Skip to Content

Convocatoria prazas residencia 2019-2020

 Período extraordinario: adxudicación de prazas no CRD de Ourense curso escolar 2019-20

Feita a adxudicación de prazas para o alumnado en período ordinario e quedando aínda algunhas prazas vacantes, o centro residencial docente de Ourense abre un prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 16 e o 20 de setembro de 2019, ambos incluídos.

A tramitación das solicitudes axustarase ao establecido no documento que aparece no enlace de abaixo chamado titulado: Documentación complementaria solicitude becas curso 2019/2020.

a) Publicación da listaxe provisional: 27 de setembro de 2019.

b) Prazo para formular reclamación: ata o 2 de outubro do 2019

c) Publicación da listaxe definitiva e da adxudicación de praza:7 de outubro de 2019.

Resolución provisional de admitidos en periodo extraordinario 2019-20

Listaxes coas puntuacións provisionais das persoas solicitantes admitidas e excluídas, período extraordinario, das prazas nos centros residenciais docentes da Coruña e Ourense para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2019/2020

Resolución definitiva de admitidos en periodo extraordinario 2019-20

 

Convocatoria Prazas CRD Ourense en periodo ordinario 2019-20

Convocatoria prazas residencia CRD  2019-2020.

Modelo Adxudicación prazas de residencia nos centros residenciais docentes 2019-2020.

Documentación complementaria solicitud becas curso 2019/2020.

NOTA IMPORTANTE

A documentación que hai que entregar está detallada no modelo adxudicación prazas de residencia nos centros residenciais docentes 2019-2020 e no artigo 23 da convocatoria de prazas.

Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario:

a) Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 12 de xullo de 2019 (este incluído).

b) Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 9 de agosto de 2019 (este incluído).


Prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario, entre o 16 e o 20 de setembro de 2019, ambos incluídos.

PRAZAS OFERTADAS: 111

O obxectivo desta é facilitarlle o acceso ao ensino superior ao alumnado que se escolariza en localidades distintas ás do seu domicilio habitual, motivado polo feito de que os estudos que realiza non se impartan en ningún centro sostido con fondos públicos da súa localidade de residencia nin noutra próxima que lle permita o desprazamento diario con facilidade.

As vacantes ofertadas poderán consultarse na páxina web ou taboleiro de anuncios dos CRD aos tres días da publicación da convocatoria.

Requisitos.

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.

b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas e acreditadas.

Requisitos persoais e académicos da persoa solicitante.

1. Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 desta orde no curso 2019/20.

2. Non repetir curso e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos

3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia

No referido aos criterios de valoración, teranse en conta os datos socioeconómicos (composición da unidade familiar, renda, discapacidade e desemprego) e o rendemento académico.

Adxudicación de praza gratuíta.

1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar  fixado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo

2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Adxudicación de praza bonificada.

1. Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:

a) Ata un 10 %: 565,87 €.

b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 867,74 €.

c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.392,95 €.

d) Máis do 30 %: 2.066,75 €.

Listados provisionais de persoas admitidas no CRD de Ourense para o ano 2019-2020:

Listado provisional de persoas admitidas no centro 2019-20.

Resolución do 26 de agosto de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican a listaxes coas puntuacións provisionais de todas as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios  socioeconómicos) e a puntuación  total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, de acordo co previsto no artigo 30 da Orde do 28 de maio de 2019 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2019/2020 (DOG núm. 108, do 10 de xuño).

Prazo para presentar reclamación: 5 días hábiles (os días 27, 28, 29 e 30 de agosto e 2 de setembro de 2019), que deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.

 

Listaxe definitivo de persoas admitidas no centro 2019-20.

 

Resolución do 26 de agosto de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican a listaxes coas puntuacións definitivas de todas as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios  socioeconómicos) e a puntuación  total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, de acordo co previsto no artigo 30 da Orde do 28 de maio de 2019 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2019/2020 (DOG núm. 108, do 10 de xuño).

 

 

Listados provisionais de persoas admitidas no CRD de ourense para o ano 2018-2019:

Listado provisional de persoas admitidas no centro.

Documentación convocatoria prazas residencia 2018-2019.

Modelo solicitud becas curso 2018/2019.

Documentación complementaria solicitud becas curso 2018/2019.

Listaxes definitivas de admitidos e excluídos das prazas de residencia no centro residencial docente da Ourense para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2018/2019.

Resolución Provisional de Admitidos en periodo extraordinario.

  • Prazas ofertadas: 124 prazas.

Nota importante: 

A documentación que hai que entregar está detallada no ANEXO I e no artigo 23 da convocatoria de prazas.

O prazo remata o 18 de xullo para alumnos de bacharelato e o 8 de agosto para alumnado matriculado en ciclos.

Período extraordinario de adxudicación de prazas no CRD de Ourense 2018-19

Feita a adxudicación de prazas para o alumnado en período ordinario e quedando ainda algunhas prazas vacantes, o centro residencial docente de Ourense abre un prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 17 e o 28 de setembro de 2018, ambos incluídos.

A tramitación das solicitudes axustarase ao establecido no documento que aparece no enlace de arriba, titulado: Documentación complementaria solicitud becas curso 2018/2019.

Publicación da listaxe provisional: 5 de outubro de 2018.

b) Prazo para formular reclamación: ata o 9 de outubro de 2018.

c) Publicación da listaxe definitiva e da adxudicación de praza: antes do 15 de outubro de 2018.

Resolución definitiva de admitidos en periodo extraordinario 2018.



page | by Dr. Radut