Iniciar sesión: Acceso

Admisión Alumnado para o curso 2019-20 (I): Reserva de Praza no Centro Adscrito

Do 1 ao 15 de febreiro estará aberto o prazo para reservar praza en 1º curso de Educación Primaria no centro adscrito CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos).

A xestión pódese levar a cabo polas seguintes vías:

1. Cumprimentar o documento adxunto 1. Reserva de Praza e entregalo na escola.

2. Xestionalo a través da aplicación 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

Eleccións de membros do Consello Escolar 2018

Ao longo do mes de novembro levaremos a cabo o procedemento de renovación de membros do Consello Escolar de acordo coa Resolución do 25 de setembro de 2018, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 8 de outubro de 2018).

Proxecto Documental Integrado (PDI) 2018-19: O Futuro

O tema do Proxecto Documental Integrado para este curso é O FUTURO.

Parte do alumnado (5º e 6º nivel) participaron na presentación do proxecto no mes de Xuño do curso pasado durante a Xornada de Convivencia 6º de Infantil/1º Primaria, enmarcada no Plan de Acollida.

Así que retomamos o texto proposto nese momento como punto de partida ..

Visita á Casa do Queixo e ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes

Desde a ANPA O Cruceiro as familias organizan unha saída ao entorno próximo relacionada co PDI deste curso, sobre a Idade Media.

De volta na escola, recollemos o observado e experimentado na asemblea e utilizámolo como ferramenta para afianzar contidos...

 Fuimos á Casa do Queixo y a Sobrado dos Monxes.

IV Carreira Solidaria "Corre por Betanzos" 2018

No mes de maio participamos na IV convocatoria da Carreira Solidaria “Corre por Betanzos” organizada polo Departamento de Educación Física do CEIP Vales Villamarín.

Un ano máis a solidariedade dos centros educativos participantes e o esforzo de organización acadou un éxito salientable no obxectivo que se pretencia: a recollida de alimentos para persoas desfavorecidas.

Leecontos con Iago

O 23 de maio de 2018 Iago convoca a compañeiros/as e amigos/as a unha nova sesión de Leecontos que se celebra na Escola de Lesa, a partir das 18:30 horas.

IAGO lee “¡No dejes que la paloma conduzca el autobús!” de Mo Willens.

IAGO: (Los asistentes) Escucharon genial. Ayudaron diciendo “¡Nooo!”.

Calendario Escolar 2018-19

            Segundo a orde do 22 de maio de 2018 (DOG 8 de xuño) pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018-2019:

           O período lectivo para o próximo curso 2018-19 abranguerá dende o día 12 de setembro de 2018 ata o día 21 de xuño de 2019, ambos inclusive, e contará cos seguintes períodos de vacacións:

Admisión Alumnado para o curso 2018-19 (III): Matrícula

Do 20 ao 30 de xuño estará aberto o prazo de Matrícula para o curso 2018-19.

A información e documentación necesaria pode consultarse nos ficheiros adxuntos.

A entrega da documentación farase na escola de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.

Día das Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno

Lucía Casal, mestra especialista en Audición e Linguaxe, lanza unha proposta desde a Escola de Fontelo-Ois, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas: Recoller material da tradición oral galega. A temática e formato da recollida será libre.

O obxectivo é recopilar a colleita dos diferentes centros educativos cos que ten relación.

Leecontos con Obdulia

As familias convocan unha nova sesión de Leecontos, da que se fai cargo Obdulia coa súa nai, Cris.

A ANPA estrea local para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa asociación: a antiga escola de Lesa, cedida polo Concello.

 Comezan con Cocorico..

Distribuir contido

Eventos

« Septembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

O tempo en Coirós