los ROEDORES.

Vamos a hacer una lista de ROEDORES para ayudar a Marina a identificarlo cuando lo vea..

CELTIA

Primero piensa en los Roedores que conoce:

TOUPIÑA (Topo)

CONEJO

PORCOESPIÑO (Puerco espín)

ARDILLA

RATAS

RATONES

LÍA (hermana de Celtia) aporta

OURIZO (Erizo)

Después saca la lupa y busca información ..

Algunos roedores

              

Como comen las ardillas y como hacen sus nidos

 

 

Algunas ardillas hacen estos nidos en lo alto de los árboles, pero las terrestres lo hacen excavando en el suelo.

¡Así dejan los roedores los frutos después de roerlos! ..¡Como los de Marina!

        

Por último, buscan huellas de roedores por si Marina puede identificar alguna ..

De conejo                                                          De tejón

 

 De erizo                                                        De rata

 

MARTÍN y RAÚL VÁZQUEZ

Dicen que hay muchos roedores (en esta investigación), seguro que uno de éstos es el de Marina.  

 Marina también nos confirma que "el animal que vive en esa madriguera recogió todas esas almendras durante el verano y el otoño; así, cuando en invierno hace frío y no hay comida en el bosque puede quedarse en casa tranquilamente descansando y comiendo las almendras que tiene en la despensa". A ésto se le llama HIBERNAR .. una palabra nueva, ni muy larga ni muy corta, que es un poco mágica porque empieza igual que la palabra HADA. Podemos probar a escribirla ..

DANIEL RODRÍQUEZ

Dibuja y pinta la inicial

 

CELTIA

Escribe la palabra

 

 LEANDRO

También la escribe

 

MARTÍN y RAÚL VÁZQUEZ observaron muy bien que el árbol que se ve en la imagen es un olivo y nos envían una imagen del que tienen en su casa para que veamos como es el árbol entero. (Documento Adxunto 41: "El olivo de Martín y Raúl")

             

MARINA

Nos cuenta que el roedor que vive en la madriguera de la imagen que nos envió no puede ser una ardilla porque en esa zona nunca han visto una, quizá sea porque no le gusta el clima, el campo o el suelo.                                                                                                          Está segura que tampoco es un conejo porque tienen muchas madrigueras de conejos pero ninguna tiene en la entrada restos de comida; ella cree que, como les gusta ir tan rápido a todos sitios y también entrar en la madriguera, si tuvieran una barrera de comida en la entrada no podrían entrar y salir tan rápido.                                                                      La que sí cree que es correcta es el ratóncillo o ratoncilla de campo. Allí, en Granada, hay muchos que se pasean por el campo y, a veces se cuelan en casa y se llevan comida.          El olivo está cerca de la casa y ahora que no tienen perro ni gato se atreven a vivir más carca de donde viven los humanos.

Nos envía imágenes de las madrigueras de los conejos para que observemos la diferencia ..

 

DANIEL RODRÍGUEZ 

En su casa tienen gatos y no vienen ratones.

 

13ª Iniciativa: COSCOBELLOS

Os Coscobellos son uns trasnos da mitoloxía galega que coñecimos con motivo da visita ao Museo do Pobo Galego.

                                         

Axudáronnos a aprender moitas cousas sobre as nosas tradicións e gañaron un oco emocional na nosa escola. Un deles quedouse con nós .. e dous máis acompañáronnos nas celebracións  do Entroido ..

 

Fai pouco .. no xardín de Valentina apareceu unha pegada de Coscobello!

CELTIA pregúntase se será un Coscobello de verdade.

CANDELA di que debe ser dun Coscobello papá porque é grande, como os papás.

                            

Uns días despois, en cada casa recibiuse unha sorpresa máxica ...

Os Coscobellos decidiron acompañarnos neste momento de encerro que nos toca vivir e non viñeron sós; trouxéronnos material funxible para seguir desenvolvendo habilidades plásticas. Uns chegaron de noite, outros pola mañán pero todos deixaron unha morea de  ilusión renovada. GRACIÑAS, COSCOBELLOS!!                                                              (Documento Adxunto: "26. Carta dos Coscobellos)

 CANDELA

(Pola noite) Leu a carta e púxose a buscar o Coscobello. Primeiro encontrou vómito de coscobello..                                         .. sabía que estaba cerca porque rompeu a portería ..

 

Por fin apareceu ..        .. o primeiro, ao sofá, tapalo e darlle de comer fresas silvestres ..

