Iniciar sesión: Acceso

Proxecto Documental Integrado (PDI) 2019-20: Eu son Galicia

Nesta ocasión traballaremos arredor da nosa comunidade autónoma, baixo o título "Eu son Galicia".

Ao remate do curso anterior (xuño 2019) lanzamos o proxecto nunha xornada de convivencia co alumnado do Vales, partindo do libro "O Oso e o Piano" de David Litchfield.Hércules de Ediciones. Esta narración sobre o retorno ao noso e a importancia das raíces culturais será o elemento iniciador ..

Domingo, avó de Dani, encárgase de reciclar a ambientación que tiñamos no patio de proxectos anteriores (castelo e casiña) para reconvertilo nun espazo galego (casa labrega e hórreo) ..

 

 

 

  Para o primeiro día lectivo preparamos unha inmersión festiva na nosa cultura..

Dani preséntanos os instrumentos musicais ..

Nerea, Dani e Alberto móstrannos o traxe tradicional e as pezas que o compoñen ..

Traballamos nunha sinxela introdución aos conceptos básicos do baile tradicional e saímos ao patio a experimentalo ..

 

 Rematamos cunha merenda con produtos típicos das nosas festas ..

 

Nos seguintes días, dado que é tempo de recoller o millo, achegámonos a este produto: cultivo, conservación e utilidade..

      

 

Con Carolina, nai de Candela, experimentamos a transformación do millo ..

 

 

Ao mesmo tempo, descubrimos a Fondevila, un artista plástico galego e iniciámonos na técnica do collage inspirándonos na súa obra..

 

      

No segundo trimestre:

Xurden aportacións relacionadas coas novas aprendizaxes ..

Para celebrar o Entroido eleximos disfrazarnos co traxe tradicional galego. Dani móstranos as pezas que o compoñen ..

..descubrimos un uso diferente do sacho ..

 .. para acompañar con ritmoe unha "Festa na Eira" ..

   

As familias, a través da ANPA, organizan unha visita a Santiago de Compostela coa que ampliamos contidos sobre a nosa contorna natural e cultural:

No Museo do Pobo Galego guíannos os Coscobellos ..

 

Na Catedral observamos o Pórtico da Gloria nunha visita guiada ..

No Museo de Historia Natural coñecemos novos aspectos sobre a nosa contorna ..

Nun paseo pola cidade recoñecemos símbolos e fixemos descubrimentos ..

 

Celebramos O ENTROIDO ..

Na semana previa á celebración compartimos co Vales Os Mandadiños do Meco, acudindo á escola cada día cun elemento de disfraz.

Dúas nais propoñen representar cada día personaxes femininos relevantes relacionadas coa PDI e outros proxectos de aula que andamos desenvolvendo. Así coñecemos e interactuamos con ..

Concepción Arenal, que tivo que disfrazarse de home para asistir á Universidade.

 

Rosalía de Castro e Manuel Murguía ..

 

Tamén nos visitaron: 

Frida Kahlo, sobre a que estabamos desenvolvendo un pequeno proxecto. Veu acompañada de Diego Rivera ..

 

 

 Marie e Irene Curie anímannos a incluír na programación de actividades sesións sobre experimentos científicos. Chamarémoslle "Non é maxia, é Ciencia!"

 

 Nestes días preparamos os elementos da comparsa que levaremos á Festa de Entroido de Betanzos.

Domingo, o avó de Dani, constrúenos un carriño de inspiración tradicional no que levaremos instrumentos musicais galegos.

Nunha sesión común cos/coas compañeiros/as da escola de Ois, no Centro Social do Concello, preparamos os materiais e aproveitamos para volver sobre contidos relacionados coa cultura musical tradicional de Galicia ..

 

Chega o día da celebración en Betanzos cos compañeiros e compañeiras do centro adscrito CEIP Vales Villamarín ..

 

O Martes de Entroido gran parte do alumnado coas familias participan coa comparsa das escolas no Concurso de Disfraces que organiza o Concello de Coirós ..

No mes de marzo, a declaración de pandemia pola COVID-19 interrumpe a actividade lectiva presencial.

A partir deste momento, por iniciativa das familias, continuamos facendo escola a través dun grupo de wassap que se crea a tal efecto. O traballo xerado por esta vía recollese no artigo "Os miolos non paran" .. 

Eventos

« Septembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

O tempo en Coirós