Iniciar sesión: Acceso

Leecontos con Jara

Este curso 2017-18 Jara encargouse de abrir as sesións de Leecontos.

“Aínda nada?” de Christian Voltz  foi  o texto elexido. Jara  preparou a súa lectura e a avoa Amaya, inspirándose na obra de Vincent van Gogh “Los Girasoles”,  axudoulle a organizar as actividades que se fixeron a continuación.

Convocouse a familias e amigos/as para o 16 de novembro  pola tarde no Centro Social do Concello..

IV Festival A Familia en Concerto

A semana do 20 ao 24 de novembro de 2017 celebrouse no CEIP Vales Villamarín o IV Festival A Familia en Concerto, organizado polo Departamento de Educación Musical do centro, con motivo da celebración de Santa Icía, patroa da Música.

Magosto 2017

Xa ven sendo tradicional que a primeira convivencia interescolas do curso coincida coa celebración do Magosto.

Este curso, de novo, acudimos ao encontro cos compañeiros e compañeiras da Escola de Ois..

Calendario Escolar Curso 2017-18

No Documento Adxunto rexístrase os días lectivos e non lectivos para o curso 2017-18, dacordo coa Orde do 12 de xuño de 2017, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se aproba o calendario escolar nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia (Documento Adxunto 2).

Suxerencias de lectura para o verán 2017

No seguinte enlace presentamos un pequeno "paseo pola historia" a través dos libros .. para ir abrindo boca de cara ao proxecto do próximo curso.

https://prezi.com/view/Sfc1BMRkjN6EpaQHQqAh/

BOAS LECTURAS e BO VERÁN!

Admisión Novo Alumnado para o curso 2017-18: Matrícula

Do 20 ao 30 de xuño estará aberto o prazo de matrícula para o curso 2017-18.

A información e documentación necesaria pode consultarse nos documentos adxuntos.

III Carreira Solidaria no centro adscrito CEIP Vales Villamarín (Betanzos)

O 19 de abril participamos na III Carreira Solidaria organizada polo Departamento de Educación Física do centro adscrito CEIP Vales Villamarín (Betanzos), á que tamén estaban convocadas as Escolas Unitarias de Paderne e centros educativos públicos e concertados de Betanzos.

Tamén foron convidadas as familias do alumnado.

Cada participante aportou un alimento que Cruz Vermella e Cáritas distribuirán a persoas desfavorecidas.

Leecontos con Ana

No mes de marzo Ana ofreceu o Leecontos.

Elexiu “Amigos”  de Michael Foreman.

ANA: “Hacer la pecera, se le ocurrió a mamá”

         “Sentí mucha vergüenza porque no sabía si me iba a salir bien”

Alexander Calder

 

Lucía, orientadora do centro adscrito, nunha das súas visitas móstranos tres imaxes do artista plástico Alexander Calder.

A partir delas, creamos unha historia (Documento Adxunto: Viaxaron desde a Terra ao Espacio.pdf).

Coñecemos ao artista (Documento Adxunto: Alexander Calder.pdf)

Creamos composicións colectivas ao estilo de Calder ..

A horta da escola 2017

 

Un curso máis Miguel, o xardineiro, axúdanos a sementar e coidar ..

Comezamos cos conceptos teóricos ..

Distribuir contido

Eventos

« Septembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

O tempo en Coirós