Iniciar sesión: Acceso

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

Do 1 ao 20 de marzo, ambos inluidos, estará aberto o prazo de admisión de novo alumnado para o curso 2024-2025.

A información e documentación necesaria está dispoñible nos seguintes documentos:

DOCUMENTOS INFORMATIVOS:

Visitamos o Vales de Primaria

No mesmo marco do Plan de Acollida compartido co centro adscrito, uns días máis tarde da Xornada de Convivencia en Coirós co alumnado de 6º nivel de Educación Infantil do Vales, reunímonos de novo, xunto coas Escolas Unitarias de Paderne, para coñecer, explorar e experimentar as instalacións de Primaria do centro adscrito nas que este alumnado continuará a súa escolarización a partir do próximo curso.

10ª Xornada de Convivencia en Coirós

Este curso recuperamos esta actividade deseñada no marco do Plan de Acollida compartido por ambos centros e que viñamos levando a cabo, antes da pandemia, ao final de cada curso.

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-24: Formalización de Matrícula

Do 20 ao 30 de xuño estará aberto o prazo para formalizar a matrícula do novo alumnado que se incorporará á escola no curso 2023-24.

A información e documentación necesaria é a que segue:

1. Información sobre a matrícula

Leecontos Curso 2022-23

  

 

Retomamos unha actividade complementaria que se viña convocando desde a ANPA O Cruceiro, fóra do horario lectivo: O Leecontos

Biblioteca Familiar

FONDO DA ESCOLA EN PRÉSTAMO

Poñemos a disposición das familias os títulos da Biblioteca Familiar da Escola que se poden solicitar en préstamo.

Esta pequena selección de bibliografía, relacionada coa educación, vai dirixida a nais, pais e persoas adultas que participan da crianza. 

 

Día da Árbore 2023

O cambio de estación tráenos a conmemoración do Día da Árbore.

Aproveitamos a ocasión para iniciar a incorporación de árbores ao patio da escola.

Dani aporta dous exemplares: unha nespereira e un pexegueiro.

Comezamos cun pouco de teoría e coñecementos previos ..

Cinema Paraíso

Recuperamos as sesións de cine clásico que viñamos programando coa colaboración de Fernando, cineasta e aficionado-coleccionista de cinema en formato Super 8.

Distribuir contido

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

O tempo en Coirós