Que e a madurez na linguaxe, O meu neno oe ben?, Audición e Linguaxe, Educación Musical, Inglés, Educación Física, Relixión, Artigos da revista escolar, A tartamudez infantil

warning: Parameter 2 to wijering_swftools_flashvars() expected to be a reference, value given in /srv/www/drupal6/includes/module.inc on line 476.

PUBLICACIÓNS

AQUÍ TEDES TRES PUBICACIÓNS FANTÁSTICAS PARA CANTAR COS VOSOS NENOS E NENAS.

MOITAS DAS CANCIÓNS QUE CONTEÑEN XA AS TRABALLAMOS NA CLASE DE MÚSICA.

ASI QUE... A DISFRUTAR CANTANDO!!!

"CARTAS QUE VEÑEN E VAN", de Susa Herrera con Mamá Cabra. Editorial Primera Persona. ISBN 84-95923-24-6

"CONTOS EN CANTOS", de Almudena Janeiro. Editorial OQO. ISBN 978-84-9871-047-2

"PELO GATO 24", da Asociación de Gaiteiros Galegos. PAI-música. ISBN 978-84-612-0492-2

Servizo de Audición e linguaxe no CRA de Vilaboa



Durante o curso escolar 2009-2010, o C.R.A. de Vilaboa contará con dúas mestras especialistas en audición e linguaxe para atender os rapaces con necesidade específica de apoio educativo por presentar alteracións na súa fala ou na súa linguaxe.

A mestra que ven a apoiar as necesidades de audición e linguaxe no CRA de Vilaboa terá que desenvolver tamén funcións no CEP de Riomaior xa que a súa laboura será compartida co centro veciño.

Deste xeito se garante que inda que eu estea a facer tarefas de dirección, os rapaces do centro continuarán recibindo a atención logopédica máis axeitada, tal e coma se estibo a facer ata o de agora.

Atentamente


Maria Martinez Mella

Arigo da revista escolar 2006/2007

¿Que e a madurez na linguaxe? Coma pais e inevitable preocuparnos porque os nosos fillos e fillas  coman ben, durman as súas horas, poñerlle a vacina correspondente.....Pero cando estos primeiros anos están superados, e o neno/a comeza na escola,  preocúpanos se o noso fillo/a xoga con outros nenos, cómo será a súa entrada na escola (chorando ou rindo), ou de que cor mercarlle o mandilón. Frivolidades aparte, e inevitable que o comezo da escola fagamos comparacións entre o noso neno e os outros e tamén é inevitable ver algunhas diferencias.Estas diferencias na altura, peso ou xeito de falar e desenvolverse no entorno son as que os médicos ou mestres nos din que se deben a “madurez”: “ o neno faltalle algo de madurez “.Pero ¿ qué  é exactamente iso da madurez do que todo o mundo fala e ninguén precisa exactamente o que quere dicir?.Según Monfort e Juarez, “a madurez é o momento a partir do que un neno podería iniciar con éxito unha aprendizaxe”[1] E dicir, é o momento no que o neno está preparado para aprender algo novo.Para camiñar o pediatra dinos que ten que comezar sobre o ano de idade; para falar, apartires do ano de idade tamén; pero, para falar correctamente, ¿ hay tamén unha idade fixada ?. E neste momento no que os mestres dicimos iso de “ e que é unha cuestión de madurez”.A nivel de linguaxe ten que darse a conxunción principalmente de tres factores: -          A maduración neurolóxica do neno-          A estimulación do seu entorno e familia  -          As experiencias que o neno ten co seu entorno. Se algún destos tres factores falla, o neno podería, é dicir,(non sempre), ter algunha dificultade na súa linguaxe.Tamén se éstes tres factores non se dan, forzar o neno a  falar ben sería inutil porque se vos fixades, non depende directamente de él.A nivel da pronunciación das distintas letras como o /z/ ou o /s/ ou o /r/,tamén teñen  uns tempos para aprendelos, polo que considérase normal que un neno non saiba dicir o /r/ forte ata os seis anos de idade. A nivel de vocabulario, un neno e capaz de comprender mais palabras das que está “ maduro” para poder dicir el soliño, o que tamén e normal.Nas frases empregará  as máis  complexas, coma as dos adultos, aproximadamente ós cinco anos.Con todo isto a conclusión a que debemos de chegar e a seguinte:Os nosos nenos son todos moi semellantes e o mesmo tempo tremendamente diferentes nestas idades. Todo isto se debe a que non todos os nenos maduran as distintas habilidades o mesmo tempo, e a nivel de linguaxe e fala ocorre exactamente o mesmo. ¿ Cando debemos preocuparnos por se ocorre algo? Nestas idades o principal indicativo dunha alteración e cando o neno non comprende ordes sinxelas. O normal e que un neno de tres anos entenda    “ oscar, recolle os teus xoguetes”  inda que non sexa capaz de repetilo despois. Si non entendese unha frase de ese tipo, si e motivo de falar coa titora ou coa mestra de audicón e linguaxe para facer unha avaliación mais en profundidade. Cando un neno de tres anos a nivel de articulación comete moitos erros tamén considérase normal para o momento evolutivo no que se atopa, polo que non se interven logopédicamente con eles, trabállase máis coa estimulación da linguaxe a través de xogos e cancións que con exercicos dirixidos. Se estas dificultades persisten entre os catro e seis anos, si sería o momento de facer un traballo máis específico, non antes. ¿ Que podemos facer dende a casa? Vós como pais e nais podedes facer pequenas cousas que axudarán a que os vosos fillos adquiran as distintas habilidades linguisticas pero de xeito lúdico sen que se den conta de que están facendo actividades para mellorar a súa fala. Por exemplo[2]:-          Dedicar un tempo a falar co noso fillo/a.-          Facer unha pausa antes de dicir unha palabra que o neno non di ben para fixar a súa atención.-          Susurrar ou gritar a palabra en cuestión para darlle máis importancia.-          Sinalar o obxeto ó que nos estamos referindo e que o neno non coñece ou non sabe dicir ben para reforzarlle a comprensión.-          Repetimos correctamente as palabras ou frases que o neno non articula axeitadamente pero sin correxilo ou dicirlle que o fai mal: Repetir varias veces para que escoite o modelo correcto da palabra.  Polo tanto, só podo instaros a que teñades paciencia e a que plantexedes as dúbidas que teñades sobre o correcto desenvolvemento da linguaxe dos vosos fillos e fillas a titora da vosa escola ou a mestra especialista de audición e linguaxe coa que conta o CRA de Vilaboa.  



