Skip to Content

INCORPORACIÓN AO CRD

INCORPORACIÓN AO CRD

INCORPORACIÓN ALUMNADO CRD OURENSE 2019-20

O servizo de residencia comeza o 16 de setembro. O trámite de incorporación farase o mesmo día en horario de: 9:00 a 13:00 horas 16:00 a 18:00 horas.
Os/as alumnos/as que o desexen poden deixar as maletas no centro en horario de mañá. Así mesmo, os que queden a comer o día 16 de setembro deberán anotarse pola mañá en conserxería.
Excepcionalmente (previo aviso e debidamente xustificado), poderase incorporar o CRD de Ourense o día 17 de setembro. A incorporación farase no horario de: 9:00 a 13 horas.
Todo alumnado do CRR de Ourense cubrirá os modelos correspondestes o día da entrada e que se facilitarán no centro.

  • Normas de incorporación para todos os residentes:

Os/as residentes deben traer coa súa equipaxe:

  • Dúas toallas.

  • Pixamas.

  • Bata.

  • Zapatillas e calzado adecuado para duchas -roupa persoal e de aseo.

  • Candado pequeno (tipo lince 300-30) para a taquilla.


  Non se poden traer: aparellos eléctricos (sangüicheiras,  estufas, etc.), animais, nin prantas.

  • Documentación a entregar polos/as alumnos/as de novo ingreso e polos/as alumnos/as xa residentes, do ano anterior:


 Os/as residentes que se incorporan ao Centro Residencial Docente neste curso 2019/20 deben achegar a seguinte documentación:

  • 2 fotos tamaño carné.

  • Fotocopia tarxeta sanitaria.

  • Cumprimentar os impresos: consentimento de petición de información ante o centro de ensino, impreso de política de protección de datos e aceptación do regulamento de réxime interior (NOFC) e modelo de consentimento de información a pais/nais/titores legais (so alumnos/as maiores de idade).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut