Iniciar sesión: Acceso

Festa Fin de Curso 2013-2014

O próximo xoves, 19 de xuño, a partir das 18:00 horas as Escolas de Educación Infantil (2º ciclo) de Coirós celebrarán a Festa de Fin de Curso no Centro de Servizos Sociais do Concello.

Haberá unha exposición do material utilizado e elaborado ao longo do curso sobre o proxecto de traballo que nos tivo ocupados: O Universo.

O acto se desenvolverá seguindo o programa que adxuntamos.

Familias e amigos/as, estades convidados/as!.

Contacontos na Escola de Carnoedo (Sada)

Tania, mestra da Escola de Educación Infantil de Carnoedo (Sada) e amiga, invitou ás escolas de Fontelo-Ois, Coirós de Arriba e Vilar (Oleiros) a unha sesión de contacontos, ofertada pola editorial Everest,  que se celebrou no seu centro o pasado xoves, 8 de maio.

Os nenos/as das Escolas de Fontelo-Ois e Coirós de Arriba fomos en autobús ao longo do río Mandeo, que nalgúns sitios nos parecía o mar, e pasamos pola praia de Sada.