CRA de Valdoviño

Galería de imaxes


037-exp-concerto_24-11-11__800x226.jpg
037- Exposición e concerto en ValdoviñoO día 24 de novembro fomos ver unha estupenda exposición de traballos coa madeira e a un concerto de Mamá Cabra. Foi estupendo!
036-_ceramica__800x468_800x468.jpg
036- A cerámicaChegounos, coa segunda cocedura, a cerámica feita hai 2 cursos e pintada a fin de curso pasado. Lista xa para usar. Graciñas a Bea e Anxo, de Cerámicas do Castro, por todo o que nos axudaron en cocer e levar e traer.
035-_radio___21-11-11_800x252.jpg
035- 9º programa "Dalle que dalle nas ondas"O día 21-11-11 fomos facer o noso programa á Radio Filispim e esta vez levamos de invitados ós nenos e nenas da clase da Carreira B. Prepararan unha catiga en música e outra en inglés e coa titora, outra para cantar con nós. Foi estupendo!!! O resto do programa foi como sempre, as nosas cousas e a colaboración da avoa Elvira e de Pili Rguez Souto que nos contaron cousas en relación ó que contamos e cantamos nós. Graciñas a todos!!!
034-_cumpres_800x481.jpg
034- Os cumpreanos deste trimestreEste trimestre celebramos o cumpre de 5 nenos e nenas. Primeiro Candela, logo Gabriel, Antía, Yasmín e Mateo.
Facemos moitas cousas nos cumpres: desde cantarlle ´"Las mañanitas" para espertalos, e outras cantigas apagando as candeas, bromas, bicos, agasallarlle un caderno de debuxos dedicados... ata facer o cumpre na pizarra dixital!!! Claro, sen faltar a invitación do queique ou tarta!!!

033-merendola_800x230.jpg
033- cogumelos salteadosPola tarde preparamos unha merendola!!!
032-recollidos_800x299.jpg
032- cogumelos recollidosÓ chegar á escola clasificamos todo e repasamos o aprendido, que foi moito! Foi unha saída estupendísima, todos o pasamos moi ben e aprendimos, familias, profe e nenos!!!
031-_buscando_3_622x600.jpg
031- CogumelosBuscando, buscando fomos atopando, coa axuda dos expertos, boletos e níscalos e nos ensinaron a recollelos sen arrasar... Tamén vimos dos tóxicos pero ninguén os tocou!!!
025-_farois_o_800x563.jpg
025- FaroisComo todos os anos na escola fixemos farois pero este ano fixemos ademais dun tipo que fan en Alemania para o día de San Martiño, estes ensinóunolos a facer Estefanía mentras levedaban, e logo cocían, os bretzels.
024-_bretzel_800x357.jpg
024- o bretzelCon Stefanie fixemos na escola, 2 bretzel de tradición alemana. Polo San Martiño os agasallan ós que van na procesión dos farois.
023-_esfolla-debaghar_530x600.jpg
023- A esfolla e o maínzoNa escola esfollamos e debaghamos o maínzo que trouxo Alba. Logo tamén fomos á esfolla en Doso, en Narón e alí participamos con moita xente.
022-_ciencia_en_galego_788x600.jpg
022- A Semá da Ciencia en GalegoDesde o día 3 empezamos, fixemos moitos experimentos e decidimos seguir facendo algún cada semá do curso. Gústanos moito!!!!
021-_colares_zonchos_28-10-11_800x600.jpg
021- Os colares de zonchosPara o Samaín tamén fixemos os colares de zonchos, fomos contándoos e poñendo unha separación cando chegábamos á decena e así ían ben contados!!!
37 ficheiros en 4 páxina(s) 1