Iniciar sesión: Acceso

Unha saída con doble experiencia

O pasado mércores, 25 de abril, saímos cos compañeiros e compañeiras da Escola de Ois:

MUÍÑADA NO MANDEO

Primeiro visitamos un muíño de río, á beira do Mandeo, que aínda está en funcionamento.

O seus donos, o señor Avelino e a súa muller, nos atenderon con moito cariño.Nos explicaron  o funcionamento da maquinaria e como é o seu traballo.

Levamos o millo que esfollamos e debullamos na escola e observamos a súa moenda:

A auga batendo no rodicio ...

A moa xirando a toda velocidade ....

O millo caendo pola quenlla ...

A textura da fariña!!!

Foi unha gran experiencia.

Ao rematar o señor Avelino nos agasallou cunha bolsiña de fariña de trigo para cada un.

MOITAS GRAZAS AOS MUIÑEIROS.

 

CONTACONTOS EN CARNOEDO (SADA)

A continuación, fomos cara a Sada onde nos esperaban os compañeiros e compañeiras da Escola de Educación Infantil de Carnoedo (Sada) que nos tiñan invitado a un Contacontos.

Tamén nos acompañaron os nenos e nenas da Escola de Educación Infantil de Vilar (San Pedro de Nós, Oleiros).

Unha magnifica oportunidade para que todo o alumnado que compartimos a Raquel, a mestra especialista de Inglés, nos coñecéramos e compartir unha experiencia tan enriquecedora.

Como nos gustou o seu parque infantil no patio!!!.

Disfrutamos e participamos con entusiasmo do conto da princesa Sabela ...

... e compartimos tempo de xogos e conversas.

Este tipo de xuntanzas hai que repetilo.

En nome das Escolas de Coirós e Ois o noso agradecemento ás mestras: TANIA (Carnoedo) pola invitación e a acollida, a Mª JOSÉ (Vilar) por compartilo e a RAQUEL por propiciar a ocasión.

TANIA, a mestra de Carnoedo, deseñou unha referencia á experiencia no seu blog, que podedes ver en:

picarexadas.blogspot.com

UN GRAN DÍA!!

AdxuntoTamaño
1. No muíño 1.png402.07 KB
2. No muíño 2.png354.34 KB
3. No muíño 3.png370.91 KB
4. No muíño 4.JPG29.21 KB
5. Contacontos en Carnoedo.JPG26.65 KB

Eventos

« Outubro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

O tempo en Coirós