Educación física

As ordes do MECO

Nas clases de psicomotricidade tomámonos moi en serio as ordes do MECO para esta semana.

O mércores, antes de comezar a clase cos nenos e nenas de Lois fixemos unha foto...Estamos guapos Ehhh???

 

Comezamos o curso 2012-13: Que diferenza!

Este curso estamos a disfrutar nas clases de psicomotricidade por varias razóns. A primeira é que non facemos desdobres, entón aprendemos os xogos todos xuntos e os practicamos.

A segunda é que o chan de madeira que puxeron nas escolas (como a de Lois) permítenos facer moitos xogos no chan, sen temor a frios ou humidades.
  
E a terceira é que coas aulas de Leiro, Ribadumia 3-4 anos e Ribadumia 4-5 anos, realizamos as clases de psicomotricidade no local social de Leiro, polo que dispoñemos dun espazo moi amplo que nos permite traballar en gran grupo e ata realizar algunha carreira de cabalos. Aquí tedes aos xinetes!!!!
  
 

Patinetes en Sisán!

O pasado luns fixemos unha actividade moi especial cos nenos de Sisán na clase de Psicomotricidade. Aproveitando o pavillón, cada un dos nenos trouxo da súa casa un patinete, e fixemos unha actividade con este divertido aparello.
Os había de tres rodas, para os que se iniciaban, e de dúas rodas, para os máis avanzados. Ata o profe Rafa trouxo o seu.
Fixemos carreiras de velocidade, circuítos de habilidade, imitando ao que vai de primeiro...
Como a actividade resultou moi divertida, e o tempo da clase pasou moi rápido, este luns... ¡REPETIMOS!
 
Os avanzados...
Os iniciados
Todos os competidores

Os nenos do CRA xogan ás CHAPAS!

Hai uns días, coma o tempo non era moi bo para estar fora, nas clases de psicomotricidade tivemos que improvisar e pensar que xogos poderiamos facer no pouco espazo que temos nas escolas.
Un dos xogos que saíron foi o das chapas e, resulta que moitos nenos non sabían como se xogaba.
Tivemos que traer unha chapa pero, como moitas eran iguais, cada un tivo que decorar a súa: un anaquiño de cartolina, un pouco de plastilina, unha chapa...e a xogar.
Pero...que difícil e darlle cun dedo!!!

 

Primeiro a marcamos...

  

...despois a recortamos...



...logo a decoramos e...



...¡A XOGAR!



Pasámonos ás carreiras

Seguindo co traballo dos deportes olímpicos, e dentro do atletismo, comezamos a traballar esta semana nas diferentes escolas as "Carreiras de Velocidade e de Relevos"

Coma sempre, primerio buscamos na rede información e algún vídeo que nos explicase como eran esas carreiras. Vimos ao home que corre máis rápido do mundo "Usain Bolt", que sempra leva unha camiseta amarela porque é o color do seu pais "Jamaica"
Despois de ver como o fan os maiores, tocounos practicar no patio. Tivemos carreiras boas, regulares e algunha complicada de clasificar pero, ao final pasámolo moi ben.
Aquí tedes unha pequena representación.

Fichas dos lanzamentos

Para rematar o traballo que fixemos nas clases de psicomotricidade, relacionado cos lanzamentos, e co obxectivo de que cada neno teña un libriño sobre os deportes olímpicos, fixemos unha serie de fichas nas que escribimos o nome do deporte, a disciplina e puxemos unha imaxe representativa.
Aquí tedes o resultado...e as seguintes...Velocidade e Relevos

 

Practicamos lanzamentos

Aproveitando o bo tempo que temos este inverno, os nenos da escola de Leiro puideron hoxe practicar co material novo os diferentes lanzamentos que hai no atletismo.
Como vedes nas fotos tivemos lanzamentos de xavelina, de disco, de peso... pero o que máis lle gustou foi lanzar o martelo.
Algún daba tantas voltas que caia ao chan antes de soltalo. Pasámolo xenial e aquí tedes unha mostra e se queredes ver todas as fotos clicade AQUí

 

Xa chegou o material!

Esta semana, por fin, xa chegou o material de atletismo para poder seguir a nosa andaina polos deportes olímpicos. Como sabedes, comezamos polos lanzamentos, e xa temos os nosos pesos, os discos, as xavelinas e os martelos.
Aquí tedes aos cativos ensinándovos o novo material. Agora so queda empezar a practicar.
Xa vos informaremos como nos vai.

Deportes Olímpicos: "Equitación"

Os cativos non para de sorprenderse da cantidade de deportes que se realizan nunha Olimpiada: carreiras, deportes con pelotas, con raquetas, pelexas.... Pero se dúbida un dos que máis lle gustaron foros as carreiras e saltos de cabalo.
O primeiro que fixemos foi buscar en internet algún vídeo
relacionado con este deporte para poder velo na PDI.
Descubrimos que había cabalos que corrían moito, outros que saltaban uns muros moi altos e outros que corrían polo campo e ata tiñan que saltar uns "charcos" grandes de auga.
Aprendimos que é un deporte que pode ser perigoso polas caídas, polo que os xinetes van protexidos cun casco.
Despois de todos estes descubrimentos so tiñamos que praticar... Collemos os nosos cabalos e fixemos unhas carreiras boísimas. Pasámolo de medo. Aquí tedes unha mostra das carreiras, o resto das fotos podédelas ver clicando AQUÍ.

Aros Olímpicos

Comezamos o traballo sobre as Olimpiadas e o primeiro que fixemos foi coñecer como é a bandeira das olimpiadas.
Buscamos información na rede, e comprobamos na PDI que a bandeira estaba formada por 5 aros de diferentes cores.
Cuns aros, papel contínuo, gomets de cores e pinturas é doado de facer.

Aquí tedes o resultado:

Distribuir contido