TIC

TIC: Tecnoloxías da Información e Comunicación

Segundo as accións que se dispoñen na Lei orgánica de educación, e coa finalidade de que as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) se incorporen como un recurso máis aos procesos de ensino-aprendizaxe, os centros educativos elaboran un plan de introducción das TIC que implica un cambio metodolóxico e unha adaptación á realidade para o mellor aproveitamento das posibilidades que as TIC ofertan. Trátase de que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unha competencia dixital.

En cada centro poderá designarse unha persoa encargada da dinamización das TIC, que terá como obxectivo o mantemento cotián dos equipamentos do centro, así como o soporte no seu uso didáctico ao resto dos profesores do claustro. Durante o curso 2012-13 esa persoa será Dna. Mariluz Alonso Díaz (mariluz.alonso.diaz@edu.xunta.es)

SEGURIDADE EN INTERNET: "De aquí no pasas"

"De aquí no pasas"

é unha páxina con información e moitos consellos para coidarse en Internet, con guías sobre o risco existente na rede, o uso das redes sociais, etc. Preme no seu título para acceder á mesma.

 

Distribuir contido