Iniciar sesión: Acceso

Departamento de Orientación C.E.I.P. Vales Villamarín: Recomendacións para o inicio de curso

Desde o Departamento de Orientación do centro adscrito fannos chegar os documentos adxuntos, relacionados coa incorporación do  alumnado ao novo curso.

Calendario Escolar 2016-17

No documento adxunto pódese consultar o Calendario Escolar do centro para este curso.

Curso 2016/17 …Imos de viaxe!

A comunidade educativa do C.E.I.P. Vales Villamarín (Betanzos), da que formamos parte as Escolas Unitarias de Coirós, comezamos este curso coa ilusión e expectativa que espertan as grandes viaxes.

Material do Alumnado para o curso 2016-17

No documento adxunto pódese consultar a listaxe de material solicitado ao alumnado para o próximo curso

The Rainbow Fish

Con Rachel, mestra de Inglés, preparamos unha dramatización baseada no conto "The Rainbow Fish" de Marcus Pfister.

Rachel decidiu recoller a gravación da actividade nun código QR, o que nos achegou ao seu concepto, significado, creación e funcionamento.

Descubrimos outro código común, que podemos observar na vida diaria.. o código de barras e o tipo de información que aporta ...

Actividades extraescolares con Silvia

Silvia é educadora social e proponnos un programa de actividades extraescolares para o próximo curso 2016-17.

A modo de proba e co fin de valorar a aceptación e concorrencia da proposta ofrécenos tres sesións temáticas durante este curso:música, manualidades e dramatización.

Foron un éxito.

Unha mostra da sesión musical..

A horta da escola con Miguel

Miguel é xardineiro. Cristina, mamá de Obdulia, invitouno a vir á escola.

Con él experimentamos e aprendemos a sementar, trasplantar e os coidados e características básicas das plantas máis comúns nas hortas do noso entorno.

Primeiro os conceptos teóricos ... que hai un montón: tipos de terra, recipientes, elección de sementes de temporada,..

Admisión Novo Alumnado para o curso 2016-17 (IV): Formalización de Matrícula

Entre o 20 e o 30 de xuño, ambos os dous inclusive, estará aberto o prazo para a formalización de matrícula dos nenos e nenas que solicitaron praza neste centro e resultaron admitidos/as.

Se adxunta información e documentación necesarias para xestionala.

Tamén se pode recoller/entregar a documentación impresa nas oficinas do Concello.

 

ABECEDARIO (Lingua de Signos)

Coa colaboración de Nieves, mamá de Berto, elaboramos un ABECEDARIO en Lingua de Signos sobre o que traballaremos o próximo curso actividades de achegamento á lectoescritura.

Adxuntamos vídeo co material recollido. 

GRACIÑAS, NIEVES!!

Admisión Novo Alumnado para o curso 2016-17 (III): Listaxe de Admitidos/as

Rematado o prazo de solicitude de praza para o próximo curso, adxúntase listaxe de admitidos/as  no 4º nivel de Educación Infantil para o curso 2016-17.

O seguinte paso no procedemento de admisión será a formalización da matrícula, que se levará a cabo entre o 20 e 0 30 de xuño de 2016.

Se fará chegar información detallada con suficiente antelación.

 

Distribuir contido

Eventos

« Septembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

O tempo en Coirós