       

Dormiron xuntos e ao día seguinte tocou madrugar porque o Coscobello tiña fame.        Fíxolle unha casa que se convirte en cine e burguer .. e lévao con ela a todas partes .. e xa fixo algunha trasnada na casa.. o mando da tele apareceu cheo de purpurina!

 

Candela saca a pasear ao Coscobello nunha cesta ..

Candela debuxa o seu coscobello co material que lle trouxeron os coscobellos.

                   

Candela cóntanos que o seu coscobello fai caca de mariposa. O de Celtia non fai caca.

Algúns días o coscobello está "perezoso"

 

Na casiña hai unha muñeca na bañeira "con auga e espuma"; Celtia pregunta a Candela porque non pon ao coscobello na bañeira .. Candela explícalle que non colle.

MARIO

Tamén encontrou un na súa casa, moi bonito.

                                       

ROI

Recordou que aos coscobellos gústalles moito a chuvia e poñen botas para saltar nos charcos .. e sabían que se nos terminara a plastilina e o pegamento!.

 

CELTIA

Tamén ten un coscobello, é unha chica. Chegou pola noite e encontrouno tapadiño, debía ter pasado frío. Pensa que fixo o Camiño de Santiago e foi pola escola a coller todas estas cousas. Descubriu que ao apagar a luz ten unha "C" de Celtia que brilla na escuridade!. A acompaña a todas partes.

 

Debuxou o que apareceu no Museo do Pobo Galego porque o seu é máis difícil de debuxar.

                   

Celtia pregunta si alguén sabe que comen os coscobellos

Valentina dí que "té de plastilina .. y después hacen la caca rosa"

                                       

 SOFÍA

 Encontrou o coscobello na súa a habitación. Vai cuidalo para que sea a súa mascota e para que a queira. Gustoulle moito o material e o Coscobello; fixo un debuxo ..

  

LUCA

Disfruta da plasti nova que chegou

                             

VALENTINA

Encontrou o seu coscobello na súa casiña e debuxouno. como o de Celtia, tamén é chica.

 

AHITANA

Disfrutando do regalo dos coscobellos

                              

NOA 

Cóntanos como descubriu o coscobello nun vídeo (Documento Adxunto: "28. Noa descubre ao Coscobello")

O coscobello de Noa é moi señorito. Deixouno en outro lado e apareceu no sofá da súa casiña de bonecas

 


DANIEL ROSENDE

Púxose moi contento ao encontrar o coscobello e o material que trouxo

 

 DANIEL RODRÍGUEZ

Tamén debuxa o seu coscobello

AHITANA

Tamén pinta un coscobello ...                                  .. e un arco da vella.

LEANDRO

Fai un Coscobello bebé (para acompañar ao seu coscobello)

 MARTÍN e RAÚL

Fixeron unha composición plástica coa axuda do material que trouxeron os coscobellos

 LUCA e o seu coscobello

                                        

JAIME

Con axuda de Dani mayor e do seu irmán Abel, seguindo as pistas que deixaron os Coscobellos por dentro e fóra da casa, por fin encontra o seu coscobello na cabana das cousas vellas, subido a un xogo.  

Á palleira de Daniel, o maior, tamén chegou un coscobello! .. Védelo?

O Coscobello de Conchi visitou ao de Dani en Queirís e pasárono moi ben! ..

  Uns días máis tarde o Coscobello de Celtia visita ao de Conchi en Coruña e van xuntos á praia ..

 

 O último Coscobello do que temos noticia apareceu na casa de Aroa (a filla da mestra Aida), que está moi contenta co seu novo amigo ..

 

14ª Iniciativa: AUDICIÓN E LINGUAXE CON AIDA

Aida, a nosa mestra de Audición e Linguaxe, envíanos propostas de actividades (Documento Anexo: "27. Actividades de Audición e Linguaxe para Infantil")


LUCA

 

                                         

 

15ª Iniciativa: "CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO"

Para conmemorar o 23 de abril, Día do Libro, facemos unha listaxe de libros favoritos coas nosas preferencias:

ÉRASE UNA VEZ EL PRIMER UNICORNIO. Beatrice Blue. Ediciones SM  (CELTIA)

FROZEN. Club del Libro Disney. Editorial Salvat (LEANDRO)

CHIBOS, CHIBÓNS. Olalla González e Federico Fernández. Editorial Kalandraka (VALENTINA)

DIARIO DE UN VIAJERO EN EL TIEMPO. Próspero Hermes. Varios Autores. Editorial SM (LÍA, irmá de CELTIA)

FROZEN. Un viaje mágico. (Libro con música). (CELTIA)

PRINCESAS DE DISNEY. Blancanieves, Bella Durmiente y Cenicienta. (SOFÍA). O seu preferido é Blancanieves. 

