Iniciar sesión: Acceso

Leecontos con Sofía e Sabela

O pasado 27 de febreiro tivemos outra sesión de Leecontos no Centro Social.

Sofía e Sabela foron as narradoras.

Adrián. "Cantamos a canción de "La lechuza" para empezar caladiños"

Sofía contou " Iago e Uxía".

Sofía: "Me olvidé de leer el titular". "Me reía al leer el cuento por que me daba vergüenza".

Jonathan: "Salió perfecto. Me encantó. Aunque Sofía pasaba las páginas muy rápido y no podía ver, no me daba mucho tiempo".

sentímolo, flash non está dispoñible.

Visita a la Casa Grande de Xanceda

La jornada previa, en la escuela

El día antes de la visita, viernes 19, Ana (mamá de Sabela) nos invitó a una merienda especial:

- Bizcocho de nueces, que hicieron Ana, Sabela y su primo Javier.

- Leche de A Casa Grande de Xanceda.

Nos acompañó Raquel y recordamos que en la granja también se pude trabajar en "igualdad".

La visita contada por los protagonistas

Admisión de Alumnado para o curso 2013-14 (III)

Rematado o prazo de Solicitude de Praza para o próximo curso pasamos a publicar a listaxe de admitidos/as, que podedes consultar no documento adxunto.

De acordo co artigo 30 da Orde do 12 de marzo de 2013, que regula a admisión de alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte á súa publicación, ante o Consello Escolar do centro.

Visita á Casa Grande de Xanceda

04/20/2013 16:00
04/20/2013 18:00
Etc/GMT+1

Para o próximo 20 de abril as familias teñen organizada unha visita á Casa Grande de Xanceda.

A experiencia comezará ás 16:00 horas e durará entre unha e dúas horas.

Na escola andamos achegándonos ao tema ..

Leecontos con Jonathan

Durante o segundo trimestre deste curso a ANPA recuperou a actividade "Leecontos" que se viña levando a cabo o curso anterior con periodicidade mensual no Centro de Servizos Sociais do Concello.

Na primeira sesión, no mes de xaneiro, Jonathan leu aos compañeiros e compañeiras os contos "IAGO VAI Á ESCOLA" e "CINCO".

O fixo moi ben.

O público fai autocrítica:

Admisión de Alumnado para o curso 2013-14 (II)

Adxunto documentos relacionados co proceso de Admisión de Novo Alumnado para o curso 2013-14.

Vos recordo que o prazo para a presentación de  solicitudes é do 5 ao 17 de abril (ambos inclusive)

Admisión de Alumnado para o curso 2013-14 (I)

Nestos días estamos dando comezo ao proceso de Admisión de Alumnado para o próximo curso 2013-14 regulado polo Decreto 254-2012, e a Orde do 12 de marzo de 2013 que desenvolve o procedemento. (Documentos Adxuntos 1 e 2).
Adxuntamos, ademáis, outros documentos informativos:
- Calendario coas datas máis significativas (Adxunto 3)

Cantamos co Coro: Repertorio Nadal 2012

Seguindo o programa previsto para a celebración do Nadal, estos días estamos preparando as cancións que presentaremos nas actuacións dos días 20 (no CEIP Vales Villamarín) e 21 (no Centro Social do Concello).

Vos envíamos as letras e os enlaces para que podades visionalas, por se queredes "ensaiar" en familia.

Calendario Escolar 2.012-13

Recibida a autorización dos días non lectivos solicitados para este curso (7 de decembro de 2.012 e 20 de maio de 2.013) o calendario 2.012-13 queda como se pode ver no documento adxunto.

Un saúdo. Conchi

Comezamos unha nova aventura: Curso 2.012 - 2.013

Ola, de novo, familias:

Benvidos/as a esta nova singradura.

Nestes días de preparativos previos á incorporación do alumnado, o próximo 12 de setembro, vos propoño unha reunión para o vindeiro xoves, 6 de setembro, ás 10:30 horas , na escola. Comentaremos asuntos relacionados co comezo do curso.

Un saúdo.

Conchi

Distribuir contido

Eventos

« Outubro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

O tempo en Coirós