Iniciar sesión: Acceso

Compartimos actividades de fin de semana

EN EL CIRCO (BETANZOS)

Unas chicas subían por una cuerda-pañuelo enorme y bailaban.

Los pingüinos de Madagascar cantaban “Marcha, marcha”. Estaban la cebra, el hipopótamo y el león. Eran de peluche.

Berto quitó una foto con el león y la cebra. La cebra le hacía cosquillas en el cuello porque era muy suave. Le chocó las cinco.

Eleccións de membros do Consello Escolar IV

O pasado martes, 28 de novembro, se celebrarón as votación para elexir representante de nais/pais/titores no Consello Escolar.

O escrutinio dou como resultado unánime dos votantes a elección de Sonía (mamá de Brezo), que xunto con Yolanda (concelleira de Cultura) e Conchi (mestra) compoñeremos o novo Consello Escolar do centro.

Graciñas a Fátima (representante saínte de pais/nais/titores) polos servizo prestado e comezamos unha nova singradura.

A Escolas de Educación Infantil de Coirós celebran o Magosto

O 11 de novembros as Escolas de Fontelo-Ois e Coirós de Arriba nos reunimos de novo con motivo da celebración do Magosto.

A primerira parte da mañán a compartimos cos/as compañeiros/as da Escola de Educación Infantil (1º Ciclo) de Coirós que nos acolleron, de novo, no seu cnetro.

Vos deixamos unhas imaxes ..

Eleccións de membros do Consello Escolar III

O pasado venres, 14 de novembro, rematou o prazo de presentación de candidaturas a membros do Consello Escolar (representante dos pais/nais).

A partir de hoxe comeza o periodo de campaña electoral, que rematará o próximo día 23.

O martes, 18 de novembro, según o calendario previsto se celebrará o sorteo de compoñentes da mesa electoral no Centro Social do Concello ás 16:30 horas. O acto será público.

 

 

Eleccións de membros do Consello Escolar II

Seguindo o calendario previsto para o proceso de eleccións de membros do Consello Escolar o día 6 de novembro,ás 09:30 horas, na escola, celebrouse o sorteo do membro da Xunta Electoral representante dos pais/nais.

Asistiu como testigo María Pilar Alarza Bermúdez.

Adxunto o documento que recolle o resultado do sorteo.

A Xunta Electoral queda así constituída.

Eleccións de membros do Consello Escolar I

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2014 da Dirección Xeral de Educación (D.O.G. do 1 de outubro) se abre o proceso de elección de membros do Consello Escolar, que se celebrará ao longo deste mes de novembro.

Para comezar adxunto a seguinte documentación:

- LEXISLACIÓN 1, 2 e 3. Marco normativo.

O frautista de Hamelin visita Coirós

O 28 de outubro as Escolas de Fontelo-Ois e Coirós de Arriba celebramos a primeira xornada de convivencia deste curso 2014-15.

O motivo foi levar a cabo actividades nas que a frauta foi protagonista, co obxectivo de introducir os instrumentos musicais de vento  como tiñamos previsto na programación do proxecto de traballo común sobre a música.

Catuxa nos axuda a facernos maiores

Que difícil é medrar, ás veces!

 A fada Catuxa, que o sabe, nos observa e acompaña nos momentos delicados desta travesía. Nos anima, se alegra con nós cando superamos etapas e nos compensa con alguna sorpresa “máxica”  acompañada de …. mensaxes moi emocionantes!.

Durmir na nosa cama (sen invadir a de papá e mamá)

Boletín ANPA BRIGANTIUM setembro/outubro 2014

A Asociación de Nais e Pais Brigantium do C.E.I.P. nos envía o seu primeiro boletín deste curso.

Podedes consultalo no documento anexo.

Calendario Escolar 2014-15

Adxunto o calendario escolar para este curso.

Os días solicitados ao amparo do artigo 7.2. da orde do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014-15,coincidentes cos elexidos polo centro adscrito C.E.I.P. Vales Villamarín, son os seguintes:

- 3 de novembro de 2014

- 4 de maio de 2015

Distribuir contido

Eventos

« Decembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

O tempo en Coirós