Novas

25 ANIVERSARIO DO CRA DE VALDOVIÑO

O CRA "O ESQUÍO" DE VALDOVIÑO comezou a súa andadura no Curso 1989/  -90, así que podemos celebrar os nosos...-----

 

                                    Gifs Animados - Imagenes AnimadasGifs Animados - Imagenes Animadas

---- ------
--

                             anos

 

emptyeducando

SAMAÍN

31/10/2012 09:20
31/10/2012 15:20

Na véspera do Día de Todos os Santos celebraremos o Samaín nas Escolas.

Entre outras actividades os nenos farán:

  • Colares de zonchos
  • Decorar cabazas
  • Farois
  • Decorar a clase con arañas, pantasmas e outras criaturas tenebrosas
  • Recetas de cociña con cabazas... etc (Dependendo das escolas)

Os nenos e nenas deberán traer das súas casas os zonchos (castañas asadas coa pel) e as cabazas valeiradas.

GRAZAS A TODOS E QUE PASEDES BÓ SAMAÍN

GRACIAS!

A finais do curso 2010/11 a Consellería anunciounos o peche da Escola de Lago. A finais do curso 2011/12 a Consellería anunciounos o peche da Escola de Vilaboa. Despois de moitas cartas, artigos de prensa, chamadas telefónicas, reunións e nervios e ilusión conseguimos que ambas escolas seguisen abertas.

A todos os que colaborástedes a que se cumprisen as nosas esperanzas, queremos darvos as...-----

Gifs Animados - Imagenes Animadas

Especialmente ás familias deste centro

VISITA AOS BOMBEIROS DE FERROL

Este venres día 27 de abril imos de visita aos BOMBEIROS DE FERROL!!! Ide ben preparados con botas de auga e unha muda porque imos quedar empapadiños

 

Os autobuses sairán das respectivas escolas ás 9:30 h. excepto a Escola de Taraza que sairá do Canto do Muro. A hóra de volta será ás 14:30 h.

Celebración do Magosto no centro

11/11/2011
11/11/2011

O venres 11 de novembro celebraremos o magosto no centro no Local Social de Meirás. Os nenos/as deberán estar alí ás 10:00h. para comezar as actividades programadas:

  • Proxección da película do conto Fiz, o coleccionista de medos (OQO)
  • Obradoiros de xogos populares nos que utilizaremos castañas.
  • Circuito de psicomotricidade.
  • Mural sobre o magosto.
  • Degustación de castañas asadas.
  • Recital de poemas e cancións sobre o outono.

Ás 14:00h., os pais/nais que o desexen, poderán asistir ao recital que faremos entre todos.

Remataremos o día ás 14:15h. aproximadamente.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración para traer e recoller aos nenos/as.

Circular de comezo de curso, 2013-14

Fai uns días enviamos ás familias a Circular informativa de comezo de curso 2011-12  con información sobre horarios, visitas, excursións, recomendacións, etc. Tamén está á vosa disposición se premedes no seguinte enlace:

Materiais de inglés á vosa disposición

Gustaríame poñer a disposición das familias e dos nenos/as o material (cantigas, vídeos, enlaces, imaxes, etc.) co que traballaremos en inglés durante o curso 2012-13. Se estades interesados/as:

  • se contades cunha dirección de correo electrónico: enviade un e-mail á seguinte dirección: teachermariluzalonso@gmail.com, indicando o nome do voso fillo/a e a escola á que pertencedes.
  • se non tedes conta de correo electrónico, pero sí ordenador (é imprescindible), podo gravar a información nunha memoria usb ou nun cd/dvd. Falade comigo (ou deixade un recado ao titor/a) e vemos como podemos facer.

En breve, este material estará tamén á vosa disposición na Aula Virtual.

Distribuir contido