BLANCANIEVES Y LOS 7 ENANITOS. Club del Libro Disney (NOA).

EL GRAN VIAJE DE LA FAMILIA BUSQUET. Béatrice Veillon. Editorial Vox. LA FAMILIA BUSQUET HABLA INGLÉS. Béatrice Veillon. Elena Iribarren. Editorial Vox. COSAS FASCINANTES DE LOS ANIMALES. Sue Cassin. David Smith. Mike Gordon. Editorial Plaza. ¡UN LIBRO DELICIOSO CON DESAFÍOS PARA DIVERTIRSE!. Desafíos Abremente. Editorial Catapulta. (MARTÍN e RAÚL VÁZQUEZ) 

ELMER. David McKee. Editorial Beascoa. (DANIEL RODRÍGUEZ)

20 HISTORIAS DE LA GRANJA. Ya Leo. Editorial Susaeta. (DANIEL ROSENDE)

MY BIG TRUCK BOOK. Colección My Big Boardbooks. Editorial Priddy Books, e calquera libro de excavadoras e tractores. (LUCA)

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA. Werner Holzwarth e Wolf Erlbruch. Editorial Kalandraka. UNA TORTUGA LLAMADA RAQUEL. Álbum sobre o mundo mariño, con material audiovisual interactivo recollido pola organización Innoceana. Dispoñible no seguinte enlace:  UNA TORTUGA LLAMADA RAQUEL (CONCHI)

 

16ª Iniciativa: CON OLLOS DE NEN@

Despois de máis de corenta días de encerro, a apertura do confinamento para os nenos e nenas permitelles pasear durante unha hora na contorna do seu domicilio.

Esta iniciativa recolle o reencontro co mundo exterior en palabras, pensamentos e imaxes dos/das protagonistas ..

 CELTIA

"Me gustó el bosque, el gato, los burros y también los caracoles". Quitou estas fotos do Río Mandeo desde a Ponte medieval de Roibeira ..

 

NOA

                             

 CANDELA 

Encontra unha J de Jaime

 

Atopou neve do Polo Norte ....  e moito Slime ..

 

  DANIEL RODRÍGUEZ e os seus irmáns MAR E TOMÁS

Entraron nun bosque cunha cova "¡Que miedo nos dió!"

                                 

 DANIEL tamén viu dous hórreos irmáns ..

MARIO sabe algo sobre eles .. "Son de la prima de mi abuela" 

LUCA encontrou "una huella de un tractor"

 

 MARTÍN e RAÚL VÁZQUEZ cóntannos que as ovellas e as cabras que tantas visitas teñen son de Julio e de Julia.

 

 

LUCA e MARC ven un montón de babosas  e tamén uns buratos que parecen madrigueiras..

LUCA encontra outra letra durante o seu paseo .. CANDELA tamén a ve! .. ao lado de onde están as ovellas amigas

   

CELTIA di que serían os Coscobellos os que as pintaron.

 No postre de Conchi tamén descubrimos  unha letra! ..

 Pensamos palabras que comezan con esta letra

LEANDRO: Candela .. Celtia .. Coscobello .. Co-i-rós

DANIEL e TOMÁS: Coche .. Conchi

MARIO escribe máis palabras que comezan por C ..

                                     

 CELTIA e LÍA descubren a beira do río Mandeo ..

.. e moitos bichiños ..

  

CANDELA quere saber como se chama o bichiño qie Celtia ten no brazo e Celtia busca..

                 

MARIO, LUCA, CELTIA e LÍA

Estas ovellas son moi visitadas ..

AHITANA ve un cabalo ..

 

DANIEL ROSENDE 

 Nun paseo coa familia pola beira do río collen, un ratiño, unha libélula e despois .. a voar outra vez!

 

17ª Iniciativa: DRAMATIZAMOS UN CADRO DE LEANDRO LAMAS

Este curso coñecemos á pintora mexicana Frida Kahlo. Estes días Conchi encontrou un retrato da pintora feito por un artista galego: Leandro Lamas .. é unha Frida ben curiosa..

               

 CONCHI pregúntanos .. Que vedes?

" Es Frida"

"Es Frida Kahlo, de pastora"

"Lleva en la mano un rastrillo"

"Está en la huerta"

"Veo un elefante"

"Está en la huerta plantando, tiene las zocas,.. las calabazas de las flores"

"Parece una Frida galega"

"Es Frida Kahlo sentada en una silla, encima del huerto y parece que está con una calabaza"

Nesta obra reúnense dous proxectos de traballo que sesenvolvemos este curso: Frida Kahlo e Galicia.

