VISITA DO REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS

O 19 de abril recibimos en Leiro a visita do Refuxio de Animais de Cambados para explicarlle ao alumnado a importancia de non abandonar os animais, das necesidades e  coidado das mascotas e de como adoptar ou colaborar con eles.
 
Esa mañá fixemos unha recollida de productos: de hixiene, alimentos, sanitarios... que precisan no refuxio.