Iniciar sesión: Acceso

Mariana e a "fábrica de bebés"

06/14/2012 09:00
06/14/2012 14:00
Etc/GMT+1

Nos visita Mariana, bióloga do CHUAC (A Coruña). Contará aos nenos/as das Escolas de Coirós en que consiste o seu traballo na Unidade de Fecundación Asistida do hospital.

A recibiremos no Centro de Servizos Sociais do Concello.

A proveitaremos o resto da xornada para preparar actividades relacionadas cos actos de Fin de Curso.

Xornada de Convivencia en Betanzos

06/08/2012 00:00
06/08/2012 14:00
Etc/GMT+1

O venres, 8 de xuño,o alumnado das Escolas de Educación Infantil dos concellos de Paderne e Coirós visitaremos o C.E.I.P. Vales Villamarín (Betanzos) .

Compartiremos a xornada lectiva co alumnado de 6ª nivel de Educación Infantil do centro, futuros compañeiros/as dos nenos e nenas das escolas que o vindeiro curso 2012-13 se escolaricen no centro adscrito.

No programa adxunto se poden consultar as actividades previstas.

Unha saída con doble experiencia

O pasado mércores, 25 de abril, saímos cos compañeiros e compañeiras da Escola de Ois:

MUÍÑADA NO MANDEO

Primeiro visitamos un muíño de río, á beira do Mandeo, que aínda está en funcionamento.

O seus donos, o señor Avelino e a súa muller, nos atenderon con moito cariño.Nos explicaron  o funcionamento da maquinaria e como é o seu traballo.

Un amigo invisible na Biblioteca do Concello

Hoxe damos por rematado o xogo do amigo invisible que Pilar, a biliotecaria, nos propuxo desde a Biblioteca do Concello.

Foi unha experiencia positiva que nos achegou  aos libros dun xeito lúdico e emocional, con moita implicación de valores e sentimentos cara aos compañeiros/as.

Agradecemos a colaboración necesaria das familias para que os nenos/as recolleran na biblioteca o libro-agasallo que  despois entregaron na escola ao "amigo/a" que lles correspondeu.

Unha boa idea cun exitoso resultado.

Xunta Directiva da ANPA da EEI de Coirós

 

  • Presidenta: Paula Boado Presas (Mamá de Sofía)
  • Secretaria: Pilar Alarza Bermúdez (Mamá de Indira)
  • Tesoureira: M. Yolanda Santiso Vara (Mamá de Julián)
  • Vocal: Francisco Martínez García (Papá de Julia)
  • Vocal: Ramón Bouzas Tobío (Papá de Sira)

Letras do Coro para o Nadal 2011

Ola, familias:

Vos envío as letras que estamos traballando para a próxima colaboración co Coro do Concello con motivo da celebración do Nadal.

Un saúdo. Conchi

Distribuir contido

Eventos

« Septembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

O tempo en Coirós