Iniciar sesión: Acceso

V Xornada de Convivencia co CEIP Vales Villamarín en Coirós

O pasado 5 de xuño as Escolas de Educación Infantil Fontelo-Ois e Coirós de Arriba celebramos unha nova Xornada de Convivencia co alumnado de 6º nivel de Educación Infantil do C.E.I.P. Vales Villamarín de Betanzos, acompañados das súas titoras (Montse, Marina, Carmen e Ana), Merchi (mestra de apoio) e Lucía (orientadora do centro e das escolas unitarias adscritas)

"Tejiendo el Tapiz de la Vida"

Hoxe quedou instalado un LIENZO-TAPIZ no  Centro Social do Concello que nos vai servir de soporte para crear unha OBRA PLÁSTICA COMUNITARIA na que participaremos : ALUMNADO e EX ALUMNADO DAS ESCOLAS, FAMILIAS, AMIGOS/AS, VECIÑOS, COÑECIDOS E DESCOÑECIDOS.

Esta proposta nos ven da man de Chema, Javier e Vita (máis información no pdf  “TEJIENDO EL TAPIZ DE LA VIDA”).

Día da Nai 2015

Este ano as Escolas de Educación Infantil (2º Ciclo) de Coirós quixemos facer unha pequena homenaxe aos momentos compartidos con mamá.

O resultado o recollemos no vídeo adxunto.

 Felices días en familia!

Catuxa necesita axuda

O pasado 27 de abril recibimos unha carta de Catuxa 

                           

Ao día seguinte visitounos no Centro Social, onde estabamos compartindo xornada cos compañeiros e compañeiras da Escola de Ois

Admisión Novo Alumnado para o curso 2015-16 (V): Listaxe definitiva de admitidos/as e non admitidos/as

No documento adxunto se publica a listaxe definitiva de admitidos/as e non admitidos/as na escola para o próximo curso 2015-16.

A formalización da matrícula se levará a cabo do 20 ao 30 de xuño de 2015.

O alumnado non admitido recibirá información sobre o centro escolar que se lle adxudica, ao que se dirixirá no período de matrícula para formalizala.

Admisión Novo Alumnado para o curso 2015-16 (IV): Listaxe provisional de admitidos/as e non admitidos/as

          No documento adxunto se publica a listaxe provisional de novo alumnado admitido e non admitido para o curso 2015-2016 neste centro. (Artigo 30. Orde do 12 de marzo de 2013)

Antes do 15 de maio se publicará a listaxe definitiva de admitidos/as nos respectivos centros. (Artigo 31. Orde do 12 de marzo de 2013)

 

 

TARALÉS: Laura nos conta a verdadeira historia e nos fai unha proposta

Nos visita Laura, creadora de Taralés.

Visionamos xuntos a curtametraxe e nos conta o argumento que ela imaxinou:

“O vento entra na casa-trompeta de Taralés e fai soar un “ruído” que non o deixa descansar.

O ourizo decide buscar outro fogar …. Parece que non hai aloxamentos libres … polo que, Taralés decide volver á súa casa.

Admisión Novo Alumnado para o curso 2015-16 (III): Presentación de documentación xustificativa

Rematado o prazo de solicitude de admisión para o próximo curso, temos recollidas 7 solicitudes para 5 vacantes; polo que, hai que proceder a aplicar os criterios de baremación establecidos na Orde do 12 de marzo de 2013.

Taralés

Laura é amiga de Mario (músico de violín e viola). Ela tamén é artista: lle gusta moito debuxar e pintar.

Creou unha historia “musical” coa que montou unha curtametraxe que quere compartir con nós. Así chega Taralés á escola.

Adxuntamos o vídeo e o que nos está dando de sí …

Admisión Novo Alumnado para o curso 2015-16 (II): Solicitude de Admisión

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo de solicitude de admisión para novo alumnado que se incorpore no curso 2015-16.

O  procedemento está regulado polo Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG do 26 de cembro)e a Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo). Esta normativa, a documentación e información relacionada se poden consultar nos arquivos adxuntos.

 

Distribuir contido

Eventos

« Septembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

O tempo en Coirós