Iniciar sesión: Acceso

Magosto 2015 na "Galiña Azul" de Coirós

 As Escolas de Educación Infantil (1º e 2º Ciclo) do Concello de Coirós  programamos un Magosto conxunto para o 11 de novembro (Programa da actividade adxunto).

Quedamos  na Escola de Educación Infantil (1º Ciclo) de Coirós.

Os días previos preparamos un agasallo para ofrecer aos compañeiros/as anfitrións….

 UN COMECASTAÑAS!

Halloween at school

A tía Tania (de Lucía), mestra de Inglés,  ofrecese para  achegarnos á celebración de Halloween nunha sesión coordinada con Rachel, a nosa mestra de Inglés.

Quedamos para o 28 de outubro.

Calendario Escolar 2015-16

            No pdf adxunto podedes consultar o Calendario Escolar das Escolas Unitarias de Coirós para o curso 2015-16, segundo a Orde do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/16, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Comezando un novo curso...

       Nos primeiros días desta nova aventura 2015-16 atopeime con este poema de Gabriel Celaya que quero compartir con todos aqueles que acompañan aos nenos e nenas a mirar o mundo (familias, centros escolares e comunidades educativas en xeral)

La Voz de Coirós nº 28

 EXTRA!  EXTRA!! Xa saiu o nº 28 de La Voz de Coirós!!!!

Material do alumnado para o curso 2015-16

No documento adxunto se relaciona a listaxe de material que precisará o alumnado, especificado por niveis.

Admisión Novo Alumnado para o curso 2015-16 (VI): Período de matrícula

Do 20 ao 30 de xuño está aberto o prazo de matrícula para o alumnado admitido na escola para o próximo curso.

Escolas Unitarias en Carnoedo (Sada)

Un curso máis, as Escolas Unitarias que compartimos mestra de Inglés (Sandra): EEI Vilar (Oleiros), EEI Fontelo-Ois (Coirós) e EEI Coirós de Arriba (Coirós) fomos convidadas por Tania, mestra-responsable do centro base ,EEI Carnoedo (Sada), para pasar xuntos unha mañán  de experiencias e xogos comúns no seu centro.

V Xornada de Convivencia co CEIP Vales Villamarín en Coirós

O pasado 5 de xuño as Escolas de Educación Infantil Fontelo-Ois e Coirós de Arriba celebramos unha nova Xornada de Convivencia co alumnado de 6º nivel de Educación Infantil do C.E.I.P. Vales Villamarín de Betanzos, acompañados das súas titoras (Montse, Marina, Carmen e Ana), Merchi (mestra de apoio) e Lucía (orientadora do centro e das escolas unitarias adscritas)

"Tejiendo el Tapiz de la Vida"

Hoxe quedou instalado un LIENZO-TAPIZ no  Centro Social do Concello que nos vai servir de soporte para crear unha OBRA PLÁSTICA COMUNITARIA na que participaremos : ALUMNADO e EX ALUMNADO DAS ESCOLAS, FAMILIAS, AMIGOS/AS, VECIÑOS, COÑECIDOS E DESCOÑECIDOS.

Esta proposta nos ven da man de Chema, Javier e Vita (máis información no pdf  “TEJIENDO EL TAPIZ DE LA VIDA”).

Distribuir contido

Eventos

« Septembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

O tempo en Coirós