 


[1] Monfort y Juarez: El niño que habla”, Ed. CEPE

[2] Ayala Manolson: Hablando nos entendemos los dos. Ed Hanen Centre

Artigo revista escolar 2008/2009

¡¡María!!

¡¡Marínena non fai nin

¿O meu neno oe ben?  

Unha das causas de retraso escolar e sobre todo de atraso na aprendizaxe da linguaxe e a xordeira.

Actualmente en Galicia realizase o “Screaning Galego Neonatal” en todos os centros hospitalarios como a primeira vía de detección precoz da xordeira nos recen nados.  Esta proba consiste en realizar ós nenos uns potenciais evocados para comprobar que o cerebro responde os estímulos de carácter auditivo. Esta proba está a conseguir a detección temperá da maioría dos casos de xordeiras conxénitas ou as adquiridas no momento do nacemento. Pero esta proba non descarta outro tipo de xordeiras adquiridas noutros momentos da vida dos cativos como poden ser xordeiras producidas por infeccións continuas nos oídos,  por medicacións que puideron afectar o oído do neno ou por trauma acústico, entre outras. Por estes motivos, nos primeiros anos de vida do neno teremos que estar pendentes de se o neno colle moitos catarros con moito moco, lle supuran os oídos, se queixa ou se toca moito o oído.

Estas alteración anteriormente citadas xorden  normalmente na idade escolar; é por iso que dende as familias e a escola temos que estar moi pendentes de certos indicadores que nos poden alertar da presenza dunha xordeira no neno.
Algúns dos indicadores que nos poden facer sospeitar dunha perda de audición son:

 -         Nos primeiros meses de vida o neno presenta un sono demasiado tranquilo non espertándose ante ruídos fortes como pechar unha porta de súpeto ou alguén berrando. Se o neno está esperto, ante ruídos fortes non se xira nin pecha os ollos asustado. -         Entre os tres meses e o ano de vida, o neno non se xira ó escoitar a voz dos seus pais nin cando estes o chaman polo seu nome. Os balbuceos son escasos e establecese unha comunicación cos pais excesivamente xestual.   -         Entre o ano e os dous anos, o neno non fala ou emite sons sen sentido; todo o que se escapa ó que o neno pode ver é ignorado por este. Se o neno está mirando ós pais poderá responder a ordes sinxelas como ven, toma... -         Dos tres ós catro anos, o neno non será quen de repetir frases sinxelas de dous palabras, de contar o que lle acontece ou de responder a ordes sinxelas. Escoita a televisión demasiado alta ou repite constantemente ¿ que ?. Estes indicadores soen ser o primeiro paso que nos fai sospeitar que algo está a acontecer co neno. O paso seguinte sería buscar asesoramento, nun primeiro momento na mestra titora do neno e na mestra de audición e linguaxe do centro. Ó estar a diario en contacto co neno pode ser que xa se levantara algunha sospeita entre o profesorado do centro que veña a contrastar as inquedanzas da familia.

