Festa do Magosto 2012

Xa podedes ver as fotos da Festa do Magosto 2012 na GALERÍA

Aquí tedes un avance.

Magosto-Samaín

O próximo Mércores día 31 de outubro celebraremos na sede do CRA en Leiro e Festa do Magosto-Samaín. Ao longo da mañá realizaremos diferentes talleres cos nenos e xogaremos a algún "Xogo castañeiro"

Degustaremos doces típicos destas datas, que traerán os nenos de 5 anos, comeremos cantañas e como postre teremos a visita do Mago Noel (xentileza da Editorial Everest)

Animamos a todos os pais e nais que queiran axudar no magosto que se acheguen ese día ao CRA.

Calendario escolar 2012-13

Coa información de principio de curso, entregouse unha folla co calendario escolar a cada unha das familias.

Para a vosa información, se queredes consultalo, podedes clicar AQUÍ.

Lembrade que os festivos escollidos este anos son:

  • O venres 7 de Decembro de 2012
  • O venres 31 de Maio de 2013 (Día do viño no concello de Ribadumia)

Inicio de curso 2012-13

Xa estamos de novo aquí para comenzar un novo curso. Lembrade que as clases se inician o próximo mércores, día 12 de setembro.

Ese día, ás 10:30 horas, teremos en cada unha das escolas a reunión de inicio de curso.

Os pais que o desexen poden traer aos nenos/as que quedarán a cargo dos mestres especialistas mentres asisten á reunión coa titora.

Benvidos.

Libros de texto para o curso 2012-2013

AULA DE LEIRO

  • Non  teñen que mercar ningún libro

AULA DE LOIS 

  • 3 ANOS
    • Daniel e os Diversónicos (1º e 2º trimestre). Edit. EVEREST.ISBN 978-84-441-7440-2
  • 4 ANOS
    • Daniel e os Diversónicos (1º e 2º trimestre). Edit. EVEREST.ISBN 978-84-441-7443-3
  • 5 ANOS
    • Daniel e os Diversónicos (1º e 2º trimestre). Edit. EVEREST.ISBN 978-84-441-7446-4

 

AULA DE SISÁN 

  • 3 ANOS
    • Daniel e os Diversónicos (1º e 2º trimestre). Edit. EVEREST.ISBN 978-84-441-7440-2
    • La aventura de los números Nº 1 Edit. EVEREST.ISBN 978-84-241-1864-8
  • 4 ANOS
    • Daniel e os Diversónicos (1º e 2º trimestre). Edit. EVEREST.ISBN 978-84-441-7443-3
    • La aventura de los números Nº 2 Edit. EVEREST.ISBN 978-84-241-1867-9
    • La aventura de los números Nº 3 Edit. EVEREST.ISBN 978-84-241-1862-4
  • 5 ANOS
    • Daniel e os Diversónicos (1º e 2º trimestre). Edit. EVEREST.ISBN 978-84-441-7446-4
    • La aventura de los números Nº 2 Edit. EVEREST.ISBN 978-84-241-1867-9
    • La aventura de los números Nº 3 Edit. EVEREST.ISBN 978-84-241-1862-4

 

AULA DE RIBADUMIA 3, 4 E 5 ANOS

  • 3 ANOS
    • Juegos de palabras 2. Edit. EVEREST.ISBN 978-84-241-8240-3 (Debe estar perforado)
    • Caldeirón. Matemáticas 1. Edit. Anaya.ISBN 978-84-667-7541-0 (Debe estar perforado)
  • 4 ANOS
    • Juegos de palabras 3. Edit. EVEREST.ISBN 978-84-241-8241-0 (Debe estar perforado)
    • Juegos de palabras 4. Edit. EVEREST.ISBN 978-84-241-8242-7 (Debe estar perforado)
    • Caldeirón. Matemáticas 2. Edit. Anaya.ISBN 978-84-667-7542-7 (Debe estar perforado)
  • 5 ANOS
    • Juegos de palabras 5. Edit. EVEREST.ISBN 978-84-241-8243-X (Debe estar perforado)
    • Juegos de palabras 6. Edit. EVEREST.ISBN 978-84-241-8244-8 (Debe estar perforado)
    • Caldeirón. Matemáticas 3. Edit. Anaya.ISBN 978-84-667-7543-4 (Debe estar perforado)

 

 

 

Zapatocas nº 11. Curso 2011-12

Para os que prefirades a revista en formato dixital, aquí a tedes.

/p>

PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Comunicámosvos que o PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS para o próximo curso 2012-13 será do 1 de Marzo ao 10 de Abril, ambos inclusive.

As vacantes que ofertamos no CRA de Ribadumia son un total de 41 (3 das cales están reservadas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo)

Os interesados poden pasar polas diferentes escolas para recoller os impresos, os cales deberán entregar na sede do CRA en Leiro, en horario de 9:00 a 10:00 horas

Como podedes contactar con nós

TELÉFONOS:

  • Sede e Aula de Leiro: 666410195
  • Aula de Lois: 610717348
  • Aula de Ribadumia: 600591964
  • Aula dre Sisán: 666592637

ENDEREZO:      CRA de Ribadumia

A costa s/n. Leiro

Ribadumia. CP 36635

CORREO ELECTRÓNICO:

cra.ribadumia@edu.xunta.es

ESTAMOS DE CELEBRACIÓN NO CRA

O Ministerio de Educación ven de comunicarnos que o noso centro recibiu o terceiro premio no Concurso Nacional de Boas Prácticas para a dinamización e innovación das bibliotecas escolares, correspondente ao ano 2011.
Un recoñecemento o esforzo realizado pola escola para facer da biblioteca un espazo de aprendizaxe e goce de toda a comunidade educativa. Dende esta páxina queremos compartir con todas as familias este premio e a ledicia que para nós supón.
Aproveitamos para dar os parabéns aos outros centros premiados.

COMEZAMOS O CURSO 2011-2012

O curso 2011-12 comezará o próximo luns, día 12 de setembro.

Ese día, en cada unha das escolas e as 10:30 horas, realizarase unha reunión das titoras cos pais/nais para informar sobre o desenvolvemento do curso, períodos de adaptación... e resolver todas as dúbidas que poidan xurdir.

Un saúdo

O director

Distribuir contido