PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2013-2014

 

Dende o día 5 ata o 17 de Abril de 2013 permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión de alumnos e alumnas para o curso 2013/14.

Os impresos poden ser recollidos nas diferentes escolas (Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán), na sede do CRA en Leiro ou a través da páxina web da Consellería de Educación clicando AQUÍ.

Dende o 4 de Abril permanecerán expostos nas portas das escolas os postos vacantes para o vindeiro curso.

Cada alumno/a poderá presentar unha única solicitude no Centro no que solicita praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que lle poidan corresponder. A solicitude irá acompañada da fotocopia do libro de familia (páxina onde figura o neno ou nena e o orixinal).

A lexislación na que se basea o proceso de admisión atópase no Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro) e na Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo)