Skip to Content

HORARIOS

Horarios

O período de funcionamento do centro residencial docente de Ourense coincide coa orde do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia dende o día 17 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive. En todo caso, o centro residencial permanecerá pechado a partir do 30 de xuño de 2019.

O servizo de residencia para o alumnado comeza o luns 17 de setembro. O trámite de incorporación farase o mesmo luns en horario de: 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 18:00 horasOs/as alumnos/as que o desexen poden deixar as maletas no centro en horario de mañá. Así mesmo, os que queden a comer o día 17 deberán anotarse pola mañá en conserxería.

Non se efectuará ningunha incorporación o domingo día 16.

Excepcionalmente (previo aviso e debidamente xustificado), a partir do 18 de setembro, a incorporación farase no horario de: 9:00 a 13 horas.

Os comedor escolar funcionará desde o día 17 de setembro de 2018 ata o 21 de xuño de 2019 ambos inclusive, salvo nos períodos de vacacións.

Os períodos de vacacións, nos cales non haberá actividade no CRD, son os seguintes:

  • Nadal: desde o día 22 de decembro de 2018 ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive.
  • Entroido: días 4, 5 e 6 de marzo de 2019.
  • Semana Santa: desde o día 13 ata o 22 de abril de 2019, ambos inclusive.

 Establécese o día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2018/19 se celebrará o 7 de decembro de 2018.

Se queres saber mais dos diferentes horarios pincha nos enlaces correspondentes:

1. HORARIO DOS SERVIZOS DO CREDO E DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR.

2. HORARIOS DO PERSONAL DOCENTE DO CREDO.

3. HORARIO DE FUNCIONAMENTO DIARIO, DOMINGOS E FESTIVOS.

Distribuir contido


by Dr. Radut