Iniciar sesión: Acceso

Día das Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno

Lucía Casal, mestra especialista en Audición e Linguaxe, lanza unha proposta desde a Escola de Fontelo-Ois, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas: Recoller material da tradición oral galega. A temática e formato da recollida será libre.

O obxectivo é recopilar a colleita dos diferentes centros educativos cos que ten relación.

Leecontos con Obdulia

As familias convocan unha nova sesión de Leecontos, da que se fai cargo Obdulia coa súa nai, Cris.

A ANPA estrea local para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa asociación: a antiga escola de Lesa, cedida polo Concello.

 Comezan con Cocorico..

Día da Muller 2018

Entre a nova bibliografía que andamos adquirindo para a biblioteca de aula contamos coa colección “Pequena &Grande”  da editorial Alba, que nos axudan a coñecer a biografía de mulleres destacadas en diferentes eidos .

Comezamos a súa lectura con motivo da celebración do Día da Muller e acompañarannos, como material de apoio, nas próximas sesións sobre igualdade.

Día da Paz 2018

Para  conmemorar o Día da Paz 2018 contamos coa aportación que Pilar, axente de igualdade do concello, nos trae a unha das sesións semanais sobre Igualdade que compartimos con ela 

  

Admisión Alumnado para o curso 2018-19 (II): Solicitude de Praza

Entre o 1 e o 20 de marzo de 2018 estará aberto o prazo de admisión de novo alumnado para o curso 2017-18

Día de Rosalía de Castro 2018

Pilar, responsable da Biblioteca Municipal do Concello, proponnos colaborar nas actividades de conmemoración do Día de Rosalía de Castro, escritora galega que se homenaxea cada  24 febreiro (data do seu nacemento).

Partindo das primeiras estrofas do poema  Adiós ríos, adiós fontes puxémos a crear rimas cun esquema paralelo e montámolas nun vídeo. (Arquivo Adxunto: Rosalía de Castro 2018.flv)

Proxecto Documental Integrado (PDI) 2017-18: Un paseo pola Idade Media

En xuño, ao remate do curso pasado, quedou decidido o tema a investigar:  a Idade Media.

A comunidade educativa foi informada antes das vacacións do verán e …

 ..Cando nos incorporamos en setembro  a maquinaria da colaboración xa se botara a andar con produtivos resultados de ambientación para os espazos escolares ..

Admisión Alumnado para o curso 2018-19 (I): Reserva de Praza

Do 1 ao 15 de febrero estará aberto o prazo para a Reserva de Praza en 1º de Educación Primaria no centro adscrito (CEIP Vales Villamarín), para o alumnado que remata a Educación Infantil.

Premio Traballos por Proxectos

A comunidade educativa da que participa a nosa escola foi galardoada no IV Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación da Biblioteca Escolar, no contexto do Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe).

Novo encontro co escritor Manuel Guisande

O 5 de decembro disfrutamos dunha nova visita de Manuel Guisande, periodista e escritor, que, de cando en vez, comparte con nós o seu saber sobre o mundo das  Letras.

Nesta ocasión  partimos dun pequeno  poemario da súa autoría, “Poemas de las Vocales”, sobre o que, previamente, levamos a cabo tarefas relacionadas coa lectoescritura e a creación literaria.

Distribuir contido

Eventos

« Septembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

O tempo en Coirós