Artigo revista escolar 2008/2009

¡¡María!!

¡¡Marínena non fai nin

¿O meu neno oe ben?  

Unha das causas de retraso escolar e sobre todo de atraso na aprendizaxe da linguaxe e a xordeira.

Actualmente en Galicia realizase o “Screaning Galego Neonatal” en todos os centros hospitalarios como a primeira vía de detección precoz da xordeira nos recen nados.  Esta proba consiste en realizar ós nenos uns potenciais evocados para comprobar que o cerebro responde os estímulos de carácter auditivo. Esta proba está a conseguir a detección temperá da maioría dos casos de xordeiras conxénitas ou as adquiridas no momento do nacemento. Pero esta proba non descarta outro tipo de xordeiras adquiridas noutros momentos da vida dos cativos como poden ser xordeiras producidas por infeccións continuas nos oídos,  por medicacións que puideron afectar o oído do neno ou por trauma acústico, entre outras. Por estes motivos, nos primeiros anos de vida do neno teremos que estar pendentes de se o neno colle moitos catarros con moito moco, lle supuran os oídos, se queixa ou se toca moito o oído.

Estas alteración anteriormente citadas xorden  normalmente na idade escolar; é por iso que dende as familias e a escola temos que estar moi pendentes de certos indicadores que nos poden alertar da presenza dunha xordeira no neno.
Algúns dos indicadores que nos poden facer sospeitar dunha perda de audición son:

 -         Nos primeiros meses de vida o neno presenta un sono demasiado tranquilo non espertándose ante ruídos fortes como pechar unha porta de súpeto ou alguén berrando. Se o neno está esperto, ante ruídos fortes non se xira nin pecha os ollos asustado. -         Entre os tres meses e o ano de vida, o neno non se xira ó escoitar a voz dos seus pais nin cando estes o chaman polo seu nome. Os balbuceos son escasos e establecese unha comunicación cos pais excesivamente xestual.   -         Entre o ano e os dous anos, o neno non fala ou emite sons sen sentido; todo o que se escapa ó que o neno pode ver é ignorado por este. Se o neno está mirando ós pais poderá responder a ordes sinxelas como ven, toma... -         Dos tres ós catro anos, o neno non será quen de repetir frases sinxelas de dous palabras, de contar o que lle acontece ou de responder a ordes sinxelas. Escoita a televisión demasiado alta ou repite constantemente ¿ que ?. Estes indicadores soen ser o primeiro paso que nos fai sospeitar que algo está a acontecer co neno. O paso seguinte sería buscar asesoramento, nun primeiro momento na mestra titora do neno e na mestra de audición e linguaxe do centro. Ó estar a diario en contacto co neno pode ser que xa se levantara algunha sospeita entre o profesorado do centro que veña a contrastar as inquedanzas da familia.

Se non fose así, se iniciaría no centro un período de observación que nos axude a contrastar a información da familia co comportamento do neno na escola.

Na escola, a deficiencia auditiva pódese confundir con:

 Trastornos do aprendizaxeHiperactividadeAillamentoAtención dispersa

Desmotivación polas tarefas escolares….

No caso de existir dúbidas sobre que o neno non escoita axeitadamente a mestra de audición e linguaxe recomendará unha consulta ó pediatra, que será o encargado de recomendar unha exploración por parte do otorrino se así o considera oportuno.

No caso de que se confirme que o neno presenta unha perda auditiva o centro planificará unha actuación coordinada con distintos servizos para dar no centro a resposta educativa mais axeitada ás súas necesidades.

 A mestra especialista en audición e linguaxe, ademais de participar neste  traballo de asesoramento e coordinación, planificará sesións de traballo individual dentro do horario escolar para traballar as necesidades que presente o neno a nivel de audición ou da linguaxe.

Para rematar, quixera destacar que a detección e intervención precoz cun neno con perda auditiva marcará o desenvolvemento posterior do neno tanto na escola como na súa vida cotiá.