Iniciar sesión: Acceso

II Festival "A Familia en Concerto"

O 26 de novembro visitamos o noso centro adscrito, C.E.I.P. Vales Villamarín, para asistir a unha das xornadas de concertos que esa semana se levaron a cabo dentro do II Festival A Familia en Concerto, que se organiza desde o departamento de Música con motivo da celebración de Santa Cecilia.

Hoxe os/as  intérpretes son alumnos/as e familias de Coirós…

.. Que nos falan dos instrumentos que tocan e nos mostran as súas habilidades..

 O bombardino e a trompeta..

                                            

As gaitas e o bombo ..

As pandeiretas máis novas coas súas mamás..

As pandeiretas medianas coa profe Lucía..

… E todos xuntos!!!

Tres xeracións unidas pola Música. Un novo éxito das mestras organizadoras do evento.

Despois do concerto as mestras Carolina e Merchi nos convidaron a compartir merenda e visitar a cociña e a horta no Aulario de Educación Infantil.

Como nós, están traballando coas plantas aromáticas …

 Coñecemos ao xardineiro Mero e outras personaxes que o graffiteiro David e o alumnado do centro pintaron no muro da súa horta

Como sempre, unha gozada compartir experiencias co Vales.

Eventos

« Outubro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

O tempo en Coirós