Skip to Content

OS DETECTIVES VERDES SOMOS VISITADOS POR UNHA MÉDICA

OS DETECTIVES VERDES SOMOS VISITADOS POR UNHA MÉDICA

ANTES DE SEMANA SANTA, VISITOUNOS UNHA MÉDICA QUE ESTUDOU NA NOSA ESCOLA FAI MOITOS ANOS. SANDRA CONTOUNOS QUE PARA SER MÉDICA TIVO QUE ESTUDAR MOITO AO LONGO DE MOITOS  CURSOS. COMA NÓS, OS MÉDICOS, MEDICAS, ENFERMEIRAS, CELADORES...TEÑEN QUE LEVAR UNIFORME.

DESPOIS REPARTIMOS NÚMEROS ENTRE AS NENAS E NENOS QUE FIXEMOS DE DOENTES E SANDRA CONSULTOUNOS E FÓMOSLLE DICINDO O QUE NOS DOÍA. ENCANTOUNOS CANDO LLE ESCOITAMOS O LATEXO DO CORAZÓN DUNHA DOENTE CO ESTETOSCOPIO OU FONENDOSCOPIO.

OS DETECTIVES VERDES FOMOS AO CINE

OS DETECTIVES VERDES FOMOS AO CINE

O DERRADEIRO 18 DE MARZO FOMOS AO AUDITORIO DE VILAGARCÍA PARA VER " EL LIBRO DE LA SELVA 2" COAS NENAS E NENOS DAS OUTRAS ESCOLAS UNITARIAS. ESTA ACTIVIDADE FOI PROGRAMADA POLO SPAD DO CONCELLO DESTA VILA. FOMOS EN AUTOBÚS A RECOLLER AO ALUMNADO E MAILA MESTRA DE SOLOBEIRA, LOGO  VIMOS A PELÍCULA E VOLTAMOS PARA A ESCOLA ONDE COMEMOS UN RICO BOCADILLO.

OPERACIÓN PRAIA DO BAO

22/03/2015 09:24

TEMOS PROGRAMADA UNHA LIMPEZA NA PRAIA DO BAO DA ILLA DE AROUSA, SEMPRE QUE A CLIMATOLOXÍA NOLO PERMITA.

A VISITA DUN COCIÑEIRO

A VISITA DUN COCIÑEIRO

O DERRADEIRO XOVES 19 DISFRUTAMOS DA VISITA DUN PAI COCIÑEIRO QUE NOS CONTOU MOITAS COUSAS DO SEU TRABALLO, ENSINOUNOS FOTOS DE ONDE TRABALLA, DOS PRATOS DAS COMIDAS QUE PREPARA, DO SEU UNIFORME, DOS UTENSILIOS QUE USA... E COCIÑAMOS UN BISCOITO RIQUÍIIIISIMO CON EL E TAMÉN COA SÚA AXUDANTA.

MOITAS GRAZAS A ESTE PAPÁ E A ESTA MAMÁ.

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO

02/03/2015 09:24

ESTÁ ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2015/16 DESDE 00 3 ATA O 23 DE MARZO.

ESCOITANDO A ESTHER

ESCOITANDO A ESTHER

HAI UNS DÍAS VISITOUNOS UNHA MAMÁ PARA CONTARNOS UN CONTO CHULÍIIISIMO "DI LA VERDAD". GUSTOUNOS MOITO E APRENDEMOS QUE SEMPRE, SEMPRE, SEMPRE TEMOS QUE CONTAR A VERDADE, POIS DICIR MENTIRAS PÓDENOS TRAER GRAVES PROBLEMAS, CONVERTÍMONOS EN MENTIREIROS/AS E DESPOIS PÁSANOS COMO A PEDRO NO CONTO DE "PEDRO Y EL LOBO" QUE A XENTE NON NOS CRE. ESTIVEMOS SUPER ATENTAS/OS.  

RAZAS MAMÁ POR CONTARNOS ESTE CONTO TAN BEN CONTADO E TAN CHULI!!! 