Coñecemos ao autor ..

 E outras obras súas ..

 

 

 

Conchi proponnos elexir un dos cadros e representalo tratando de que se parezca o máis posible na postura das personaxes, no ambiente, o vestiario, .. ao estilo de cando preparamos unha dramatización na escola.

 

               

 

 

18ª Iniciativa: OS MAIOS

É tempo de flores e paseos ..

    

 .. e de celebrar os Maios ..                                            DANIEL ROSENDE recolle flores ..

                                                    

CELTIA recolle flores para un ramo .. que lle quedou moi chulo ..

 

LEANDRO di que pode haber abellas nas flores e CANDELA encontra unha ..

                                     

A AHITANA gústanlle as súas flores

                                       

CANDELA escribe palabras primaverais ..

                           

Coñecemos e observamos como se celebran os Maios, unha festa que xa celebraban os castrexos para darlle a benvida ao verán.

 

 (Documento Adxunto: "37. Os Maios")

Conchi proponnos algunha tarefa individual ..

(Documentos Adxuntos: "38, 39 e 40. Os Maios 3A, 4A e 5A")

Recordamos que, neste tempo de Coronavirus, xa tiñamos feito aún "Maio" .. sen saber que o eran ..

JAIME, ABEL e DANI maior

Recollen flores para facer un maio en equipo, que é como se fan.

 

 

JAIME lanzanos unha pregunta .. Que puxo no cumio do Maio? .. Un limón cortado!

Conchi cóntanos como se celebraban os Maios en Betanzos cando os avós e as avoas eran pequenos/as: Facían arcos con vimbios e os recubrían con flores e cintas de cores; despois saían a Praza do Campo e facían unha ponte cos arcos, por debaixo dela pasaba unha nena de 4 anos mentres os nenos e nenas que sostiñan os arcos cantaban cancións de inverno ou de primavera. Se a canción falaba do inverno a nena volvía a pasar debaixo dos arcos cos ollos pechados, se a canción falaba da primavera pasaba cos ollos abertos.

 No Vales (centro adscrito de Betanzos) celebran este Maio tradicional ..

..e na web do centro cóntannos máis .. Os Maios en Betanzos

 CELTIA fai un mandala do Maio ..   e un debuxo ..

 MARTÍN e RAÚL

Recollen flores co remolque porque nencesitan moitas para facer un arco ao estilo de Betanzos e outros maios ..

Cando foron a recoller as flores viron a Luca e á súa familia.

Para rematar traballan co material individual sobre o tema ..

 

 19ª Iniciativa: LETRAS GALEGAS 2020. RICARDO CARVALHO CALERO

Conchi recórdanos que falta pouco para o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Nesta data, cada curso, conmemoramos a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Galegos". Este ano estamos especialmente familiarizados coa poeta galega porque nos visitou, acompañada do seu marido Manuel Murguía ..

Como é tradición, cada ano adícase esta celebración a un autor ou autora galego/a. Nesta ocasión foi elexido Ricardo Carvalho Calero (1910-1990), escritor, filólogo e lingüista.

  

 Ricardo era o irmán maior. Cando era pequeño pasaba o verán na casa da súa avoa, alí gustáballe moito darlle de comer ás galiñas e ás pitas e coidalas .. como algúns de nós.

Cando foi maior, Ricardo escribiu unha historia sobre as pitas da súa avoa, que podemos ver neste vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=8VrdvVwY1rA

Para investigar máis sobre Ricardo Carvalho Calero e xogar co que aprendemos, temos un montón de materiais neste enlace:  http://www.seminariogalan.org/

Emulando ao autor homenaxeado a proposta é "Contar unha historia sobre o animal que máis nos gusta .. en galego"

CANDELA cóntanos sobre Blas, o seu can, ..

Un día fun con Blas a pasear, con mami, fixo moito pis e lle demos unha chucheBlas fai pis para os seus amigos cans que pasean por aí e olen por aí, olen e pensan que Blas pasou por aí.

CELTIA colabora cun debuxo ..

e un conto sobre unha xoaniña perseguida por unicornios ata que aparece un coscobello que remata a historia felizmente ..

 LÍA, irmá de Celtia, tamén aporta unha historia propia: "O deporte do raposo"

MARTÍN e RAÚL VÁZQUEZ fan un mural recollendo palabras agarimosas ..

DANI Maior engade unha proposta lúdica para construír máis palabras galegas ..   (Documentos Adxuntos 45, 46 e 47: "Xogamos coas Letras Galegas I,II e III")

A palabra de LUCA ..

