Iniciar sesión: Acceso
O frautista de Hamelin visita Coirós
O 28 de outubro as Escolas de Fontelo-Ois e Coirós de Arriba celebramos a primeira xornada de convivencia deste curso 2014-15.
O motivo foi levar a cabo actividades nas que a frauta foi protagonista, co obxectivo de introducir os instrumentos musicais de vento como tiñamos previsto na programación do proxecto de traballo común sobre a música.
Olga, a mestra de Ois, experta musicóloga, encargouse da presentación, conceptos básicos teóricos e prácticos …
Contounos a súa aventura en Hamelin …
E, como no conto, levou aos nenos e nenas lonxe…