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA (2015)

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA (2015)

OS DETECTIVES VERDES DE ARALDE LEVAMOS UNHA TEMPADA TRABALLANDO E INVESTIGANDO NAS PROFESIÓNS , TRABALLOS E ACTIVIDADES QUE DESENVOLVEN AS MULLERES DAS NOSAS FAMILIAS, AS VECIÑAS DE ARALDE, AS MESTRAS E AQUELAS MULLERES QUE TEMOS CONTACTO CON ELAS NA VIDA COTIÁ. ESTE CURSO CENTRÁMONOS NUNHA PERSOA QUE   DIARIAMENTE SAÚDAMOS, ESCOITANOS, FALA CON NÓS, AXÚDANOS, BÍCANOS, DÁNOS MOITO CARIÑO,,,, E DÉIXANOS AS AULAS SUPERLIMPAS, ORDENADAS E FAI TODO CON MOITO AGARIMO. ESTAMOS AFALAR DE MERCHE, A NOSA LIMPADORA. 

A VISITA DUNHA GARDA CIVIL

A VISITA DUNHA GARDA CIVIL

O DERRADEIRO VENRES DISFRUTAMOS DA VISITA DUNHA GARDA CIVIL A CAL NOS ENSINOU UNHA MOREA DE COUSAS SOBRE O TRABALLO  E AS ACTIVIDADES QUE DESENVOLVE A GARDA CIVIL. ENSINOUNOS UN CARTEL ONDE HABÍA MULLERES GARDAS CIVIS CO REI, RESPOSTOU ÁS NOSAS PREGUNTAS, ENSINOUNOS O SEU UNIFORME E APARELLOS QUE PRECISAN A DIARIO PARA TRABALLAREN, EXPLICOUNOS OS TRES TIPOS DE CANS ADESTRADOS PARA AXUDARLLES A RESOLVEREN OPERACIÓNS E CASOS. DISFRUTAMOS E APRENDEMOS MOITO CON ANA. ADEMÁIS É MOI CARIÑOSA, RISUEÑA MOI AMABLE...

ENTROIDO 2015

ENTROIDO 2015

POR FIN POIDEMOS CELEBRAR O ENTROIDO E LUCIR O DISFRACE DE TOMATE. XA RECUPERADAS/OS DA DOENZA DO VIRUS ESTOMACAL, O DERRADEIRO XOVES 19 FOMOS DAR UNHA VOLTA POLO POBO DE ARALDE ATA A TENDA ACOMPAÑADAS/OS DOS FAMILIARES. BAILAMOS, CANTAMOS E LOGO REGRESAMOS Á ESCOLA ONDE DEGUSTAMOS SABOROSAS FILLOAS, ORELLAS, MAGDALENAS, BISCOITOS E ROSQUIÑAS QUE NOS COCIÑARON AS FAMILIAS. QUE RIQUISSSIIIMMMMMAAAAASSSS ESTABAN!!!.

MOITAS GRAXAS ÁS FAMILIAS, SEN A VOSA AXUDA NON PODERIAMOS FACER TANTAS ACTIVIDADES!!!.    

DESFILE ENTROIDO 2015

19/02/2015 14:00

POR MOR DUN VIRUS ESTOMACAL QUE NOS AFECTOU Á METADE DO ALUMNADO, DECIDIMOS FACER O DESFILE DE ANTROIDO O VINDEIRO XOVES 19/02 ÁS 16:30. DEBEMOS ESTAR ÁS 16:00 PARA IRMOS VESTINDO OS DISFRACES. LOGO DAREMOS UN PERCORRIDO POLO POBO E AO REGRESAR Á ESCOLA, DEGUSTAREMOS AS SABOROSAS FILLOAS, ORELLAS E BISCOITOS QUE AS FAMILIAS COCIÑARON.

 

CONVIDÁMOSTE AO ENTROIDO DE ARALDE, VEN, PASARÉMOLO XENIAL!!!. SE PODES VEN DISFRAZADA/O RELACIONADO CO HORTO, HORTALIZAS E VERDURAS.

Distribuir contido


by Dr. Radut