 MARTÍN e RAÚL VÁZQUEZ acompañan a actividade con un debate sobre os conceptos de estrela lúa, recordando os coñecementos que teñen sobre o asunto ..

LEANDRO

 

20ª Iniciativa: IGUALDADE CON PILAR

Pilar, axente de Igualdade do Concello de Coirós , proponnos recoller imaxes sobre actitudes, personaxes, escenas cotiás, debuxos,.. que mostren aspectos dos contidos traballados na escola nas sesións sobre Igualdade dirixidas por ela.

LUCA

Na casa é o encargado de bater os ovos sempre que fan tortilla para cear

 DANIEL e TOMÁS RODRÍGUEZ

A Igualdade é que todos somos iguais por dentro. Todos temos o mesmo número de ósos.

CELTIA

A mellor expresión da igualdade é ter descuberto a grandes mulleres da historia que fixeron e fan cousas importantes, como a súa adorada Marie Curie. 

 CANDELA

Debuxou a dúas persoas co pelo largo e gafas. Di que "son iguais porque os dous usan gafas"

ROI

Comenta que todos somos iguais porque "temos a mesma pel, aínda que distinto embigo; uns para adentro e outros máis para fóra"

SOFÍA

LEANDRO

Pela superpatatas para unha das súas comidas favoritas: a tortilla .. "A cociña gústame"

"Mulleres e homes non somos iguais por fóra pero por dentro sí .. todos podemos facer o que queremos" 

 MARTÍN e RAÚL VÁZQUEZ

 

NOA e NICOLÁS

MARIO

 

VALENTINA

DANIEL ROSENDE

 

YERAY

                                     

 

21ª Iniciativa: ACTIVIDADE FINAL RECOPILATORIA

Para rematar faremos memoria deste tempo compartido de pandemia e das aprendizaxes que nos trouxo cunha actividade lúdica interactiva: 

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5813289-pasapalabra_coronavirus.html

AdxuntoTamaño
1. Hakuna Matata.mp3418.61 KB
2. Unha pouca roupiña.mp31.05 MB
3. Unha pouca roupiña.flv1.56 MB
4. English 1.mp3280.45 KB
5. English 2.mp3154.26 KB
6. English 3.mp3130.07 KB
7. How to draw a cat.pdf1.11 MB
8. Alina e Brenda.flv9.49 MB
9. The very hungry caterpillar.pdf1.93 MB
10. Luca experimento.flv509.23 KB
11. Alami e Candela 1.flv8.52 MB
12. Alami e Candela 2.flv1.08 MB
13. Merlos I.flv2.01 MB
14. Pocíon Máxica.flv4.83 MB
15. Celtia e Lía 1.flv5.67 MB
16. Celtia e Lía 2.flv1.53 MB
17. La pata coja.flv1.41 MB
18. Sur le point d´Avignon.flv1.25 MB
19. Alína, Brenda e os Celtas.flv16.29 MB
20. Aldara, Catalina e os castros.flv7.54 MB
21. Pintura Máxica.flv430.94 KB
22. Merlos II.flv939.81 KB
23. Ola, ola,la.mp3864.65 KB
24. Merlos III.flv704.66 KB
25. How are you.pdf1.12 MB
26. Carta dos Coscobellos.pdf503.78 KB
27. Actividades de Audición e Linguaxe para Infantil.pdf1.6 MB
28. Noa descubre ao Coscobello.flv7.04 MB
29. As druidas e a poción.flv3.2 MB
30. Chocolate chip cookies.pdf121.27 KB
31. Merlos IV.flv1015.05 KB
32. Cumpreanos Martín e Raúl.flv498.65 KB
33. Merlos V.flv988.86 KB
34. Os Merlos de Luca 3 ANOS.pdf802.33 KB
35. Os Merlos de Luca 4 ANOS.pdf508.38 KB
36. Os Merlos de Luca 5 ANOS.pdf620.77 KB
37. Os Maios.flv7.96 MB
38. Os Maios 3A.pdf544.63 KB
39. Os Maios 4A.pdf649.8 KB
40. Os Maios 5A.pdf744.61 KB
41. El olivo de Martín e Raúl.flv302.38 KB
42.Merlos VI.flv848.77 KB
43.Galiña con gatiños.flv3.16 MB
44. Merlos VII.flv901.47 KB
45. Xogamos coas Letras Galegas I.flv26.56 MB
46. Xogamos coas Letras Galegas II.jpg18.88 KB
47. Xogamos coas Letras Galegas III.jpg13.69 KB
48. Abella traballando.flv948.59 KB

Eventos

« Septembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

O tempo en Coirós