Se non fose así, se iniciaría no centro un período de observación que nos axude a contrastar a información da familia co comportamento do neno na escola.

Na escola, a deficiencia auditiva pódese confundir con:

 Trastornos do aprendizaxeHiperactividadeAillamentoAtención dispersa

Desmotivación polas tarefas escolares….

No caso de existir dúbidas sobre que o neno non escoita axeitadamente a mestra de audición e linguaxe recomendará unha consulta ó pediatra, que será o encargado de recomendar unha exploración por parte do otorrino se así o considera oportuno.

No caso de que se confirme que o neno presenta unha perda auditiva o centro planificará unha actuación coordinada con distintos servizos para dar no centro a resposta educativa mais axeitada ás súas necesidades.

 A mestra especialista en audición e linguaxe, ademais de participar neste  traballo de asesoramento e coordinación, planificará sesións de traballo individual dentro do horario escolar para traballar as necesidades que presente o neno a nivel de audición ou da linguaxe.

Para rematar, quixera destacar que a detección e intervención precoz cun neno con perda auditiva marcará o desenvolvemento posterior do neno tanto na escola como na súa vida cotiá.

 

OPCIÓN DO ENSINO DA RELIXIÓN

A RELIXIÓN É UNHA OPCIÓN VOLUNTARIA PARA OS PAIS E NAIS DE OFERTA OBRIGADA NOS CENTROS.

 

DESCARGAR FORMULARIO

HAVE FUN WITH ENGLISH

sentímolo, flash non está dispoñible.

Artigo revista escolar curso 2007/2008

A tartamudez infantil     A tartamudez ou disfemia é unha alteración do ritmo da linguaxe que se caracteriza por bloqueos ou repeticións na fala do neno. Normalmente estes bloqueos ou repeticións veñen acompañados doutros movementos corporais coma parpadeos, acenos, movementos de brazos e outros  que o neno realiza para intentar facilitar a fluidez da súa fala.   Outras características da disfemia, de carácter físico son normalmente tensión nos beizos, na cara ou no pescozo, enroxecimento da cara ou suoración. Na etapa que abrangue dende os dous  ata os cinco anos os nenos están moi ocupados aprendendo a falar. Por este motivo, poden cometer algúns erros na súa linguaxe coma parte do proceso de aprendizaxe. Cando estes erros se repitan con maior frecuencia e ademais veñan acompañados dos síntomas físicos anteriormente citados, estaríamos realmente ante un caso de tartamudez o que habería que deseñar un plan de intervención por parte do mestre de audición e linguaxe.   O normal é que estas alteracións neste período de idade desaparezan de xeito espontáneo froito da madurez do rapaz e da estabilidade das estruturas lingüísticas.   Actualmente os expertos non se poñen de acordo para dicir cal é a verdadeira causa da disfemia. Falan de un certo compoñente hereditario, unha falta de coordinación entre a respiración e a fala..., pero no que si están de acordo é en que existe un compoñente psicolóxico moi importante: moitas veces o neno tartamudea como unha resposta a ansiedade. Por este motivo, dependerá moito da actitude  da familia e da escola o que esta alteración non se fixe no neno/a e simplemente sexa unha etapa máis do proceso de adquisición da linguaxe.   A continuación vos presento unha serie de recomendacións para facilitarlle o cativo que reduza o seu tartamudeo:     Fale co neno/a nun ambiente relaxado e sen presas, dedicando un tempo  ó día so a iso. Non mostrar moito interese pola repetición ou bloqueo do neno; se o neno ve que a familia se preocupa percibirá esa tensión, o que provocará que tartamudee máis e máis a miúdo, incluso establecéndose o problema e facéndose crónico.  Non remate as frases antes de que o neno remate de falar. Déixelle o neno o tempo que precise. Non lle interrompa cando este falando. Fálelle de fronte e amodo. Non lle mande repetir o que dixo de forma pouco fluída. Non lle pida que fale ben, porque non é unha cousa que poida controlar.   No caso de que, co tempo, os síntomas anteriormente citados empeoren ou se establezan, haberá entonces que pensar nunha intervención debidamente planificada pola especialista de audición e linguaxe.    

HELICOPTERO DE PAPEL

ESTA SEMANA FIXEMOS  E XOGAMOS CUN HELICOPTERO DE PAPEL 

 

Secuencia de imaxenes de como se fai

 

Podes ver con o se fai facendo clic na dirección de abaixo

http://www.youtube.com/watch?v=GdeleeZOW7E

Descarga a plantilla e despois imprimena dende o ficheiro adxunto.

Por último a xogar.

 

 

 

Distribuir contido