Actividades complementarias e extraescolares

Excursión 1º trim. 2014

Neste primeiro trimestre do curso 2013/14 decidimos ir de visita aos cines Duplex de Ferrol para ver unha película moi divertida todos xuntos: GRU, mi villano favorito. 

Aquí os nenos esperan a cola para entrar na sala co seu ticket na man

Vemos como se acomodan nas butacas, proxectamos a película e qué felices posan na saída.

Pero cando voltamos ao vestíbulo aparece unha sorpres... os duendes do apalpador!!! Que nos apremian para que berremos tres veces e moi forte: APALPADOR!!!

Aquí o temos... O Apalpador! Que ven cun saco cheo de turróns doces para os cativos. Os gaiteiros que o acompañan agasállannos cunha cantiga popular e todos xuntos bailamos ao son da música. O Apalpador non marcha sen as mans valeiras pois démoslle un agasallo sorpresa.

Logo merendamos todos xuntos no vestíbulo: paliños de pan e galletas para recobrar forzas.

Aproveitando que cesa a chuvia, saímos dos multicines e imos cara os buses.

Os buses lévannos ata correo e alí paramos para botar as felicitacións de Nadal para as familias.

Excursión 1º Trim. 2013

Neste primeiro trimestre fumos de visita a Ferrol. Esta vez en lugar de ir todas as escolas dividímonos en dous grupos: Taraza e Carreira por un lado e Lago, Vilaboa e Vilarrube por outro.

Comezamos a excursión no Museo de Historia Natural de Ferrol:

O grupo dos mais pequenos comezou o obradoiro de Astronomía na sala de audiovisuais. Alí aprendimos moitas cousas sobre as constelacións, os planetas, as nebulosas e mesmo poidemos viaxar á superficie do sol e da lúa

Mais tarde subimos ao primeiro piso para ver as exposicións de animais. Por un lado os animais terrestres e por outro os animais mariños.

Logo de merendar fumos a Correos á depositar nos buzóns as cartas coas postais feitas na escola para as familias. Algunhas chegaron en dous días!!

Máis tarde dirixímonos ao Cantón e subímonos todos ao Palco dos Músicos. Alí agardounos una sorpresa... veunos ver o Apalpador e os seus axudantes.

Finalmente visitamos as rúas de Ferrol para ver a decoración de Nadal nos escaparates das tendas e das rúas e rematamos o recorrido na plaza de Amboage, onde había unha pequena feria e alguhas atraccións para os pequenos.

VISITA AO DOMUS DA CORUÑA

O día 6 de marzo fumos todas as escolas ao Museo Domus de A Coruña. Comezamos a visita cunha sesión de Magnavisión en 3D sobre o impacto medioambiental que está a sufrir o planeta Terra a causa do home.

Logo dividímonos en dous grupos e fumos a ver diferentes partes do museo onde comprobamos a nosa forza tirando un balón a unha portería, experimentamos cos cinco sentidos, vimos o home máis grande do mundo... E logo presenciamos a disección dun corazón de porco.

Visita do primeiro trimestre

No primeiro trimestre fumos a visitar o Mercado da "Magdalena" en Ferrol. Alí vimos diferentes comercios: panadería, pastelería, carnecería, pescadería, froitería... etc. Falamos cos comerciantes e observamos os carteis e prezos dos produtos. Aproveitamos despois para enviar as cartas de felicitación do Nadal para as familias. Aquí tedes as fotos.

 

 

Despois tivemos a visita na fundación Caixa Galicia sobre a exposición sobre as noticias xornalísticas máis destacadas do ano 2011. Fixemos logo un obradoiro no que pintamos e recortamos unha cámara de fotos para convertirnos tamén en reporteiros

.

CONCERTO DE MAMA CABRA

A mediados do mes de novembro, fumos ao auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño a escoitar o concerto que nos ofreceu o grupo de MAMA CABRA presentando o seu novo traballo: OLA, LA LA. Antes aprendimos as cantigas na clase para poder cantar co grupo. FOI XENIAL!!!!

 

 

 

 

Aínda despois aproveitamos a ver a exposición sobre artesanía en madeira que se realizou no propio recinto:

VISITA AO PAZO DA CULTURA DE NARÓN

O pasado mércores 13 e xoves 14 de abril visitamos a exposición de instrumentos musicais no Pazo da Cultura de Narón.

Pazo da cultura

Roberto, o noso mestre de música, fíxonos de guía e, acompañados pola monitora, descubrimos cómo se fan os instrumentos musicais tradicionais de Galiza. Os pais e nais dos nosos nenos acompañaronnos nesta visita.

Logo poidemos ver o auditorio e subímonos ao escenario para ver unha actuación en directo de Roberto tocando o saxo e animámonos a cantar. Algúns poidemos visitar incluso os camerinos dos artistas.

 

Visita á Casa do Mel en Goente

O vindeiro venres 25 de marzo sairemos dende as distintas escolas para visitar a Casa do Mel en Goente. Esperamos que sexa unha doce visita...

Premendo na foto atoparedes máis información sobre a Casa do Mel e o mundo da apicultura.

"Señor Mundo, Dígame?"

O pasado venres 4 de febreiro asistimos na Casa da Cultura de Valdoviño á representación da obra "Señor Mundo, Dígame?" por parte da compañía A Factoría Teatro. Como recordo desta actividade está a foto que segue...

 

"É un recital de poesía a partires de dous poemas que Paula Carballeira regalou a A Factoría Teatro. Son 50 minutos á procura da palabra, un recital tolo de poesía, de poesía sonora, de poesía visual... un regalo de sensacións para os sentidos.

Para nós os obxectivos deste espectáculo son desenvolver a imaxinación dos rapaces a través fundamentalmente das imaxes, dos sons e do movemento. Tamén é importante o coñecemento da lingua a través do descubrimento da palabra e finalmente o coñecemento do medio" (A Factoría Teatro)

Distribuir contido