Skip to Content

PAZ EN ARALDE

PAZ EN ARALDE

O DERRADEIRO 30 DE XANEIRO, OS DETECTIVES VERDES CELEBRAMOS A PAZ NA COMPAÑA DAS NAIS, PAIS E OUTROS FAMILIARES. TIÑAMOS PENSADO CANTAR A CANCIÓN E REALIZAR OUTRAS ACTIVIDADES NO PATIO ESCOLAR CANDO AS FAMILIAS VIÑERAN RECOLLERNOS, PERO COMO CHOVEU, FIXEMOS PARTE DA ACTUACIÓN DENTRO DA AULA.

GRAZAS ÁS FAMILIAS POR CELEBRAR A PAZ CON NÓS. 

OS DETECTIVES VERDES APRENDEMOS COUSAS DA PERRUQUERÍA

OS DETECTIVES VERDES APRENDEMOS COUSAS DA PERRUQUERÍA

O DERRADEIRO MARTES TIVEMOS A VISITA DUNHA PERRUQUEIRA PARA EXPLICARNOS EN QUE CONSISITE O SEU TRABALLO, CALES SON OS SEUS APARELLOS E PARA QUE OS EMPREGA, AS ACTIVIDADES QUE DESENVOLVE CADA DÍA, DEU RESPOSTA ÁS NOSAS DÚBIDAS, SIMULAMOS QUE IAMOS Á SÚA PERRUQUERÍA E FÍXONOS O QUE LLE PEDIMOS... PASÁMOLO XENIAL E APRENDEMOS UNHA MOREA DE INFORMACIÓN.

GRAZAS MAMÁ PERRUQUEIRA!!!.

ENTROIDO E MANDADIÑO 2015

05/02/2015 09:00
13/02/2015 14:00

RECORDÁMOSVOS QUE OS DÍAS 16, 17 E 18 DE FEBREIRO NON TEMOS CLASES POR MOR DO ENTROIDO.

CONFIRMÁMOSVOS QUE O VINDEIRO XOVES 12 DE FEBREIRO ÁS 16:30 CELEBRAREMOS A FESTA DO ENTROIDO NA ESCOLA.

CON MOTIVO DESTA CELEBRACIÓN, DENDE O XOVES 5 ATA O VENRES 13, XOGAREMOS AO MANDADIÑO, COAS SEGUINTES INSTRUCCIÓNS:

1.- XOVES 5: TRAER TODOS UN GORRO NA CABEZA.

OPERACIÓN CAMPO DE FÚTBOL

OPERACIÓN CAMPO DE FÚTBOL

O PASADO VENRES, OS DETECTIVES VERDES DE ARALDE, DECIDIMOS SUBIR AO CAMPO DE FÚTBOL PARA VIXIAR SE ESTABA LIMPO. ACOMPAÑÁRONNOS VARIOS PAIS PARA DESENVOLVER ESTA OPERACIÓN. ÍAMOS TOTALMENTE EQUIPADOS CON SACHOS, ANGAZOS, BOLSAS PARA O LIXO, A NOSA GORRA DE DETECTIVES VERDES, LUVAS,...

XA DE CAMIÑO AO CAMPO DE FÚTBOL VIMOS UN MONTÓN DE LIXO ENTRE AS SILVEIRAS, QUE FOMOS RECOLLENDO, AXUDADOS DAS NOSAS FERRAMENTAS E POLOS NOSOS AXUDANTES, OS PAIS.

BO NADAL DESDE ARALDE

BO NADAL DESDE ARALDE

BO NADAL DESDE ARALDE, QUE O ANO 2015 VEÑA CARGADO DE BOS SENTIMENTOS E SORPRESAS AGRADABLES.

VÉMONOS O 8 DE XANEIRO ÁS 9:00.

 

BOAS FESTAS PARA TODAS/OS. 

VISITA DE PAPÁ NOEL

19/12/2014 09:29

O VINDEIRO VENRES,19/12/2014, POLA MAÑÁ VISITARANOS PAPÁ NOEL COA SÚA DONA.

SE NON CHOVE, IREMOS AGARDÁLO  ONDE A PARADA DO BUS PARA ACOMPAÑALO ATA A ESCOLA. CANTARÉMOSLLE AS PANXOLIÑAS QUE ESTAMOS A PRACTICAR CADA DÍA. E LOGO DEGUSTAREMOS AS LAMBETADAS TÍPICAS DO NADAL.

 

CARLOS, O MECÁNICO, APRÉNDENOS O SEU TRABALLO

CARLOS, O MECÁNICO, APRÉNDENOS O SEU TRABALLO

CARLOS, O PAPÁ DE MARCOS, VISITOUNOS NA ESCOLA ANTES DE NADAL PARA CONTARNOS COMO ARRANXA OS AUTOBUSES E CAMIÓNS. 

TROUXO UNHA MOREA DE FERRAMENTAS!!!!! (PICO DE LORO, DIFERENTES CHAVES,...) E CONTOUNOS PARA QUE AS EMPREGA.

OS DETECTIVES VERDES CELEBRAMOS O MAGOSTO

OS DETECTIVES VERDES CELEBRAMOS O MAGOSTO

POR FIN POIDEMOS CELEBRAR O MAGOSTO!. O DERRADEIRO MÉRCORES 19 DE NOVEMBRO, A CHOIVA DEU UNHA TREGUA E APROVEITAMOS PARA CELEBRARMOS O MAGOSTO. NAMENTRES OS PAIS ASABAN AS CASTAÑAS, O ALUMNADO E AS MESTRAS DISFRUTAMOS CANTANDO E FACENDO ACTIVIDADES COA CASTAÑA. AS NAIS E PAIS, QUE ESTABAN NO MONTE LINDEIRO CO PATIO ESCOLAR, ESTABAN VENDO A NOSA FUNCIÓN E TIVEMOS MOITOS APLAUSOS.

REUNIÓN IMPORTANTE O XOVES 13 DE NOVEMBRO

13/11/2014 20:30
13/11/2014 21:30

QUEREMOS RECORDARLLE ÁS FAMILIAS QUE O VINDEIRO XOVES 13 DE NOVEMBRO, ÁS 20:30, TEREMOS UNHA REUNIÓN PARA TRATAR DIVERSOS TEMAS IMPORTANTES.

PREGAMOS A ASISTENCIA DE TODOS/AS.  

AS MESTRAS.

CONCURSO DE VALLE INCLÁN 2014

CONCURSO DE VALLE INCLÁN 2014

TODOS OS ESFORZOS TEÑEN A SÚA RECOMPENSA E, GRAZAS AO NOSO TRABALLO, APRENDEMOS MOITAS COUSAS SOBRE VALLE INCLÁN E, ADEMAIS, FOMOS GAÑADORES NAS CATEGORÍAS GRUPAL E INDIVIDUAL DE NENOS/AS DE 5 A 10 ANOS DO CONCURSO CELEBRADO NA CASA MUSEO DE VALLE INCLÁN (VILANOVA).

Distribuir contido


by Dr. Radut