Skip to Content

WEBS EDUCATIVAS

Webs educativas

Un complemento no que atopar recursos, materiais educativos, información sobre os teus estudos, e diferentes aplicacións que che serán de moita utilidade. Para acceder, pincha en cada imaxe.

 

Hemeroteca de La Voz de la Escuela, suplemento que publica La Voz de Galicia cada mércores con artigos científicos, de orientación escolar, educación en valores, técnicas de estudo, nutrición, literatura, o traballo coa prensa, etc.

 

 

 

Páxina web da Consellería de Educación centrada en todos os contidos sobre a  Formación Profesional: acceso e admisión, familias profesionais, onde estudar, probas de acceso, oferta formativa, bolsas, campionatos e moitras outras webs temáticas.

 

 

 

Biblioteca Pública de Ourense

Ó longo do curso podes localizar toda a bibliografía que imaxines nas súas salas, ademais de revistas especializadas de tódalas materias, prensa local e rexional, comiteca, guías de viaxe ou unha fantástica sección de cine. Está situada na Rúa Concello, nº 11. Para conseguir o carné da biblioteca debes cubrir un formulario (online ou de xeito presencial) e aportar unha foto.

 

 

Google Académico

Para buscar e rebuscar información para os teus traballos e investigacións.

 

 

 

Socrative

Plataforma educativa para aprender xogando baseada na ludificación, permite traballar pedagoxicamente a través de enquisas, actividades ou tests.

 

 

 

Duolingo

Para aprender idiomas divertíndote. Tan so precisas uns minutos ó día para superar as leccións.

 

 

 

Ciencia de sofá: Divulgación científica para mentes distraídas

Bitácora de Jordi Pereyra que achega a ciencia de xeito ameno e próximo, tal e como o seu nome indica. Astronomía, bioloxía, física, xeoloxía ou química centran os seus artigos.

 

 

 

O portal das palabras

Son varios os traballos que terás que elaborar en galego; pois aquí tes unha das mellores webs para coñecer o idioma, coa colaboración da Real Academia Galega entre outras entidades. Dispón de dous buscadores: palabras do dicionario e sinónimos, ademais de incluír frases e expresións cos diferentes resultados. Navega polas seccións de palabra do día, setestrelo, xogos, pregúntalle á Academia, descargas ou apunta ben…sorprenderante.

 

 

Didactalia

Comunidade de recursos educativos abertos (artigos, investigacións, xogos, mapas interactivos, leccións). Utiliza o buscador avanzado situado á esquerda para filtrar as túas procuras por materias (matemáticas, ciencias naturais, ciencias sociais, linguas, xeografía, tecnoloxía, artes plásticas, filosofía, etc.), nivel educativo, idioma, tipo de actividade ou etiquetas.

 

 

 

Organización escolar

Pincha en cada una das imaxes e coñece diferentes recursos para mellorar a túa organización escolar: axenda, tarefas, planificación horas de estudo, creación de listaxes, recordatorios, organización de clases e materias. Ofertan a posibilidade de instalarse no teu móbil, así que xa non tes escusas para liarte.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut